Concurso de ideas para a construción da ponte peonil que unirá Tomiño e Vila Nova da Cerveira

18 Set 2017

Convocatoria do concurso de ideas, con intervención de xurado, para a selección de tres propostas de estudo técnico que sirva de base para a redacción do proxecto construtivo dunha ponte para peóns e bicicletas sobre o río Miño, entre os parques Espazo Fortaleza, en Goián-Tomiño, e o Castelinho, en Vila Nova da Cerveira.

Cada unha das propostas gañadoras recibirá unha prima de participación de 9.000 euros. Posteriormente, as tres propostas gañadoras serán convidadas a participar na segunda fase, que consistirá nun procedemento negociado sen publicidade para a contratación do servizo de redacción do anteproxecto da ponte. O xurado terá en conta na súa valoración aquelas propostas que mellor resolvan os requirimentos paisaxísticos, funcionáis, estéticos, de relación coa contorna e a súa natureza e/ou de sostibilidade.

O prazo de presentación é de 60 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Publicado o 24 de agosto de 2017.

Enlace a documentación.

Rectificación das Bases

No BOP do venres 13/10/2017 publícase a rectificación das bases do “Concurso de ideas para a construción da ponte peonil que unirá Tomiño e Vila Nova da Cerveira” como consecuencia da estimación parcial do recurso de reposición presentado polo COAG e a reapertura do prazo de 60 días para a presentación de propostas.

Neste enlace pódese acceder á documentación actualizada do concurso

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 do 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas en as que estando admitidos os Arquitectos para participar considérense de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir