Estrutura organizativa

Estrutura organizativa

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ten un ámbito de actuación autonómico e conta con oito centros de traballo para a prestación de servizos en toda Galicia: unhas oficinas centrais en Santiago de Compostela e delegacións en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol.

A nivel organizativo interno, o Colexio estrutúrase en áreas, dentro das que podemos diferenciar as estratéxicas, orientadas fundamentalmente á prestación de servizos de valor engadido aos colexiados, ás Administracións Públicas e á sociedade; e as de apoio, orientadas a prestar servizos ás primeiras. A continuación, inclúense tres documentos coa estrutura organizativa colexial, cunha descripción xenérica das principais funcións e contido de cada unha das áreas, así coma un informe actualizado a decembro de 2011 sobre a plantilla.

 

 

Por outra banda, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ten un Convenio Colectivo propio que establece o marco legal para a xestión de persoas na organización colexial. Esto significa que as relacións laborais na organización colexial están reguladas, en primer térmo polo que dispoña o Convenio Colectivo propio e, no que non se regule neste, polo disposto no Estatuto dos Traballadores.