Colexiación 2015

Colexiación 2015

Circular nº 22/2014: Acordos da Xunta Xeral Ordinaria de 27 de maio de 2014. Cotas colexiais 2015.

Inscrición

A suscrición das cotas deberase realizar a través da seguinte páxina web

Información

Prazo

O prazo de suscrición da cota colexial desenvólvese entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2014

Desconto por pronto pago

Púxose en marcha outra nova campaña de colexiación anticipada que finaliza o próximo 31 de outubro. Neste caso os descontos pola configuración anticipada voluntaria son do 8% de desconto polo pagamento completo da cota colexial ou do 4% no caso de optar polo pagamento aprazado (2 prazos) desta.

Esta é a última oportunidade de poder configurar a colexiación con desconto.

Unha vez finalizada esta promoción (o 31 de outubro) e ata o 31 de decembro de 2014 abrirase un novo período de configuración voluntaria da colexiación pero esta vez sen ningún tipo de desconto, pero si de aprazamento.

Finalizado este último período de configuración voluntaria o 31 de decembro, todos aqueles colexiados que non configuraron a súa colexiación para o ano 2015, o colexio procederá a renovala cos mesmos servizos que tiña subscrito o ano anterior, pero sen opción a ningún tipo de desconto nin aprazamento no pagamento.

colegiacion coag 2015