Fallo do concurso do edificio do mercado de abastos de Sanxenxo

16 Dic 2020

Está disponible o resultado do concurso para a redacción de proxectos da construción dun novo edificio para o mercado de abastos, aparcamento público e centro multiusos do Concello de Sanxenxo.

ACTA DA SESIÓN CELEBRADA POLO XURADO DO CONCURSO DE IDEAS PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS, A NIVEL DE ANTEPROXECTO, DA CONSTRUCIÓN DUN NOVO EDIFICIO PARA O MERCADO DE ABASTOS, APARCADOIRO PÚBLICO E CENTRO MULTIUSOS NO CONCELLO DE SANXENXO (3ª SESIÓN)

Na sala de exposicións de Nauta Sanxenxo (porto deportivo), sendo as 11:20 horas comezou a terceira sesión do xurado de referencia. Presidiu a mesma, D. Telmo Martín González (alcalde de Sanxenxo), asistindo presencialmente como vogais, Dª. Flavia Besada Otero (concelleira de Urbanismo do Concello de Sanxenxo), D. Rafael Vázquez Abal (arquitecto municipal de Sanxenxo), D. Francisco Pico Mejuto (arquitecto representante designado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria), D. Jose Jorge Santos Ogando (arquitecto representante do COAG) e D. Carlos Quintáns Eiras (arquitecto proposto polos concursantes). Actuou como secretario, de xeito presencial, D. Luis Ángel Sabariz Rolán (tesoureiro do Concello de Sanxenxo).

Comezada a sesión aclarouse que logo do cómputo das propostas anunciado na segunda sesión, seleccionáronse oito propostas en lugar de sete, pois houbo un empate entre a 5ª, 6ª, 7ª e 8ª.

As oito foron as seguintes:

– 5. “Los lunes al sol”

– 7. “Furancho”

– 11. “Filandón”

– 21. “Vestíbulo urbano” (1er candidato con este lema)

– 37. “Praza y planta”

– 51. “Sanxen0204”

– 53. “Espazo”

– 61. “Mero”

Por unanimidade dos membros do xurado, quedou excluída para optar aos sete primeiros postos, que dan lugar aos premios e os “accésit” á proposta co lema “Praza y Planta”.

Logo dun longo debate sobre cada unha das propostas, visionando de novo planos e características técnicas, adoptouse a decisión final sobre os premios, tendo en conta os criterios que se reflicten nas bases, que son os seguintes:

1. Calidade arquitectónica e mellor adecuación ao programa da intervención (ata 50 puntos).

2. Viabilidade económica e desenvolvemento constructivo da proposta de cara á súa execución formal (ata 20 puntos).

3. Sostenibilidade medioambiental (ata 10 puntos).

4. Propostas de minimización dos costes de mantemento do equipamento (ata 5 puntos).

5. Sectorización e control hixiénico (ata 5 puntos)

6. Súa relación co entorno (ata 10 puntos).

As cualificacións finais foron as seguintes:

 

Lema Criterio 1 Criterio 2 Criterio 3 Criterio 4 Criterio 5 Criterio 6 Puntuación total
5. “Los lunes al sol” 45 18 8 3 3 8 85
11. “Filandón” 42 17 8 3 3 7 80
51.“Sanxen0204” 38 17 8 3 3 6 75
53. “Espazo” 32 12 6 2 3 5 60
7. “Furancho” 35 8 6 2 3 6 60
61. “Mero” 28 13 6 2 3 8 60
21. “Vestíbulo urbano” (1er candidato) 30 13 6 3 3 5
60

En consecuencia, o primeiro premio-gañador do concurso correspóndelle a “Los Lunes al sol”, o segundo a “Filandón”, e o terceiro a “Sanxen0204”, mentres os accésits correspóndenlle a “Espazo”, “Furancho”, “Mero” e “Vestíbulo urbano”.

A continuación, decidiuse que o xoves día 26 de novembro ás 11:15 horas terá lugar a derradeira sesión, que será telemática, do xurado co obxecto de valorar a problemática que poidera xurdir para solucionarse determinados problemas cando se redacte o proxecto de execución da obra.

Por último, quedou constancia de que o xoves día 26 ás 11:30 horas farase pública a identidade dos autores das propostas nun acto que se celebrará no salón de sesión da Casa do Concello de Sanxenxo, vía streaming, que será anunciado coa antelación oportuna.

Levantouse a sesión ás 13:00 horas.

Inclúense aquí as propostas premiadas. O resto das 63 propostas presentadas, se poden ver na sala Nauta do Porto de Sanxenxo de luns a venres de 9 a 14 horas.

 

PRIMEIRO PREMIO: «LOS LUNES AL SOL»

Autor: Toni Bosch Miquel

1. Los lunes al sol. Memoria


SEGUNDO PREMIO: «FILANDÓN»

Autor: Miguel Olazábal Fourquet.
Colaborador: Fernando Polo Calvo.

2. Filandón. Memoria


TERCEIRO PREMIO: «SANXEN0204»

Autor: Marco Tapia López.
Colaboradora: Camen Figueiras Lorenzo.

3. Sanxen0204. Memoria


ACCESIT: «ESPAZO»

Autores: María Miláns Del Bosch González e Poryectos Múltiples, SL.
Director do proxecto: Jesús Donairee García de la Mora.

Espazo. Memoria


ACCESIT: «FURANCHO»

Autor: NO. MAD arquitectos S.L.P.
Director do proxecto: Eduardo Arroyo Muñoz.
colaboradores Aurora Donoso e Jorge Cobo.

Furancho. Memoria


ACCESIT: «MERO»

Autor: Rodrigo Delso Gutiérrez.
Colaboradores: Román Sost Queda, Óscar Sánchez Rojo e César Cañadas Fernández.

Mero. Memoria


ACCESIT: «VESTIBULO URBANO»

Autor: Morales de Giles Arquitectos, S.L.P.
Directores do proxecto: José Morales Sánchez, Sara de giles Dubois e María de Lara Ruíz.

Vestibulo urbano. Memoria

 

Compartir