A Cidade Intuida. Santiago de Compostela

10 Dec 2013

A Cidade Intuida foi unha reflexión colectiva sobre un futuro posible da cidade de Santiago que baseouse no traballo teórico e en equipo dunha serie de arquitectos para intuír as posibilidades da cidade cara o ano 2021. O traballo abordouse desde diferentes escalas, desde a cidade histórica e os barrios ata a do territorio rural de Santiago, os ríos, os camiños, os núcleos rurais.

A Cidade Intuida fue una reflexión colectiva sobre un futuro posible de la ciudad de Santiago que se basó en el trabajo teórico y en equipo de una serie de arquitectos para intuir las posibilidades de la ciudad para el año 2021. El trabajo se abordó desde diferentes escalas, desde la ciudad histórica y los barrios hasta la del territorio rural de Santiago, los ríos, los caminos, los núcleos rurales.

Obra
A Cidade Intuida.

Situación
Santiago de Compostela – Galicia – España

Coordinación
Javier Fernández Muñoz, Carlos Quintáns Eiras

Expertos
Manolo Gallego Jorreto, Juan Domingo Santos, Emiliano López, Luis Martínez Santa-María, Teresa Gali Izard, Cristina Guedes, Pere Riera Pañelles, Jose Miguel Iribas

Equipos
Cristina Ansede, Alberto Quintáns, José Valladares, Marcial Rodríguez, Alberto Redondo, Óscar Andrés, Jesús Conde, Santiago García, Arancha Garnelo, Francisco Javier LLamas, Sabela Núñez, Juan Creus Covadonga Carrasco Celso Barrios Manuel Carbajo Juan Pinto, Gonzalo Crecente, Javier Fernández, Carlos Fernández, Consorcio de Santiago, Ángel Cid, Silvia Diz, Mar Ponte, Alfonso Salgado, Francisco Liñares, Elizabeth Abalo, Gonzalo Alonso, Jesús Álvarez, José Luis Dorrego, Rufo Fernández, Xaime Subiela

Fotografía
Luís Díaz Díaz

Año
2011

Entre os meses de setembro de 2010 e marzo de 2011 desenvólvense en Santiago de Compostela as actividades relativas á celebración do CONGRESO_CIDADE E CAMIÑOS HISTÓRICOS. UNHA REFLEXIÓN DE FUTURO: XACOBEO 2010_2021: A CIDADE INTUIDA, financiado pola Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago de Compostela.

O colectivo de arquitectos que participamos na concepción, dirección e elaboración dos distintos traballos obxecto do Congreso, en representación da totalidade de profesionais de diversos ámbitos que colaboraron e posibilitaron tanto o desenvolvemento do proceso de reflexión e a celebración do seu acto público final, como a súa publicación, entendemos que representa un bo exemplo de “actividade que achega a arquitectura á sociedade e que afonda no coñecemento da disciplina” da arquitectura.

Entre los meses de septiembre de 2010 y marzo de 2011 se desarrollan en Santiago de Compostela las actividades relativas a la celebración del CONGRESO_CIDADE E CAMIÑOS HISTÓRICOS. UNHA REFLEXIÓN DE FUTURO: XACOBEO 2010_2021: A CIDADE INTUIDA, financiado por la Diputación de A Coruña y el Ayuntamiento de Santiago de Compostela.

El colectivo de arquitectos que participamos en la concepción, dirección y elaboración de los distintos trabajos objeto del Congreso, en representación de la totalidad de profesionales de diversos ámbitos que colaboraron y posibilitaron tanto el desarrollo del proceso de reflexión y la celebración de su acto público final, como su publicación, entendemos que representa un buen ejemplo de “actividad que acerca la arquitectura a la sociedad y que ahonda en el conocimiento de la disciplina” de la arquitectura.

0006 02

O convencemento de que a acción pública mais visible e influente na cidade é a intervención sobre o espazo público, que non pode ser tratado como un simple espazo residual resultado da “xestión urbanística”, senón que debe concibirse dende unha acción positiva, recoñecéndolle a súa función estrutural e representativa da cidade, e polo tanto ser produto dunha profunda e continua reflexión, e á vista do amplo parénteses que se abría, tralos Xacobeos dos anos 2004 e 2010, ata o próximo do ano 2021, nos leva, na primavera do ano 2010, a concibir, dende a Oficina da Cidade Histórica y Rehabilitación do Concello de Santiago, a celebración dun congreso de arquitectura que reflexionara sobre o que podería se-lo espazo público dos ámbitos do patrimonio cultural do termo municipal tras unha década.

Queriamos visualizar unha “ficción”, futura e posible, que nos guiara e orientara na obtención dunha “realidade” axeitada. Non se trataba dunha representación virtual de proxectos xa previstos, senón de realizar un exercicio de imaxinación, con bases rigorosas e técnicas, que permitira aventurar e recrear posibles realidades dun futuro próximo, e ensaia-las distintas direccións que a cidade podía tomar, precisamente como reflexión previa para orientarnos nesa andadura. Os ámbitos de reflexión se estruturaron en tres escalas: territorio, cidade contemporánea e casco histórico, e, en cada escala, traballamos sobre os tres ámbitos que consideramos mais relevantes.

El convencimiento de que la acción pública más visible e influyente en la ciudad es la intervención sobre el espacio público, que no puede ser tratado como un simple espacio residual resultado de la “gestión urbanística”, sino que debe concebirse desde una acción positiva, reconociéndole su función estructural y representativa de la ciudad, y por lo tanto ser producto de una profunda y continua reflexión, y a la vista del amplio paréntesis que se abría, tras los Xacobeos de los años 2004 y 2010, hasta el próximo del año 2021, nos lleva, en la primavera del año 2010, a concebir, desde la Oficina de la Ciudad Histórica y Rehabilitación del Ayuntamiento de Santiago, la celebración de un congreso de arquitectura que reflexionara sobre lo que podría ser el espacio público de los ámbitos del patrimonio cultural del término municipal tras una década.

Queríamos visualizar una “ficción”, futura y posible, que nos guiara y orientara en la obtención de una “realidad” adecuada. No se trataba de una representación virtual de proyectos ya previstos, sino de realizar un ejercicio de imaginación, con bases rigurosas y técnicas, que permitiera aventurar y recrear posibles realidades de un futuro próximo, y ensayar las distintas direcciones que la ciudad podía tomar, precisamente como reflexión previa para orientarnos en esa andadura. Los ámbitos de reflexión se estructuraron en tres escalas: territorio, ciudad contemporánea y casco histórico, y, en cada escala, trabajamos sobre los tres ámbitos que consideramos mas relevantes.

0006 07

Na escala do territorio, indágase sobre as posibilidades de recuperar e reverter á sociedade o tecido tradicional dos camiños tradicionais, núcleos históricos e a riqueza etnográfica dos discursos fluviais. A difícil relación na cidade contemporánea entre o “vello” e o “novo” desenvólvese ó sur, no “contacto” da cidade densa histórica do Recinto Intramuros coa cidade densa contemporánea do Ensanche, ó oeste, na rápida transición dende a cidade monumental, a través do barrio de San Lourenzo, ata o río Sarela, e ó leste, na traballosa evolución do barrio de Belvís e a rúa de San Pedro cara a esa fronteira que hoxe representa a Avda. de Lugo. E xa na escala da propia cidade histórica, quedaba por estudar un barrio extramuros, o de San Roque, outro intramuros, a Améndoa, e unha porción significativa do rastro da muralla medieval, entre as súas portas do Camiño e da Mámoa. Independentemente destas tres escalas de traballo, tratamos tamén o ámbito da Cidade da Cultura nun intento de non esquecer que os grandes contedores culturais públicos tamén forman parte do conxunto do espazo público da cidade.

En la escala del territorio, se indaga sobre las posibilidades de recuperar y revertir a la sociedad el tejido tradicional de los caminos tradicionales, núcleos históricos y la riqueza etnográfica de los discursos fluviales. La difícil relación en la ciudad contemporánea entre lo “viejo” y lo “nuevo” se desarrolla al sur, en el “contacto” de la ciudad densa histórica del Recinto Intramuros con la ciudad densa contemporánea del Ensanche, al oeste, en la rápida transición desde la ciudad monumental, a través del barrio de San Lourenzo, hasta el río Sarela, y al este, en la trabajosa evolución del barrio de Belvís y la calle de San Pedro hacia esa frontera que hoy representa la Avda. de Lugo. Y ya en la escala de la propia ciudad histórica, quedaba por estudiar un barrio extramuros, el de San Roque, otro intramuros, la Almendra, y una porción significativa del rastro de la muralla medieval, entre sus puertas do Camiño y da Mámoa. Independientemente de estas tres escalas de trabajo, tratamos también el ámbito de la Ciudad de la Cultura en un intento de no olvidar que los grandes contenedores culturales públicos también forman parte del conjunto del espacio público de la ciudad.

0006 10

Celebráronse varias xornadas de exposición crítica conxunta de tódolos equipos, invitándose a participar arquitectos e profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional, ata que, finalmente, nun acto público de tres xornadas de duración, celebrado os días 1, 2 e 3 de marzo de 2011, exponse o traballo desenvolto xunto cunha serie de conferencias de destacados expertos. Tanto os traballos elaborados polos diversos equipos participantes como o propio desenvolvemento das xornadas de traballo e públicas, así como outros contidos de interese relativos ós traballos e colaboracións no proceso, foron recollidos e “publicados” nunha páxina web (http://acidadeintuida.org/) e nunha publicación gratuíta en papel con formato de xornal co obxecto de darlle un carácter accesible e próximo ós cidadáns (dispoñible en formato PDF premendo aquí).

Se celebraron varias jornadas de exposición crítica conjunta de todos los equipos, invitándose a participar a arquitectos y profesionales de reconocido prestigio nacional e internacional, hasta que, finalmente, en un acto público de tres jornadas de duración, celebrado los días 1, 2 y 3 de marzo de 2011, se expone el trabajo desarrollado junto con una serie de conferencias de destacados expertos. Tanto los trabajos elaborados por los diversos equipos participantes como el propio desarrollo de las jornadas de trabajo y públicas, así como otros contenidos de interés relativos a los trabajos y colaboraciones en el proceso, fueron recogidos y “publicados” en una página web (http://acidadeintuida.org/) y en una publicación gratuita en papel con formato de periódico con el objeto de darle un carácter accesible y próximo a los ciudadanos (disponible en formato PDF pulsando aquí).

Premios
2013 XV Premios COAG. Categoría DIVULGACIÓN E INVESTIGACIÓN (Santiago de Compostela)

 

Compartir