Centro de Conservación de Carreteras. Palas de Rei

12 maio 2014

Francisco Javier Novoa Rodríguez

Obra realizada para o mantemento da N-547 e a futura autovía Lugo-Santiago. A súa singularidade radica na súa proximidade ao camiño de Santiago, o que implica un coidadoso tratamento da volumetría no ámbito.

Obra realizada para el mantenimiento de la N-547 y la futura autovía Lugo-Santiago. Su singularidad radica en su cercanía al camino de Santiago, lo que implica un cuidadoso tratamiento de la volumetría en el entorno.

Obra
Centro de Conservación de Carreteras (oficinas, nave para garaje y almacén de fundentes)

Situación
N-547 P.K. 36+500. Concello de Palas de Rei – Lugo – Galicia – España

Arquitectos
Francisco Javier Novoa Rodríguez (2252)

Colaboradores
Gabriel Míguez Álvarez, Miguel Seoane Bouzas, José Manuel Rodríguez Hernández

Año
2012

Dous foron os criterios que influíron na realización deste proxecto: por un lado a innegable presenza de Palas de Rei dentro do Camiño de Santiago, e por outro as necesidades funcionais que presenta un centro de conservación de estradas.

A entrada do Camiño de Santiago no municipio de Palas de Rei realízase a través da Aldea de Portos; despois de pasar por Lestedo, Valos e o Alto do Rosario chegamos a Palas de Rei entre piñeiros e eucaliptos. O percorrido do Camiño de Santiago abandona Paslasde Rei pola N-547 para meterse á esquerda por un camiño pavimentado de lousas, polo Campo dos Romeiros. O primeiro núcleo que encontramos é o Carballal, e a continuación chégase a San Xulián do Camiño. Aquí temos un cruceiro e a igrexa románica de San Xulián. Conta a lenda que Xulián, un soldado, matou por erro aos seus pais. Arrepentido, dedicouse á atención dos peregrinos nun hospital xunto á súa muller, ata que un día un anxo veu a comunicarlle o perdón divino. Moi preto encóntrase o Castelo de Pambre, un camiño rural lévanos a este castelo señorial construído por Gonzalo de Ulloa a finais do s. XIV. A 250m dirección norte encóntrase a N-547 cun desvío que tamén serve de chegada a San Xulián. Nese punto estratéxico sitúase unha rotonda que dará servizo ao centro de conservación de estradas.

Dos han sido los criterios que han influido en la realización de este proyecto: por un lado la innegable presencia de Palas de Rei dentro del Camino de Santiago, y por otro las necesidades funcionales que presenta un centro de conservación de carreteras.

La entrada del Camino de Santiago en el municipio de Palas de Rei se realiza a través de la Aldea de Portos; después de pasar por Lestedo, Valos y el Alto do Rosario llegamos a Palas de Rei entre pinos y eucaliptos. El recorrido del Camino de Santiago abandona Palas de Rei por la N-547 para meterse a la izquierda por un camino pavimentado de losas, por el Campo dos Romeiros. El primer núcleo que encontramos es el Carballal, y a continuación se llega a San Xulián do Camiño. Aquí tenemos un cruceiro y la iglesia románica de San Xulián. Cuenta la leyenda que Julián, un soldado, mató por error a sus padres. Arrepentido, se dedicó a la atención de los peregrinos en un hospital junto a su mujer, hasta que un día un ángel vino a comunicarle el perdón divino. Muy cerca se encuentra el Castillo de Pambre, un camino rural nos lleva a este castillo señorial construido por Gonzalo de Ulloa a finales del s. XIV. A 250m dirección norte se encuentra la N-547 con un desvío que también sirve de llegada a San Julián. En ese punto estratégico se sitúa una rotonda que dará servicio al centro de conservación de carreteras.

0095 nave oficinas almacen palas de rei 03

Construtivamente, o edificio resólvese cun zócolo de formigón de 2.50m de altura e 30cm de espesor sobre o que se sitúa un muro de bloque con remate de “coteterm” en cor branca, o que contribúe a dar ao conxunto un aire de lixeireza; as cubertas inclinadas remátanse en cinc, sendo rematadas en grava as cubertas planas que albergan as instalacións. As dúas pezas máis representativas do conxunto resólvense en formigón.

O proxecto formúlase como unha peza compacta e á vez fragmentada; compacta no sentido do seu funcionamento nos percorridos, e na utilización en momentos de rigor climático. A fragmentación vén dada pola descomposición da volumetría do edificio nunha serie de cubertas que minimizan e complementan o ámbito inmediato, dotando ao edificio da escala necesaria para adaptarse a este.

Constructivamente, el edificio se resuelve con un zócalo de hormigón de 2.50m de altura y 30cm de espesor sobre el que se sitúa un muro de bloque con remate de “coteterm” en color blanco, lo que contribuye a dar al conjunto un aire de ligereza; las cubiertas inclinadas se rematan en zinc, siendo terminadas en grava las cubiertas planas que albergan las instalaciones. Las dos piezas más representativas del conjunto se resuelven en hormigón.

El proyecto se plantea como una pieza compacta y a la vez fragmentada; compacta en el sentido de su funcionamiento en los recorridos, y en la utilización en momentos de rigor climático. La fragmentación viene dada por la descomposición de la volumetría del edificio en una serie de cubiertas que minimizan y complementan el entorno inmediato, dotando al edificio de la escala necesaria para adaptarse al mismo.

0095 nave oficinas almacen palas de rei 05

O edificio encóntrase formado por dous tipos de pezas que destacan no conxunto. En primeiro lugar destacan as chamadas pezas representativas encargadas de proporcionar unha imaxe de singularidade da actuación: a peza oeste alberga as oficinas e usos relacionados co persoal do centro e resólvese en dúas plantas, sendo a superior unha peza que posúe unha luz considerable e que coa súa forma marca o punto de entrada da área do traballo dos técnicos, mentres que a peza este encárgase de conter os usos relacionados co tratamento do sal. O beiril, que se destaca a 9m de altura para protexer a descarga dos camións, ocúpase de dar un grao de representatividade ao conxunto.

En segundo lugar encontrámonos coa peza situada no medio das anteriores e que asume un aspecto de maior neutralidade. Contén os usos relacionados coa maquinaria máis pesada como son o de garaxe, almacén ou área de reparación da maquinaria. A cuberta desta zona fragméntase atendendo aos criterios de escala e de uso; deste xeito aprovéitase a estrutura do edificio para proporcionar accesos, iluminación, etc.

El edificio se encuentra formado por dos tipos de piezas que destacan en el conjunto. En primer lugar destacan las llamadas piezas representativas encargadas de proporcionar una imagen de singularidad de la actuación: la pieza oeste alberga las oficinas y usos relacionados con el personal del centro y se resuelve en dos plantas, siendo la superior una pieza que posee una luz considerable y que con su forma marca el punto de entrada del área del trabajo de los técnicos, mientras que la pieza este se encarga de contener los usos relacionados con el tratamiento de la sal. El voladizo, que se destaca a 9m de altura para proteger la descarga de los camiones, se ocupa de dar un grado de representatividad al conjunto.

En segundo lugar nos encontramos con la pieza situada en medio de las anteriores y que asume un aspecto de mayor neutralidad. Contiene los usos relacionados con la maquinaria más pesada como son el de garaje, almacén o área de reparación de la maquinaria. La cubierta de esta zona se fragmenta atendiendo a los criterios de escala y de uso; de esta manera se aprovecha la estructura del edificio para proporcionar accesos, iluminación, etc.

memoria, planos y fotografía – Francisco Javier Novoa Rodríguez

0095 nave oficinas almacen palas de rei 10

Premios
2013| Candidatura XV Premios COAG. Categoría EQUIPAMIENTO (Santiago de Compostela)

Compartir