O COAG presentou un escrito de alegacións no concello de A Guarda solicitando a desestimación do recurso interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños Canais e Portos en impugnación da licitación da asistencia técnica urbanística que está a licitar o concello, pola esixencia contida nos pregos de ter a titulación de arquitecto

Posted by / 29th mayo 2017 / Categories: Alegacións, COAGactua / 0 Comments

O concello de A Guarda está a licitar o contrato de servizos de asistencia técnica urbanística do concello consistente no asesoramento técnico en materia urbanística , desenvolvendo as tarefas administrativas de emisión de informes técnicos sobre solicitudes para o outorgamento de licencias tramitadas no Concello de A Guarda, informes de expedientes de restauración do orde xurídico urbanístico, informes urbanísticos, asesoramento e control na tramitación e aplicación do PXOU e demais materias relacionadas co urbanismo.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia ten presentado un recurso de reposición impugnando os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexen a licitación motivado pola esixencia dentro dos requisitos de solvencia técnica de contar coa titulación de Arquitecto e que “la exclusión de la titulación de Ingeniero de Caminos, Canales y Puertos, para poder concurrir a la licitación vulnera la legalidad”.

O concello de A Guarda considerando a este Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia como interesado, dános traslado do devandito recurso, conferindo o prazo legal ao efecto de manifestar o que o COAG teña a ben.

É por iso que o COAG en defensa dos intereses e das lexítimas competencias da profesión de Arquitecto presentou un escrito de alegacións solicitando a desestimación do recurso do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Porto. O COAG considera que nesta licitación, á vista das concretas funcións a desenvolver en execución do contrato (non todas propimente de urbanismo sen máis), quen reúne a plenitude de competencias e a idoneidade formativa, polos seus coñecementos e especialidade, son, sen dúbida os Arquitectos. En opinión do COAG non pode esquecerse que, aínda que os Enxeñeiros de Camiños teñan recoñecidas competencias en materia de urbanismo, a súa especialidade está relacionada coas infraestruturas públicas e non coa edificación, o patrimonio cultural, ou a rehabilitación urbana, que sí son propias e específicas da titulación de Arquitectura. Así mesmo, estimamos que coas precisións anteriores respecto ao obxecto do contrato e as prestacións e funcións que inclúe, e sobre a base do principio xurisprudencial do Tribunal Supremo do “técnico competente” e de “liberdade con idoneidade” podemos afirmar que os Arquitectos, polos seus coñecementos e especialidade, son os profesionais que necesariamente han de intervir en algunhas importantes funcións incluídas no obxecto do contrato e polo tanto os únicos técnicos competentes para a execución da totalidade das funcións, polo que á solvencia técnica requirida é conforme á legalidade, proporcionada e vinculada ao obxecto do contrato.

 Arquivos:

Escrito de alegacións COAG

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter