Todas as entradas en Concursos

A Deputación Provincial de Pontevedra estima parcialmente o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación das bases do concurso de ideas para a selección das tres mellores propostas de proxecto de ponte peatonal e de bicicletas sobre o Miño

Posted by / 4 octubre 2017 / Categories: COAGactua, Concursos, Recursos / 0 Comments

Por Resolución Presidencial de 4 de outubro de 2017, estimouse parcialmente o RECURSO DE REPOSICIÓN interposto con data de 25 de setembro de 2017, contra a convocatoria e as Bases reguladoras do “Concurso de Ideas, con intervención de Xurado, para a selección de tres propostas de estudo técnico que serva de base para a redacción do proxecto construtivo dunha ponte para peóns e bicicletas sobre o Río Miño, entre os Parques Espazo Fortaleza en Goián-Tomiño (España) e o Castelinho en Vila Nova de Cerveira (Portugal), no marco do Proxecto 0044_VISIT_RIO_MINHO_1_P, cofinanciado polo FEDER (75%) dentro da primeira convocatoria de axudas do programa operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 INTERREG V A.”.

Enlace ao documento.

Licitación e contratación do servizo de asistencia técnico urbanística do Concello de Boqueixón

Posted by / 10 octubre 2017 / Categories: Concursos / 0 Comments

No BOP-A Coruña de 5 de outubro, aparece publicada a Contratación do servizo de asistencia técnico urbanística do Concello de Boqueixón. O prazo de presentación de propostas é de 15 días naturais desde o seguinte a esta publicación. Continuar lendo →

Concello de Betanzos. Licitación do servizo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Betanzos 2017-2021

Posted by / 4 octubre 2017 / Categories: Concursos, Urbanismo / 0 Comments

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña do día 2 de outubro anúnciase a Licitación do servizo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Betanzos 2017-2021. Continuar lendo →

ANUNCIO de procedemento aberto para a redacción do proxecto de execución das obras de construción dun pavillón polideportivo cuberto no plan parcial S.U.P. P.P. 1 Quirós, no concello de Vigo

Posted by / 22 septiembre 2017 / Categories: Concursos, Uncategorised / 0 Comments

No Diario Oficial de Galicia de 22 de setembro (e no BOP de 25 de setembro) aparece o anuncio de contrato para a redacción do proxecto de execución das obras de construción dun pavillón polideportivo cuberto e instalacións complementarias para a completa urbanización das parcelas nº 28 e 29 do plan parcial S.U.P. P.P. 1 Quirós. Continuar lendo →

Concurso de ideas para a construción da ponte peonil que unirá Tomiño e Vila Nova da Cerveira

Posted by / 18 septiembre 2017 / Categories: Concursos / 3 Comments

Convocatoria do concurso de ideas, con intervención de xurado, para a selección de tres propostas de estudo técnico que sirva de base para a redacción do proxecto construtivo dunha ponte para peóns e bicicletas sobre o río Miño, entre os parques Espazo Fortaleza, en Goián-Tomiño, e o Castelinho, en Vila Nova da Cerveira. Continuar lendo →

Concello de Oza-Cesuras. Licitación redacción Plan Xeral de Ordenación Municipal

Posted by / 5 septiembre 2017 / Categories: Concursos, Emprego / 0 Comments

Publicado no DOG de 20 de setembro. Comezo do prazo de 10 días.

Publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña do 5 e setembro o anuncio da licitación para adxudicar o contrato para os servizos de redacción do PXOM de Oza-Cesuras. Continuar lendo →

Universidade de Vigo. Licitación proxecto de rehabilitación do edificio Faraday (ETEA)

Posted by / 5 julio 2017 / Categories: Concursos, Uncategorised / 5 Comments

No Diario Oficial de Galicia do 5 de xullo (número 127) inclúese anuncio da Universidade de Vigo, en relación a contratación do proxecto de dirección de obra da rehabilitación do edificio Faraday na ETEA en Vigo (expediente 317/17)

O prazo de presentación remata o 14 de agosto de 2017

 Mais información

Continuar lendo →

Novidades no Concurso de Anteproxectos para rehabilitación de vivendas no lugar de Fondodevila

Posted by / 31 mayo 2017 / Categories: coag, Concursos, Delegación Ourense, Sin categoría, Uncategorised / 0 Comments

O Concello de Parada de Sil, coa colaboración técnica do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, convocou concurso a nivel de anteproxecto, co fin de impulsar a rehabilitación do seu parque de edificacións tradicionais no núcleo rural de Fondodevila. Continuar lendo →

CONCURSO PLAZA DE ARMAS. FERROL. COMUNICADO DO CONCELLO DE FERROL

Posted by / 15 febrero 2017 / Categories: Concursos, Delegación Ferrol / 0 Comments

“Nestes momentos e para darlle maior seguridade xurídica ao concurso, modificáronse as bases en relación coa composición do Xurado. De modo que non sexa necesario a asistencia de todos os seus compoñentes para poder fallar o concurso. Proximamente serán aprobadas polo Concello de Ferrol en Xunta de Goberno Local.

Por outra banda e para reforzar os condicionantes urbanísticos sobre a Praza xa recollidos no prego que rexe o concurso, procedeuse a emitir un informe técnico por parte do equipo redactor do PXOM de Ferrol e do PEPR da Magdalena en relación coa non obrigación de expor un aparcadoiro subterráneo na Praza de Armas. Todo iso para poder dar maior seguridade xurídica ao proxecto que resulte gañador no fallo que terá lugar en próximas datas.

Actualmente estase á espera da publicación no BOP dos membros definitivos do Xurado. Unha vez publicada esta modificación convocaremos ao xurado para a resolución do concurso, o cal se informará oportunamente”

Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter