Formación: presentación

O servizo de formación ten como obxectivo principal a actualización e especialización técnica dos arquitectos, ofrecéndolles a posibilidade de alcanzar un alto grao de cualificación para o desenvolvemento do seu traballo. Neste sentido, tanto se queres poñerte ao día sobre o teu exercicio profesional coma se queres acceder a novos ámbitos de traballo máis especializados, este servizo ofréceche a posibilidade de formarte cos mellores expertos en cada materia.

O programa das actividades de formación preséntase durante o mes de setembro e desenvólvese durante todo o ano lectivo. Este inclúe:

Cursos e xornadas presenciais: actividades formativas dirixidas á actualización e especialización profesional.

Cursos on-line: servizo de formación a distancia para cursos on-line a través da “plataforma moodle”.

Outros cursos e colaboracións: accións de formación que o Colexio convenia ou co-organiza xunto con outras agrupacións, entidades ou organismos.

Charlas técnicas: actividades informativas orientadas á actualización e mellora da cualificación respecto aos produtos, sistemas, ferramentas e materiais existentes no mercado.

Visitas técnicas: percorrido guiado polas instalacións das empresas do sector da construción, co fin de aumentar o intercambio de coñecementos entre arquitectos e empresas a partir dos distintos materiais, procesos e solucións.

A calidade do noso servizo de Formación permitiunos:

  • Ser operador oficial do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) na “Escola en Rede”
  • A homologación como provedores de formación profesional continua pola Unión Internacional de Arquitectos (UIA).

Accede ao Programa actual de Actividades Formativas do Colexio de Arquitectos:

  • Accede aquí á páxina de cursos.
  • Accede aquí á páxina de charlas e visitas técnicas.