Colexiación

Colexiación

Para solicitar a alta como colexiado no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, será preciso remitir o correspondente formulario de solicitude á Secretaría colexial, acompañada dunha serie de documentación que variará en función das seguintes circunstancias do/s solicitante/s. Para obter mais información, deberase consultar o seguinte ENLACE

Inscrición no Rexistro de Sociedades Profesionais

Conforme ao previsto na Lei de Sociedades profesionais, o COAG dispón dun Rexistro de Sociedades Profesionais no se poden inscribir todas as sociedades profesionais de arquitectura con domicilio profesional en Galicia, sempre que algún dos seus socios estea colexiado no COAG. Para obter mais información, deberase consultar o seguinte ENLACE

Cotas colexiais

As cotas de colexiación vixentes no momento de solicitar a incorporación, poderanse consultar premendo no seguinte ENLACE

Consultas

En caso de ter calquera dúbida sobre o proceso de colexiación, poderanse realizar consultas na Secretaría colexial, chamando ao 981552400 ou remitindo un correo electrónico a: secretaria @colexiodearquitectos.org

Os colexiados que desexen consultar o estado de tramitación da súa solicitude deberán realizalo a través da plataforma de consultas colexial, no seguinte ENLACE