Actuacións do Colexio

08-04-2021
A Xunta de Goberno do COAG acordou recorrer en apelación a Sentenza 00081/2021, de 31 de marzo de 2021 do Xulgado Contencioso Administrativo Nº 2 de Lugo recaída no Procedemento Ordinario 0000124/2018
30-03-2021
O Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Vigo declara a firmeza da Sentenza 18/2021, de 26 de xaneiro de 2021, recaída no Procedemento Ordinario 134/2020.
29-03-2021
O COAG presenta Recurso de Casación contra a Sentenza 45/2021 do 9 de febreiro ditada pola Sala do Contencioso Administrativo, Sección 3 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no Procedemento Ordinario 7198/2020 que desestimou o recurso contencioso-administrativo interposto polo COAG contra a resolución da Consellería de Infraestruturas e  Mobilidade de 29/01/2020 que desestimou o recurso de reposición contra os pregos e a licitación do expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico para urbanización dunha praza pública na parcela da actual Estación de Autobuses de Lugo.
26-03-2021
O COAG interpón un recurso de reposición en impugnación da licitación da Deputación de POntevedra para a adxudicación do contrato de servizos de asistencia técnica para a redacción do proxecto básico e de execución do traslado do parque central de maquinaria ao polígono de Barro-Meis (Fase I para a restauración ambiental da zona da Xunqueira)
26-03-2021
O COAG presenta un escrito de observacións e alegacións á Modificación Puntual do PEPRICA no artigo 86 da Normativa nos ámbitos do conxunto do Museo Provincial de Pontevedra (nº expediente 2021AAE2529)
17-02-2021
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso contencioso administrativo interposto polo COAG contra a resolución da Consellería de Infraestruturas e  Mobilidade de 29/01/2020 que desestima o recurso de reposición interposto contra os pregos e a licitación do expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico para urbanización dunha praza pública na parcela da actual Estación de Autobuses de Lugo.