Interposición de recurso de reposición contra convocatoria da licitación para a contratación do servizo de consultoría e asistencia técnica ao Concello de Irixoa en materia de urbanismo, arquitectura e parte técnica en xeral

Posted by / 23rd Junio 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

Os  principais motivos do recurso foron os criterios de solvencia e os de valoración das ofertas. No que respecta á solvencia técnica, o concello de Irixoa estima que as funcións obxecto do contrato poden ser executadas indistintamente e en termos de igualdade por un Arquitecto ou por un Aparellador ou Arquitecto Técnico. En opinión do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dita previsión contida na cláusula 11.1 g) non respecta e vulnera a lexislación sobre as atribucións profesionais e a xurisprudencia ditada na medida en que, como se argumenta no recurso, os Aparelladores e Arquitectos Técnicos carecen de competencias para executar moitas das funcións incluídas no obxecto do contrato e outras poderían realizalas pero con limitacións. Así mesmo o COAG estima que o criterio de valoración denominado “programa de traballo e organización” arece da debida determinación non quedando en absoluto claro que se vai valorar e ante todo como se vai valorar, que a alusión en dito criterio á valoración de posibles mellores non cumpre coas esixencias debidas en tanto non se consigna con claridade que melloras se van valorar nin como e que a valoración de contar cunha oficina a unha determinada distancia da Casa consistorial constitúe un criterio de valoración discriminatorio.

Enlace ao documento.

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter