Devolución voluntaria da copia colexial – Arquivo Delegación A Coruña

Posted by / 9th Mayo 2016 / Categories: coag / Tags: , / 0 Comments

Conforme ao indicado na circular nº 31/2015, coa cal se anunciou os acordos colexiais que iniciaron do proceso de devolución voluntaria da copia colexial para aqueles colexiados que poidan estar interesados lexitimamente en manter a mesma nos seus arquivos persoais, tras realizar o proceso de devolución das copias en papel obrantes en almacéns do COAG da Delegación de Vigo (expedientes da Delegación de Vigo e Santiago de Compostela) e Ourense, iníciase agora o proceso para a devolución das copias en papel obrantes na Delegación de A Coruña.

Neste sentido, lémbrase que os criterios fixados pola comisión para a selección dos expedientes obxecto de devolución voluntaria son os seguintes:

1. Os expedientes obxecto de devolución voluntaria serán aqueles que teñan soporte papel.

2. Os expedientes pendentes de subsanación e non subsanados. Aqueles expedientes presentados a visado, pero que, tras ser retidos estean pendentes de subsanación polos seus autores.

3. Expedientes visados e non retirados. Expedientes que estean visados e pendentes de retirar polos seus autores.

Excepcións á devolución:

Conforme ao establecido no punto II.1. do Anexo II da parte I do Código Técnico de la Edificación (RD 314/2006, e as súas modificacións)

a documentación obrigatoria de seguimento da obra comporase, polo menos, dos seguintes documentos: a) Libro de Ordes e Asistencias de acordo co previsto no Decreto 462/1971, de 11 de marzo;

b) O Libro de Incidencias en materia de seguridade e saúde, segundo o Real Decreto 1627/1997, de 24 de outubro;

c) O proxecto, os seus anexos e modificacións debidamente autorizados polo director de obra;

d) A licenza de obras, a apertura do centro de traballo e, no seu caso, outras autorizacións administrativas; e

e) O Certificado Final da Obra de acordo col Decreto 462/1971, de 11 de marzo, do Ministerio da Vivenda.

De eles, o Libro de ordes e Asistencias (apartado a) e o Libro de Incidencias en materia de Seguridade e Saúde (apartado b) son documentos únicos, dos que, para cada unha das obras, existe un único exemplar orixinal cumprimentado polos axentes correspondentes durante o proceso construtivo polo tanto debe ser interpretado arquivisticamente como documentación de conservación permanente, e que xunto co Certificado Final da Obra está exenta de devolución. Exención que se realizará para todos os expedientes desde o ano 2002.

PROCEDEMENTO DE DEVOLUCIÓN VOLUNTARIA (DOCUMENTACIÓN OBRANTE NO ARQUIVO DA DELEGACIÓN DE A CORUÑA

O procedemento de devolución de copia colexial da documentación referida estará divido en tres períodos ou fases:

FASE I: Duración: ata as 23:59 horas do xoves 9 de xuño

Nesta primeira fase o Colexio recabará o posible interese do colexiado en recibir a copia colexial de todos ou algúns dos expedientes visados por el, obrantes no arquivo da Delegación de A Coruña.

Os colexiados que se inscribirán en procesos de devolución de copias realizados con anterioridade, non necesitarán realizar a inscrición de novo dado que xa figurarán incluídos no proceso.

INSCRICIÓN. Os colexiados interesados, poden inscribirse neste proceso dentro do prazo indicado, no seguinte enlace:

http://www.coag.es/categorias/novedades/2015/privado/archivo/default.aspx?del=co

IMPORTANTE.

Aqueles colexiados que no prazo indicado e polos medios habilitados para elo non manifesten interese algún en recuperar a documentación obrante no Arquivo de A Coruña, o COAG entenderá, que a non solicitude é permanente e definitiva.

FASE II: Duración: do 13 de xuño ao 16 de xuño.

Nesta segunda fase o Colexio o facilitará un listado a tódolos aqueles colexiados que teñan mostrado interese lexítimo en recibir a copia depositada no Colexio dos expedientes visados por el, obxecto de expurgo.

Recibido o listado, o colexiado disporá ata o 22 de xuño para comunicarllo ao Colexio, mediante os medios habilitados para elo, os expedientes dos cales quere recibir voluntariamente a copia arquivada no Colexio.

FASE III. Duración: do 23 de xuño ao 30 de xuño.

Nesta fase o Colexio remitirá ao colexiado un presuposto cos gastos de preparación da documentación solicitada para a súa aprobación e unha vez aceptado pola súa parte se procederá á súa preparación.

CUSTO DE DEVOLUCIÓN:

Será asumida por cada colexiado segundo os seguintes prezos unitarios:

Tarifas: (prezos sen IVE)

 Búsqueda e empaquetado ……………………………….. 6 € por expediente.

 Transporte: o Recollida persoal polo colexiado ou persoa autorizada o Mediante empresa de transporte, autorizada polo colexiado e a portes debidos

CONSULTAS

As consultas sobre este proceso, poderanse realizar a través da plataforma de consultas colexial, no seguinte ENLACE

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter