Actuacións do Colexio

26-09-2023
A Xunta de Goberno do COAG acordou presentar Recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra Sentenza 244/2023, de 14 de xullo do TSXG- Residencia Maiores Vigo
26-09-2023
O COAG acordou presentar recurso contencioso administrativo contra a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, Dna. María Francisca Gómez Santos, por delegación da Conselleira (p.d. Orde do 03/03/2016), notificada o día 28 de agosto de 2023, pola que se desestima o Recurso de reposición interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en impugnación da licitación de dita Consellería para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e Servizo de dirección de obras para as obras de Remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na Residencia de Maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONEU” polo procedemento aberto simplificado. (referencia de expediente cps-2023-0007; expediente 10/2023).
14-09-2023
O COAG acordou comparecer e constituírse en parte como interesado ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-administrativo, Sección Nº 2 (Expediente Administrativo núm. 19785/411) relativo ao Recurso Contencioso-administrativo nº 4175/2023 P. Ordinario, contra Resolución da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo de 18/04/2023 relativa á suspensión do cómputo do prazo de vixencia do IOP, ao entender procedente a suspensión di dito prazo.
17-07-2023
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, desestima o recurso especial en materia de contratación presentado polo coag en impugnación das bases da licitación do Concello de Moaña para adxudicar o contrato administrativo de servizo de redacción de “Proxecto e dirección de obra para a construción dun Auditorio, Dependencias Municipais e 10 Vivendas Públicas para Alugueiro Social, garaxes e rochos na parcela resultante nº4 da equidistribución de Sisalde, Moaña”
16-06-2023
O COAG presenta un recurso especial en materia de contratación en relación coa licitación do concello de Moaña para adxudicar o contrato administrativo de servizo de redacción de “Proxecto e Dirección de Obra para a construcción dun auditorio, dependencias municipais e 10 vivendas públicas para alugueiro social, garaxes e rochos na parcela resultante nº4 da equidistribución de Sisalde, Moaña”
29-03-2023
Recurso de reposición contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a Contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na residencia de maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperacion, Transformacion e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU”. (Referencia de expediente CPS-2023-0007; Expediente 10/2023)