Xornada: Mobilidade sustentable en estratexias urbanas financiadas

Posted by / 23 abril 2018 / Categories: Noticias / 0 Comments

O día 25 de abril, Ames acolle unha xornada sobre mobilidade sustentable no marco da súa estratexia Edusi, Impulsa Ames.

A Casa Cultural do Milladoiro é o lugar elixido para a celebración da xornada de mobilidade sustentable o vindeiro mércores, 25 de abril, de 10:00 a 19:00 horas. O seu obxectivo é a reflexión e a posta en común de experiencias vinculadas á mobilidade urbana e á conectividade entre diferentes núcleos de poboación.

A mobilidade sustentable considérase un dos obxectivos temáticos das estratexias de desenvolvemento urbano de toda Europa, motivo polo cal, no marco do proxecto de EDUSI Impulsa Ames, o Concello está a organizar a xornada Mobilidade sustentable en estratexias urbanas integradas. O obxectivo desta é reflexionar e contrastar diferentes propostas vinculadas coa mobilidade urbana e a conectividade entre diferentes núcleos de poboación metropolitanos.

Este evento está dirixido principalmente á cidadanía do municipio de Ames, ademais de técnicos urbanísticos, profesionais da mobilidade e arquitectos, así como calquera persoa interesada na temática que se vai tratar. As persoas interesadas en asistir ao devandito encontro poderán formalizar a súa inscrición no correo jornada.movilidad@ames.gal.

Máis información e inscrición a través do seguinte ENLACE.

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram