Novas de Recursos

Impugnación da Convocatoria do Concurso de Ideas para a redacción do proxecto construtivo dunha ponte para peóns sobre o Río Miño.

Posted by / 25 septiembre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 1 Comment

O COAG presentou recurso de reposición en impugnación da convocatoria, efectuada pola Deputación de Pontevedra, do Concurso de ideas, con intervención de xurado, para a seleción de tres propostas de estudo técnico que serva de base para a redacción do proxecto construtivo dunha ponte para peóns e bicicletas sobre o río Miño.

Recurso concurso ponte rio Miño.

Desestimación polo Concello de Mugardos do recurso do Colexio contra as bases dunha lista para contratación laboral temporal dun arquitecto.

Posted by / 21 septiembre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

Comunicación da desestimacion do recurso de reposición interposto polo COAG contra as bases para a elaboración dunha lista para a posible contratación laboral temporal, mediante oposición libre, dun/dunha arquitecto/a» convocado polo Concello de Mugardos.

Desestimacion_recurso_Mugardos

08-08-2017
Recurso de reposición contra a convocatoria polo Concello de Mugardos das “bases para a elaboración dunha lista para a posible contratación laboral temporal, mediante oposión libre dun Arquitecto/a

Desestimación do recurso interposto contra a modificación do cadro de persoal 2017 da Deputación de A Coruña

Posted by / 18 agosto 2017 / Categories: coag, COAGactua, Recursos / 0 Comments

Recibida a notificación do acordo de «Aprobación da desestimación do recurso de reposición interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia contra o acordo do pleno de 31 de marzo de 2017 de aprobación definitiva da modificación do Cadro de Persoal 2017» da Deputación de A Coruña.

ACORDO

O concello de Irixoa desestima o recurso de reposición interposto polo COAG

Posted by / 14 julio 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O concello de Irixoa desestima o recurso de reposición interposto polo COAG o 23/06/2017 contra convocatoria da licitación para a contratación do servizo de consultoría e asistencia técnica ao Concello de Irixoa en materia de urbanismo, arquitectura e parte técnica en xeral. O concello notifiou a resolución ao COAG o 14 de xullo.

A comunicación pode consultarse en:

DOCUMENTO.

Recurso de reposición contra acordo Concello de A Coruña de aprobación das bases reguladoras da convocatoria pública para a adquisición polo concello de edificios de vivendas

Posted by / 5 julio 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

Interposición de recurso de reposición en impugnación do acordo da Xunta de Goberno Local de A Coruña de aprobación das bases reguladoras da convocatoria pública para a adquisición polo concello de edificios de vivendas.

Enlace ao documento.

O concello de Boqueixón estima parcialmente o recurso de reposición interposto polo COAG o pasado 13/06/2017 en impugnación da licitación da asistencia técnica urbanística do concello

Posted by / 23 junio 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O concello de Boqueixón estima parcialmente o recurso de reposición interposto polo COAG o pasado 13/06/2017 en impugnación da licitación da asistencia técnica urbanística do concello.

Enlace á Resolución

O COAG comparece e constitúese en parte no Procedemento Ordinario 4271/2017, tramitado pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia en defensa das competencias profesionais

Posted by / 15 junio 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O procedemento xudicial ten sido iniciado por recurso contencioso-administrativo presentado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña fronte a resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) por considerar que o enxeñeiro técnico industrial non é técnico competente para emitir o Informe de Evaluación do Edificio e redactar e redactar o proxecto de ascensor que afectaba á estructura dun edifico de vivendas.

O día 2 de xuño recíbese comunicación do IGVS, mediante a que se notificaba ao COAG, en condición de interesado, a interposición do recurso contencioso-administrativo polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña conferindo o prazo legal para comparecer e constituirse en parte nos autos.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia procedeu a constituirse en parte en dito procedemento xudicial para actuar en defensa dos intereses xenerais da profesión e do seu ámbito competencial.

O COAG comparece e constitúese en parte no Procedemento Ordinario 4221/2017, tramitado pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia en defensa das competencias profesionais

Posted by / 14 junio 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O procedemento xudicial ten sido iniciado por recurso contencioso-administrativo presentado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña fronte a resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) por considerar que o enxeñeiro técnico industrial non é técnico competente para emitir o Informe de Evaluación do Edificio e redactar e redactar o proxecto de ascensor que afectaba á estructura dun edifico de vivendas.

O día 1 de xuño recíbese comunicación do IGVS, mediante a que se notificaba ao COAG, en condición de interesado, a interposición do recurso contencioso-administrativo polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña conferindo o prazo legal para comparecer e constituirse en parte nos autos.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia procedeu a constituirse en parte en dito procedemento xudicial para actuar en defensa dos intereses xenerais da profesión e do seu ámbito competencial.

Interposición de recurso de reposición en impugnación da convocatoria polo concello de Vilamarín de contratación laboral temporal dun Arquitecto

Posted by / 26 junio 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

Interposición de recurso de reposición en impugnación da convocatoria polo concello de Vilamarín de contratación laboral temporal dun Arquitecto no entendemento, entre outros aspectos, de que as bases non se axusta, nalgúns dos seus extremos, ao regulado normativamente para o procedemento de concurso de méritos.

Enlace ao documento.

Interposición de recurso de reposición contra convocatoria da licitación para a contratación do servizo de consultoría e asistencia técnica ao Concello de Irixoa en materia de urbanismo, arquitectura e parte técnica en xeral

Posted by / 23 junio 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

Os  principais motivos do recurso foron os criterios de solvencia e os de valoración das ofertas. No que respecta á solvencia técnica, o concello de Irixoa estima que as funcións obxecto do contrato poden ser executadas indistintamente e en termos de igualdade por un Arquitecto ou por un Aparellador ou Arquitecto Técnico. En opinión do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dita previsión contida na cláusula 11.1 g) non respecta e vulnera a lexislación sobre as atribucións profesionais e a xurisprudencia ditada na medida en que, como se argumenta no recurso, os Aparelladores e Arquitectos Técnicos carecen de competencias para executar moitas das funcións incluídas no obxecto do contrato e outras poderían realizalas pero con limitacións. Así mesmo o COAG estima que o criterio de valoración denominado “programa de traballo e organización» arece da debida determinación non quedando en absoluto claro que se vai valorar e ante todo como se vai valorar, que a alusión en dito criterio á valoración de posibles mellores non cumpre coas esixencias debidas en tanto non se consigna con claridade que melloras se van valorar nin como e que a valoración de contar cunha oficina a unha determinada distancia da Casa consistorial constitúe un criterio de valoración discriminatorio.

Enlace ao documento.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram