Proxectos | COAG

Todas as entradas en Proxectos

Restaurante llallas e taguín. Xinzo de Limia

Santiago Barge Ferreiros

Recíbese o encargo de realizar un restaurante na planta baixa dun edificio de vivendas situado na zona antiga de Xinzo de Limia (Ourense); debido á súa situación ao lado da igrexa trátase dun exercicio de respecto co lugar e composición coa edificación existente. Continuar lendo →

Dos viviendas, un estudio y un local de coworking y eventos. Vigo

Ramón Viéitez Rodríguez

Este proxecto supuxo a construción dun pequeno edificio nunha das rúas con máis pendente do centro de Vigo. Antigamente coñecida polos seus prostíbulos hoxe conserva os seus atributos de centralidade pero con edificacións que pouco ou nada respectaron as antigas fachadas de pedra. Continuar lendo →

Vivienda unifamiliar en Reboira. Vilarmaior

Enrique Blanco+Patricia Sabín

Pequena vivenda unifamiliar, que se incrusta no terreo onde se constrúe. Un fogar sinxelo e luminoso, con materiais duros ó uso e amables ó trato. Continuar lendo →

Rehabilitación de vivienda unifamiliar. Noia

Álvaro Marín+Alfonso Castro

A Barro_House nace como unha resposta sinxela a un ámbito con carácter e unhas impresionantes vistas sobre a ría de Noia. Unha fachada sinxela pero rotunda nace coa vontade de dar unha resposta actual pero integradora, impregnándose da frescura das construcións do lugar. Continuar lendo →

9 viviendas en hilera. Mugardos

Posted by / 19 abril 2014 / Categories: coag, Proxectos / Tags: , , , , / 0 Comments

Jorge Salgado Cortizas

Un barrio de casas humildes cunha arquitectura digna da que o seu ámbito carece, é o lugar. A parcela está situada no barrio de Sta. Lucia, na intersección das rúas Federico Mallo con Eduardo Pondal onde a mediados do século pasado se construíron unhas magníficas vivendas sociais de planta baixa e unha planta alta, co seu patio na parte posterior. O barrio posúe unhas extraordinarias vistas sobre a enseada de Mugardos e a entrada da ría de Ferrol, vixiada polos castelos de La Palma e San Felipe. Continuar lendo →

Casa en Coirós. A Coruña

Belén Salgado+Antonio López

Esta casa naceu coa vontade de facer arquitectura de calidade nun contorno dominado polo que se veu entendendo de xeito popular como tipoloxía tradicional de vivenda en Galicia (cuberta a dúas augas, construcións adxectivas…) traballando a partir do impacto formal e emocional colectivo que xurdiu en torno a este xeito de “facer” vivenda durante as últimas décadas. Continuar lendo →

Rehabilitación de vivienda y estudio de arquitectura. Ourense

Muiños+Otero

No casco histórico de Ourense, proponse a reforma de edificio entre medianeiras destinado a estudio de arquitectura e a vivenda unifamiliar. A premisa básica da intervención é integrarse no ámbito, e intentar sobrepoñerse ás limitacións xeométricas da edificación, perseguindo a continuidade espacial e a captación de luz natural, mediante as interrupcións en forxados, dobres alturas, emprego de cerramentos transparentes, e unha escaleira lixeira e inmaterial. Continuar lendo →

Rehabilitación integral para dos viviendas en Redes. Ares

Díaz & Díaz Arquitectos

Redes é unha pequena Vila Mariñeira desenvolvida a principios do século XX, situada na marxe norte da Ría de Ares encravada nas Rías Altas Galegas. Esta localidade foi premiada polo Colexio de Arquitectos no Día Internacional da Arquitectura 2009 por conservar a súa traza orixinal no urbanismo. Tamén se coñece esta localidade como a “Venecia Galega” pola conexión das súas vivendas ao mar. Continuar lendo →

Edificio dotacional CITEXVI. Vigo

Alfonso Penela Arquitectos

Un grande porta contedores lixeiro, transparente,
luminoso, á espera de cargas.

Atracado dando resposta á xeomorfoloxía
inmediata e de relación co territorio.

A planta baixa libérase, faise transparente
evidenciando o seu necesario carácter público.

Xeometría disciplinada que permite a partir de
unha modulación rigorosa crear contedores
variables segundo a demanda. Continuar lendo →

Escola infantil no Campus universitario. Ourense

Posted by / 11 abril 2014 / Categories: coag, Proxectos / Tags: , , , , / 1 Comment

Abalo Alonso arquitectos

É posible que as cabanas entre as árbores estivesen na orixe do proxecto. Pode que os nosos hórreos tamén. Botamos de menos eses momentos de xogos infantís. A propia configuración do terreo acompáñanos; no medio do parque, illados, entre árbores, terreo en pendente… Continuar lendo →

Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram