Todas as entradas en Liñas de Traballo

Convenio para elaborar un Plan de dinamización das áreas de rexeneración urbana de interese autonómico (Rexurbe)

Posted by / 7 noviembre 2018 / Categories: Axenda, coag, Liñas de Traballo, Publicada en Portada / 0 Comments

A Xunta de Galicia, o Colexio Oficial de Arquitectos e a Universidade de Santiago asinaron, o pasado 5 de novembro, un convenio de colaboración para elaborar un Plan de dinamización das áreas de rexeneración urbana de interese autonómico (Rexurbe) Continuar lendo →

Resultado do proceso de selección para a contratación, en réxime de arrendamento de servizos, dun arquitecto/a para realizar traballos vinculados á xeración dun novo informe estatístico colexial

Posted by / 31 agosto 2018 / Categories: coag, Liñas de Traballo, Publicada en Portada / 0 Comments

Conforme ao previsto na convocatoria do proceso de selección para a contratación, en réxime de arrendamento de servizos, dun arquitecto/a para realizar traballos vinculados á xeración dun novo informe estatístico colexial, (circular 16/2018 de 23 de xullo), o pasado 30 de agosto reuniuse o tribunal configurado ao efecto de finalizar o proceso de selección, realizando as entrevistas aos candidatos que obtiveron maior puntuación nas fases anteriores (Valoración de méritos e Proba teórica e práctica).

Continuar lendo →

XORNADA DE DIFUSION DA GUIA DE COR E MATERIAS DE GALICIA

Posted by / 7 diciembre 2017 / Categories: Axenda, Liñas de Traballo / 0 Comments

O vindeiro luns 11 desenvolverase unha Xornada de Difusión da Guía de Cor e Materiais de Galicia, organizada polo Instituto de Estudos do Territorio, dirixida a técnicos da administración local.

A Xornada celebrarase no Salón de Convencións do edificio CINC da Cidade da Cultura, a partires das 10:00.

Será exposto por membros do equipo redactor e trala exposición terá lugar un debate e cuestionario cos asistentes.

Continuar lendo →

Hai Mulleres 2016

Posted by / 9 marzo 2016 / Categories: Axenda, Campañas COAG, Liñas de Traballo / 0 Comments

Continuamos coa nosa campaña #‎HayMujeres‬ ‪#‎HaiMulleres‬ ate final de mes… aínda quedan moitas aportacións por publicar.

ANÍMATE A PARTICIPAR Continuar lendo →

Comisión de Urbanismo,Territorio, Administración Local e Función Pública

CATALOGOS DAS PAISAXES / ANTEPROXECTO DO REGULAMENTO DA LEI DO SOLO
As Comisións de Urbanismo e  planeamento das Delegacións inician as reunións de traballo para  a revisión dos CATALOGOS DAS PAISAXES DE GALICIA e do ANTEPROXECTO do  REGULAMENTO DA NOVA LEI DO SOLO, co obxeto de redactar  documentos de alegacions e suxerencias que serán remitidos  como aportación do COAG  as organismos correspondentes nos prazos  marcados.
Acompañanse links de publicacions.
Continuar lendo →

Reunión de Traballo sobre o Anteproxecto da nova Lei de Patrimonio

INFORME DA  REUNIÓN DE TRABALLO  SOBRE  A ANTEPROXECTO DA NOVA  LEI DE PATRIMONIO NA CONSELLERÍA   CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA CON RESPONSABLES DO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA. Continuar lendo →

Anteproxecto de Lei do Solo de Galicia. Reunións do COAG cos Grupos Parlamentarios

Posted by / 27 enero 2015 / Categories: coag, COAGactua, Lexislación, Liñas de Traballo, Urbanismo / 0 Comments

Na liña de colaboración institucional aberta polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia  co Goberno Galego, no día de onte, luns 26 de xaneiro, tiveron lugar unha serie de reunións dunha representación do COAG cos Grupos Parlamentarios Galegos, co obxectivo de amosar a nosa disposición e vontade de colaboración e co obxectivo de mellorar a nosa lexislación urbanística no Anteproxecto de Lei do Solo en tramitación. Continuar lendo →

Anteproxecto da Lei do Solo de Galicia. Aportacións do COAG

Posted by / 23 noviembre 2017 / Categories: Asesoramento, Liñas de Traballo, Urbanismo / 0 Comments

INFORME SOBRE GRUPO DE TRABALLO LEI DO SOLO

O dia 13 de outubro publicouse na WEB da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o anteproxecto da Lei do solo.

http://www.cmati.xunta.es/disposicions

Como responsables de Xunta de Goberno, transmitímos aos presidentes das delegacións  a importancia do traballo destas para determinar as necesidades de todo o territorio galego, instándoles a convocar reunións de traballo sobre a Lei do chan para posteriormente organizar un grupo de traballo xeral. Continuar lendo →

Xuntanza entre a CMATI e o COAG sobre o Anteproxecto de Lei do Solo

Posted by / 12 noviembre 2014 / Categories: Liñas de Traballo, Normativa / 0 Comments

O COAG foi convidado a unha reunión de traballo na CMATI no día de hoxe, 12 de novembro. A representación do Colexio foi recibida pola Conselleira Dª Ethel Mª Vázquez Mourelle, acompañada pola Secretaria Xeral de Ordenación e Territorio e Urbanismo Dª María Encarnación Rivas Díaz e o Subdirector Xeral de Urbanismo D. Eduardo Sobrino Rodríguez.

O Colexio estivo representado polo Decano, Secretario, Vogais responsables da Comisión de Planeamento e Territorio, así como responsables das delegacións de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol. Continuar lendo →

Anteproxecto da nova Lei do Solo de Galicia

Posted by / 29 octubre 2014 / Categories: Liñas de Traballo, Normativa / 2 Comments

O Consello da Xunta de Galicia, recentemente aprobou o Anteproxecto de Lei do Solo de Galicia e iniciouse o período de participación pública.

E evidente o interés do noso colectivo e Colexio, por facer un estudo do documento para remitir as nosas aportacións na busca do mellor documento posible. Continuar lendo →

Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram