Charla: «El asiento es arquitectura»

0
Posted by / 22 abril 2019 / Categories: Cultura, Delegación Pontevedra / 0 Comments

Este martes día 23 de abril, a Delegación en Pontevedra do COAG organiza ás 20:00h na Casa das Campás, a charla «El asiento es arquitectura», da man do compañeiro arquitecto Luis Gil Pita. A charla será de entrada libre.

O interese do autor polo tema lle ten levado á publicación do libro «El asiento como arquitectura. La arquitectura como asiento», xunto coa arquitecta Cristina Nieto Peñamaría, así como outras publicacións, investigacións, artigos e a creación do proxecto UnDo ReDo, directamente vencellado ó mundo do moble.

UnDo ReDo é un lugar de encontro e reflexión sobre os mobles, moi especialmente as cadeiras, dentro e ó redor da arquitectura. Encontro, rehabilitación, interpretación e coidado dos mobles segundo a filosofía de traballo da desaparecida artista Louise Bourgeois I do, I undo, I redo..

O que presentan en UnDo ReDo é o producto da laboura de estudio e recolleita durante anos, de modelos clásicos, orixinais, e interpretacións de calidade acreditada. Modelos que teñen servido como reflexión previa para a creación dalgúns propios nas súas obras. Todos eles tamén se teñen salvado, limpado, correxido e rehabilitado coa ansia de reutilizar, de non malgastar e de seguir aprendendo de grandes modelos que resisten estoicamente a, en moitas ocasións, banal e innecesaria producción que a sociedade de consumo que habitamos propón.

«Os mobles sempre teñen acompañado á arquitectura, son a arquitectura dentro da arquitectura, e moi en especial a mesa e a cadeira. Unha arquitectura menor ó xeito do escritorio de San Jerónimo, representado no cadro de Antonello de Messina, que se introduce dentro doutra previa, para voltar crear un lugar e unha función menor, pero claramente definida, no universo maior da arquitectura. Un fractal que xoga coas escalas e co noso oficio para que adaptemos o traballo e a reflexión do arquitecto desde a cidade á casa, ó modo de Aldo van Eyck, e aínda máis cara dentro, de cara ó doméstico.

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información sobre protección de datos

​Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidad: Controlar spam, gestión de comentarios.Legitimación: Consentimiento del interesado/a. Destinatarios: Se comunicarán los datos a los destinatarios legalmente previstos y a encargados del tratamento del COAG. Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar o suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en

http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=1&lang=es

Nuestra política de privacidad está disponible en: http://portal.coag.es/aviso-legal

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram