Relación de inscritos para as probas de selección dun/dunha arquitecto/a para que preste as funcións de arquitecto/a de visado e de apoio á Área de Formación

0
Posted by / 10 abril 2019 / Categories: coag, Emprego / 0 Comments

Conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na súa sesión 1/2019 de 17 de xaneiro, comunicado na circular 1/2019 de 31 de xaneiro, creouse 1 praza de arquitecto/a (titulado/a superior) para que preste as funcións de arquitecto/a de visado na delegación de A Coruña, con dispoñibilidade de prestar ademais ditas funcións na sede colexial, así como as funcións de persoal de apoio á área de formación.

Neste sentido, en virtude do previsto no art. 9 do Convenio Colectivo do COAG e na circular referida, tras quedar deserto o concurso interno para cubrir a devandita praza, o Tribunal designado para realizar o proceso de selección, determinou a realización dunha convocatoria libre para prover dita vacante nos termos previsto na circular nº 4/2019 de 22 de marzo.

RELACIÓNS DE INSCRITOS/AS

Rematado o proceso de inscrición e tras verificar que as solicitudes de inscrición presentadas, constan como  completas e conformes ás bases da convocatoria as solicitudes dos/as 37 colexiados/as que figuran na relación, ordenada por orde alfabética, dispoñible no seguinte ENLACE

PROBAS PRESENCIAIS

Os/As 37 colexiados/as indicados foron convocados para realizar as probas presencias que terán lugar na Escola Galega de Administracións Públicas o xoves 11 de abril en horario de tarde.

ENTREVISTA (PROBA DE GALEGO E/OU ACREDITACIÓN DE MÉRITOS)

Os 4 candidatos con mellor puntuación no conxunto das probas presenciais máis aqueles que lles igualen en puntuación, pasarán á fase de entrevista persoal sempre e cando teñan acreditado o nivel de coñecementos de idioma galego requirido (CELGA 4 ou equivalente) e aportado os comprobantes dos méritos declarados no curriculum vitae.  

En caso de non dispoñer das acreditación indicadas, a Secretaría colexial procederá da seguinte forma, convocarase aos candidatos seleccionados que non acreditarán o CELGA 4 ou equivalente para a realización dunha proba específica de galego e indicarase aos colexiados acreditados que non aportaran algunha da documentación acreditativa dos méritos recollidos no seu curriculum vitae o prazo e forma de aportar a mesma.

En caso de que algún dos candidatos seleccionados que o precisen, non supere a proba de galego e/ou o trámite de acreditación de méritos, quedará descartada a súa participación na entrevista.

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información sobre protección de datos

​Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidad: Controlar spam, gestión de comentarios.Legitimación: Consentimiento del interesado/a. Destinatarios: Se comunicarán los datos a los destinatarios legalmente previstos y a encargados del tratamento del COAG. Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar o suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en

http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=1&lang=es

Nuestra política de privacidad está disponible en: http://portal.coag.es/aviso-legal

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram