O 2 de abril, comezará a exercer as súas funcións o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia | COAG

O 2 de abril, comezará a exercer as súas funcións o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia

Posted by / 12 marzo 2018 / Categories: Lexislación, Recursos / 0 Comments

No D.O.G nº 45, de 5 de marzo, publicase a Resolución do Presidente do Tribunal pola que pola que se da publicidade ao acordo sobre a data de comezo do exercicio das súas funcións, que será o día 2 de abril de 2018.

A partires do 2 de abril, tal día incluído, poderán presentarse os recursos especiais en materia de contratación, reclamacións, cuestións de nulidade e solicitude de medidas cautelares perante o Tribunal. Así mesmo, a partires desa data deixará de estar vixente o convenio de colaboración entre o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e a Comunidade Autónoma Galicia de 7 de novembro de 2013 (BOE de 25 de novembro) e prorrogado en 2016, en virtude do cal se atribuía ao Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales (adscrito ao Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas), a competencia para a tramitación e resolución dos recursos especiais, solicitudes de medidas provisionais e cuestións de nulidade dos actos do procedemento de adxudicación e contratos dos poderes adxudicadores da Comunidade Autónoma de Galicia ou dos entes locais galegos. Os asuntos que en tal momento estea a tramitar o tribunal estatal seguirán baixo o seu coñecemento ata a súa resolución.

Máis información.

DOG nº 45 de 5 de marzo: anuncio de data de inicio de funcionamento do Tribunal Adminsitrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

DOG nº 37 de 21 de febreiro de 2018. RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de febreiro de 2018 polo que se nomea presidente do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

DOG nº 37 de 21 de febreiro de 2018. RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de febreiro de 2018 polo que se nomean vogais do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram