Premios GranDeArea 2016


ir a portada premios

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, no marco dos premios “GRAN DE AREA de aportación a arquitectura”, recoñece unha vez máis os proxectos e obras dos arquitectos realizados no ámbitos das delegacións de Pontevedra e Vigo, incluíndo nesta edición por primeira vez os das delegacións de Ourense. Este ano presentáronse 67 candidaturas que dan resposta ás necesidades da sociedade e que reflicten un compromiso dos autores e demais axentes involucrados no proceso construtivo coa arquitectura responsable.A selección realizada vai encamiñada a amosar que a Arquitectura é posible e cercana. Que os axentes interviñentes e recoñecidos nas obras presentadas, dende a súa responsabilidade e á escala da intervención, poden axudar á mellora do entorno, e sexa expresión da cultura arquitectónica e os valores colectivos desta sociedade e deste tempo.

Os premios “Gran de Area de aportación á Arquitectura” pretenderon sempre, ser un vehículo de comunicación coa sociedade, do que na contorna, e xurdido da propia sociedade, se ten feito de calidade, como proxecto ou como obra, ao longo do ano previo.

Este ano concorreron propostas de moi diversas escalas e localizacións. Con máis motivo, e polo seguro esforzo redoblado dos participantes, por alcanzar os obxectivos ante as limitacións, son estas propostas unha oportuna reivindicación da profesión e da arquitectura na nosa contorna. O xurado quere salientar a calidade dos proxectos e obras presentadas, recoñecendo o esforzo dos participantes.

Candidaturas presentadas

Pódese acceder á documentación completa de todas as candidaturas presentadas, así como aos premiados a través do seguinte enlace:

Acceder a obras presentadas

Composición do xurado e fallo

O xurado para a avaliación das obras presentadas, estivo composto polas seguintes persoas:

    • Manuel Abelleira Argibay, Presidente da delegación de Pontevedra do COAG, presidente do xurado
    • Alberto de Paula Prieto, Presidente da delegación en Ourense do COAG.
    • Antonio Davila Alonso, Presidente da delegación de Vigo do COAG.
    • Gracia Amandi Joglar, colexiada da delegación de Pontevedra, premiada na anterior edición de GDA.
    • Beatriz Hermida Calviño, colexiada de la Delegación de Ourense.
    • Sara Besada Porto, colexiado da delegación de Pontevedra.
    • José Luís Sáez Silva, arquitecto designado pola delegación de Vigo do COAG.
    • Anselmo Villanueva Peón, Secretario da delegación de Pontevedra, en representación de los Secretarios das delegacións de Ourense, Vigo e Pontevedra, Secretario do Xurado.

O xurado salienta as seguintes obras presentadas:

Título proxecto Arquitectos/as
Piso STO. DOMINGO, Ourense D. Pablo López Prol
 Vivenda sobre o Miño, Ourense D. Manuel Jorreto Díaz
Xeadería “Bico do xeado”, Baiona (Pontevedra) Dona Andrea Fernández Fernández, D. Faustino Patiño Cambeiro
e D. Juan Ignacio Prieto López
Rehabilitación Elduayen, 2, Vigo (Pontevedra) D. Rafael M. Cabeza Rey-Stolle (proxecto básico), D. Santiago Castro Paz
(proxecto de recuperación de uso vivenda,proxecto de execución e dirección de obra),
D. José Antonio González González (proxecto de recuperación de uso vivenda)
e D. Francisco Javier Mariño Mendoza (proxecto de recuperación de uso vivenda,
proxecto de execución e dirección de obra)
Zapatería FRIDABLU, Vigo (Pontevedra) D. Perfecto Cendón Domínguez e D. Francisco Javier Vázquez Fernández
Vivenda Refuxio CRISALIDA, A Guarda (Pontevedra) D. Mauro Lomba Martínez
Museo do viño na reitoral de Santo André, Ribadavia (Ourense) D. Manuel Seoane Feijoo, Dona María Jesús Blanco Piñeiro
e Dona María Sonia López Calvo
Espacio Lusquiños, Ourense D. Carlos Mosquera del Palacio, D. Alberte Pérez Rodríguez
e D. Enrique Iglesias Lima
Centro de interpretación das fortalezas transfronteirizas do Baixo-Miño,
A Guarda (Pontevedra)
Rodríguez + Pintos Arquitectos S.L.P.
Edificio de catro apartamentos + local comercial, Vigo, Pontevedra. D. Antonio de Cominges Carballo e D. Rogelio Pérez Conde
Verde, Vigo (Pontevedra) D. Jordi Castro Andrade e Dona María González Ferro

Entrega de premios

O acto de entrega de premios tivo lugar o venres 21 de outubro ás 18:00h no salón da planta baixa do Café Moderno en Pontevedra.