Todas as entradas en Uncategorised

Lista de peritos definitiva Colexio Notarial de Galicia no ano 2015

Posted by / 25 septiembre 2015 / Categories: Peritos, Uncategorised / 0 Comments

Conforme ao anunciado na circular 32/2015, unha vez rematado o prazo de inscrición, foi elaborada unha lista de peritos que xa foi remitida ao Colexio Notarial de Galicia.

Para consulta o referido listado ou obter mais información sobre a convocatoria, deberase consultar o seguinte ENLACE

Continuar lendo →

Decreto 106/2015 Contaminación acústica en Galicia

Posted by / 25 septiembre 2015 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Lembramos que o pasado día 27 de agosto entrou en vigor o Decreto 106/2015, de 3 de agosto de 2015, sobre contaminación acústica de Galicia (DO de Galicia núm. 145). Para ese efecto os Servizos técnicos colexiais realizaron un informe sobre o seu incendencia.

Posteriormente o Servizo de SX de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia resolveu varias consultas ao caso, estando dispoñible en breve un FAQ de respostas. Devandito Servizo comunícanos que ten dispoñible un correo para recibir consultas. ruido.cmati@xunta.es . Na súa páxina web inclúese unha interesante relación de lexislación europea, estatal e autonómica ao caso, mapas de ruído, plans de acción e ordenanzas municipais.

Continuar lendo →

Curso intensivo de diseño arquitectonico BIM con REVIT architecture. Edicion especial viernes y sabados

Posted by / 24 septiembre 2015 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Curso intensivo impartido en dos semanas y media orientado a estudiantes y profesionales del sector de la construcción, arquitectura, ingeniería y diseño de interiores, interesados en conocer el proceso de elaboración de un proyecto de ejecución de espacios arquitectónicos con el software Revit Architecture de AUTODESK. Continuar lendo →

Xornada de debate na ETSAC: A nova xestión da cidade

Posted by / 22 septiembre 2015 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

A ETSAC vai acoller a xornada A NOVA XESTIÓN DA CIDADE o vindeiro martes 29 de setembro, ás 11:00h.

Preténdese debater sobre a xestión da cidade no novo contexto político actual, para o que contamos coa participación dos responsables de urbanismo de Madrid, Santiago de Compostela, Oviedo, Ferrol e A Coruña: José Manuel Calvo, Jorge Duarte, Nacho Fernández del Páramo, María Fernández Lemos e Xiao Varela, respectivamente.

Os convidados comparten varias circunstancias, son todos arquitectos, novos arquitectos, estréanse nas tarefas de xestión en gobernos municipais liderados polas novas plataformas cidadás e, en todos os casos menos un, son egresados da ETSAC.

O director da Escola, Fernando Agrasar, moderará o debate.a-nova-xestion_1

Ourense. Olladas na rúa 15.

Posted by / 21 septiembre 2015 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Volvemos…. seguimos coas OLLADAS.

01_OLLADAS NA RUA 15

A Praza da Madalena.

Venres 25 de setembro, 19,00 h. Praza da Madalena.

Cidadan: Luis Orero Grandal.

Arquitecta: Elsa E. Borbujo Marín.

 

“O espírito da paz. Hai uns anos derrubouse aquí unha vella casa, caída ó chan como caen os soños cando esperta o día cheo de incertezas. Seica este lugar foi de antigo a claustra da igrexa de Santa María Madre; logo foi cemiterio medieval e aínda mercado dende mediados do século XIX. É a praza da Magdalena, para Xesús Ferro Couselo, que traballou ó seu carón, o curruncho máis romántico da cidade: é doado coincidir co egrexio arquiveiro. Tamén Vicente Risco se emocionou coa paz e a beleza do seu fermoso cruceiro, que procede da Alameda do Cruceiro. Segundo conta Afonso V. Monxardín no século XVII querían poñerlle portas en Santa María Madre porque, di unha carta ó Correxedor de 1624, ‘ las noches se cometen allí feos y graves pecados usando mal del lugar tan pío’. Hoxe é un dos centros simbólicos da nosa cidade histórica, aínda que moitos ourensáns o ignoren. Nin sequera os poetas lle prestaron os seus versos: é ben sorprendente. Pero tamén reclamo que nunca perda o espírito da paz que impregna a súa fisionomía, a lenta vaguidade das súas sombras e o fecundo silencio das súas pedras enchoupadas de eternidade.”

Marcos Valcárcel.

Oferta de emprego en Lugo

Posted by / 21 septiembre 2015 / Categories: Uncategorised / 1 Comment

21/09/2015

UVE VALORACIONES, S.A., SOCIEDAD DE TASACIÓN homologada polo Banco de España, oferta colaboración para taxador urbano interesado en cubrir a provincia de Lugo, como taxador externo vinculado con contrato mercantil. Interesados poden enviarnos o seu currículo vitae a través da páxina de UVE:

http://v-valoraciones.es/226-2/contacto/bolsa-de-empleo/

Continuar lendo →

Auladomus. Curso de mediciones con Arquímedes de Cype Ingenieros

Posted by / 15 septiembre 2015 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Los próximos 23 y 25 de Septiembre Aula Domus celebrará en Pontevedra un Curso sobre Mediciones y Presupuestos en colaboración con la delegación del COAG de Pontevedra. Continuar lendo →

Convocatoria extraordinaria para configuración da nova lista de peritos a remitir ao colexio notarial de galicia no ano 2015.

Posted by / 9 septiembre 2015 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Infórmase que, como se anunciou na circular 32/2015 realizase unha convocatoria extraordinaria para a configuración da nova lista de peritos para remitir ao Colexio Notarial de Galicia no ano 2015. O prazo de inscrición neste listado remata ás 23:59 horas do vindeiro 21 de setembro.

Para obter mais información sobre a convocatoria, realizar a inscrición na lista ou facer consultas our reclamacións ao respecto, deberase consultar o seguinte ENLACE.

Continuar lendo →

ROCKWOOL. Xornada técnica: Rehabilitación e obra nova. Sistema de fachada REDArt® e REDAir™

Posted by / 8 septiembre 2015 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

ROCKWOOL é líder mundial no sector do illamento cunha ampla liña de produtos aptos para todo tipo de aplicacións para a construción e acondicionamento de vivendas e edificios non residenciais. Ademais doutros produtos relacionados coa construción, como teitos acústicos e ou paneis de revestimento, o Grupo traballa para contribuír ao desenvolvemento de edificios enerxéticamente máis eficientes e a proba de incendios, cunha boa acústica e un ambiente interior confortable. Continuar lendo →

Atinne. Curso intensivo de deseño arquitectonico BIM con Revit Architecture

Posted by / 2 septiembre 2015 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Curso intensivo impartido en dúas semanas e media orientado a estudantes e profesionais do sector da construción, arquitectura, enxeñaría e deseño de interiores, interesados en coñecer o proceso de elaboración dun proxecto de execución de espazos arquitectónicos co software Revit Architecture de AUTODESK.

Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram