Concurso de remodelación da Praza de Armas en Ferrol

[idioma]   ES | GL

1. INFORMACIÓN / AVISOS

INFORMACIÓN

27/10/2016

24/10/2016.

PRESIDENTA
Dona María Fernández Lemos (Concelleira de Urbanismo).

VOCAIS:
Un representante do Grupo Municipal de Ferrol en Común
Un representante do Grupo Municipal do PP
Un representante do Grupo Municipal do PSOE
Un representante do Grupo Municipal do BNG
Un representante do Grupo Municiapal de CIDADÁNS
-Don Ramón Montero Cereijo (Presidente del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia  Delegación de Ferrol
-Dona Carlota Pita Pita ( en representación del Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Galicia)
-Don Carlos Quintáns Eiras (Arquitecto designado por los participantes)
-Don Felipe Cotovad Martínez.(Arquitecto Municipal de Urbanismo)
-Don Leopoldo Moure García (Secretario Xeral da Corporación)
-Don Manuel Roel Hernández-Serrano

SECRETARIO:
– Don Rogelio Cenalmor Palanca

       AVISO:  

 Consultas resoltas a 24/08/2016

29/08/2016 Ampliación da documentación.  Subíronse en formato .dwg os elementos do Proxecto de Mobiliario Urbán.

29/08/2016 Ampliación da documentación. Subíronse en formato .dwg as plantas do edificio do Concello.

Obxecto

A Plaza de Armas de Ferrol é a praza mais oriental das dúas plantadas orixinalmente no interior do histórico barrio da Magdalena, no centro urbano da cidade. Este barrio de formulación ortogonal data do século XVIII e considérase único en toda España, pois foi precursor dos trazados realizados entre os séculos XIX e XX en gran parte das cidades españolas.

ferrol antiguo

Trazado en forma rectangular con seis rúas paralelas (Igrexa, Magdalena, Real, Dolores-Galiano, María e Sol), que se intersecan perpendicularmente con nove rúas transversais. Estructura en cuadrícula, parcelada en numerosos quinteiros de idéntica xeito e dimensións definindo numerosos edificios entre medianeiras. A Praza alberga o edificio do Concello da cidade e sitúase na principal área comercial e hosteleira.

O obxecto do presente concurso é a selección da mellor proposta para a remodelación do devandito espazo público, e do mesmo xeito o  acondicionamento do seu entorno inmediato, comprendendo aproximadamente unha superficie de 7.000m2.

ferrol actual

O Concello de Ferrol, como organismo convocante deste concurso optou por licitar mediante o procedemento de concurso de proxectos con intervención de Xurado, pois considera que é o máis adecuado para obter a mellor solución posible, tanto arquitectónica como técnica, ao programa solicitado e ás particulares circunstancias do ámbito urbanístico delimitado.

Entidade convocante

O Concello de Ferrol, como organismo convocante, suscribiu un convenio co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia,  para a Convocatoria dun concurso de Anteproxectos e cóntase coa Oficina de Concursos do mesmo nas súas tarefas administrativas.

Trátase dun Concurso de proxectos organizado no marco dun procedemento de adxudicación dun contrato de servizos, artículo 184. 2 a) do RDL 3/2011 relativo á Lei de Contratos do Sector Público.

Datos económicos

Sobre un orzamento de execución material de 1.200.000,00€ (gastos xerais, beneficio industrial e IVE non incluido), os honorarios profesionais correspondentes á redacción do proxecto básico e de execución, incluida a redacción do estudio de seguridade e saúde e dirección das obras, ascenderán á cantidade  de 50.000,00€ IVE non incluido, de acordo co seguinte desglose: 30.000,00€ para o proxecto básico e de execución e estudio básico de seguridade, e  20.000,00€ de dirección das obras.

Participantes

Poderán concurrir ao presente concurso tódolos arquitectos e enxeñeiros de camiños que teñan plena capacidade de obrar e non se atopen incursos nas prohibicións e incompatibilidades para contratar coa Administración segundo a normativa vixente. Non será preciso estar colexiado previamente para participar no concurso, pero sí para asinar e no su caso, visar o proxecto que no su momento se desenvolva.

Xurado

Estará composto por:

  • O Alcalde de Ferrol, con delegación expresa na Concelleira de Urbanismo e Mobilidade do concello de Ferrol.
  • Un arquitecto ou enxeñeiro de camiños do concello de Ferrol.
  • Un técnico ( arquitecto ou enxeñeiro de camiños) a elección dos concursantes.
  • O Decano do Colexio oficial de Arquitectos de Galicia, con delegación expresa no presidente do mesmo en Ferrol.
  • O Decano do Colexio Oficial de enxeñeiros de camiños en Galicia  ou persoa en quen delegue.
  • Un concelleiro en representación de cada grupo municipal.
  • O Secretario xeral do Concello.
  • O interventor xeral do Concello.

Premios

Os premios outorgados serán os seguintes: Primeiro premio: 4.000,00€, como adianto ao encargo do proxecto básico e de execución e a dirección das obras e estudio e coordinación da Seguridade e saúde. Dous accésits: 1.500,00€, cada un deles. Poderánse nomear máis premios, a modo de accésits, sen custe económico.

Documentación requerida

Sobre 1  Proposta de técnico para formar parte do Xurado.

Sobre 2  DOUS paneis tamaño DIN-A1 (594 mm x 841 mm) maquetados en vertical e montados sobre taboleiro lixeiro de cartón pluma, nos que figurará o lema elixido polo concursante. Documentación en CD, reproducción dos paneis nun único arquivo PDF.
Dossier escrito, cunha extensión máxima de DEZ páxinas en tamaño A4

Sobre 3 a)Boletín de inscrición, b) Declaracións responsables, c) Compromiso constitución UTE

2. CALENDARIO

Fase Actuación Data
Convocatoria e Acceso á información A partir da última publicación no Boletín Oficial, e na páxina web do COAG e do Concello de Ferrol  21/07/2016
Consultas A partir da publicación da página web do concurso  21/07/2016
Presentación de consultas Ata 20 días do prazo de presentación de propostas  24/08/2015
Resolución de consultas Ata 15 días antes do remate do prazo de presentación de propostas  29/08/2016
Presentación dos traballos Ata ás 14:00 horas do día hábil nº 45, a partir da última publicación no Boletín Oficial  13/09/2016
Reunión do Xurado Antes de 15 días despois do prazo de remate de presentación dos traballos
Resolución do concurso Prazo non superior a 1 mes dende a presentación das propostas
Retirada dos traballos non premiados Non superior a 2 meses dende o fallo

3. BASES  ⊗

4. DOCUMENTACIÓN  ⊗

5. CONSULTAS

  • Envío de consultas
  • Consultas resoltas
    • Consultas resoltas ata 24/08/2016
    • Consultas pendentes

6. FALLO

  • Listado de traballos presentados
  • Acta do fallo do Xurado
  • Traballos premiados
    • Primer premio
    • Accésits