CONFERENCIA DE FERNANDO AGRASAR SOBRE BRASILIA

17 xuñ 2016

Data: martes día 21 de xuño ás 20:00 horas

Lugar: Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes, Praza Pintor Álvarez Sotomayor, 1-A Coruña

Conferencia: “Brasilia: o soño moderno”

Impartida por:  D. Fernando Agrasar Quiroga, Dr. arquitecto Profesor Titular do Departamento de Composición Arquitectónica e Director da E.T.S.A da UDC.

Cumpridos os 50 anos da inauguración de Brasilia, o proceso do seu proxecto e construción, pódese ler dende a súa realidade actual e a evolución da cultura arquitectónica.

Toda a crítica da segunda metade do século XX, tanto Benevolo coma Frampton ou Curtis, teñen emitido xuízos negativos sobre Brasilia. Estas valoracións están lastradas polo fracaso da modernidade e chocan coa beleza e singularidade dun experimento urbanístico, sociolóxico e artístico, que segue a sorprender e conmover ao viaxeiro.

Compartir