Enquisa sobre tramitación Municipal e Patrimonio

0

Na súa sesión 3/2019, do 6 de marzo, a Xunta de Goberno aprobou o establecemento dunha enquisa para o seguimento dos expedientes colexiais nos procesos de autorización Municipal e tramitacións en Patrimonio.

O obxectivo desta enquisa é dispoñer de información cuantitativa sobre estes procesos de autorización que permitan ao Colexio levar a cabo accións de mellora perante as diferentes Administracións Públicas.

A enquisa pretende a mostra máis ampla posible nos últimos tres anos, tendo seleccionado unha serie de expedientes para cada colexiado según os seguintes criterios:

  • iniciados nos anos 2016-2018.
  • tipo: adaptado á Guía de Tramitación; obras de edificación e Obras ordinarias; tramitación urbanística ordinaria.
  • contido: contén algún dos seguintes traballos: oficio de dirección, estatística, proxecto (básico, execución ou técnico).
  • número: ata un máximo de dez expedientes por colexiado/sociedade. No caso de superar os 10 expedientes, faise unha selección aleatoria.

A enquisa, aínda que personalizada para facilitar o seu cumprimento, é absolutamente anónima e unicamente procura datos agregados. Pódese acceder e cubrir a enquisa a través do seguinte enlace:

Esta breve enquisa non se ten que facer toda dunha vez, puidendo gardar respostas parciais. Esta é a relación de preguntas que fai por cada expediente.

Iniciouse a tramitación municipal? *
Si / Non / Non se ten constancia
(De non terse iniciado a tramitación municipal remata a enquisa sobre este expediente COAG)
Tipo de autorización municipal *
Licenza / Mediante Comunicación Previa
Estado da tramitación municipal *
En tramitación (pendente de resolución ou notificación de reparos) / Con reparos pendientes de contestar / Autorizado (con licenza ou pasados máis de 15 días hábiles da comunicación previa feita)
Intervención suxeita a normativa sobre patrimonio cultural *
(Requiren autorización previa da consellaría competente as intervencións en bens de interese cultural ou catalogados e as novas construcións ou afeccións do espazo exterior en contornos de proteccións. Mais nun plan especial de protección (PEPRI, nomeadamente) só se require en intervencións en bens de interese cultural.)
Si e require autorización previa da consellaría competente / Si, mais non require autorización previa da consellaría competente / Non
Se a autorización da consellaría competente é previa á solicitude de licenza, indique o prazo de tramitación desta autorización en número de trimestres
1 a 8 (indique 8 tamén cando sexan máis)
Data de rexistro no Concello da solicitude de licenza ou comunicación previa *
Data
No seu caso, data de outorgamento da licenza por parte do Concello
Data
Veces que se lle comunicaron reparos *
Mediante notificación oficial ou outro medio
0 a 7 (indique 7 tamén cando sexan máis)
Unicamente mediante notificación oficial
0 a 7 (indique 7 tamén cando sexan máis)
Valoración da xestión municipal *
0 a 10 (pior a mellor)
Agradecémosche a túa atención e participación. Para calquera consulta ou suxestión pode realizarse a través do Panel de Servizos.
About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información sobre protección de datos

​Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidad: Controlar spam, gestión de comentarios.Legitimación: Consentimiento del interesado/a. Destinatarios: Se comunicarán los datos a los destinatarios legalmente previstos y a encargados del tratamento del COAG. Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar o suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en

http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=1&lang=es

Nuestra política de privacidad está disponible en: http://portal.coag.es/aviso-legal

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram