O COAG interpón recurso contencioso administrativo (en vía xudicial) en impugnación da licitación do concello ce Irixoa para adxudicar o servizo de asistencia técnica urbanística

Posted by / 11th octubre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O COAG presentara recurso de reposición en vía administrativa, sendo os principáis motivos de impugnación, os criterios de solvencia técnica na medida en que os pregos dispoñían que as funcións obxecto do contrato podían ser executadas indistintamente e en termos de igualdade por un Arquitecto ou por un Arquitecto Técnico. En opinión do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dita previsión contida na cláusula 11.1 g) non respecta e vulnera a lexislación sobre as atribucións profesionais e a xurisprudencia ditada na medida en que, como se argumenta no recurso, os Aparelladores e Arquitectos Técnicos carecen de competencias para executar moitas das funcións incluídas no obxecto do contrato e outras poderían realizalas pero con limitacións.

Desestimado o recurso administrativo polo concello, o COAG presentou recurso contencioso administrativo.

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter