Actuacións do Colexio

26-09-2023
O COAG acordou presentar recurso contencioso administrativo contra a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, Dna. María Francisca Gómez Santos, por delegación da Conselleira (p.d. Orde do 03/03/2016), notificada o día 28 de agosto de 2023, pola que se desestima o Recurso de reposición interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en impugnación da licitación de dita Consellería para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e Servizo de dirección de obras para as obras de Remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na Residencia de Maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONEU” polo procedemento aberto simplificado. (referencia de expediente cps-2023-0007; expediente 10/2023).
14-09-2023
O COAG acordou comparecer e constituírse en parte como interesado ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-administrativo, Sección Nº 2 (Expediente Administrativo núm. 19785/411) relativo ao Recurso Contencioso-administrativo nº 4175/2023 P. Ordinario, contra Resolución da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo de 18/04/2023 relativa á suspensión do cómputo do prazo de vixencia do IOP, ao entender procedente a suspensión di dito prazo.
17-07-2023
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, desestima o recurso especial en materia de contratación presentado polo coag en impugnación das bases da licitación do Concello de Moaña para adxudicar o contrato administrativo de servizo de redacción de “Proxecto e dirección de obra para a construción dun Auditorio, Dependencias Municipais e 10 Vivendas Públicas para Alugueiro Social, garaxes e rochos na parcela resultante nº4 da equidistribución de Sisalde, Moaña”
16-06-2023
O COAG presenta un recurso especial en materia de contratación en relación coa licitación do concello de Moaña para adxudicar o contrato administrativo de servizo de redacción de “Proxecto e Dirección de Obra para a construcción dun auditorio, dependencias municipais e 10 vivendas públicas para alugueiro social, garaxes e rochos na parcela resultante nº4 da equidistribución de Sisalde, Moaña”
29-03-2023
Recurso de reposición contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a Contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na residencia de maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperacion, Transformacion e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU”. (Referencia de expediente CPS-2023-0007; Expediente 10/2023)
23-03-2023
Recurso de reposición en impugnación da convocatoria do proceso selectivo para unha praza de funcionario interino (art 10.1 a) TREBEP), praza de arquitecto técnico da Escala de Administración Especial, polo sistema de oposición libre e constitución de lista de reserva e do decreto de alcaldía de 16 de febreiro de 2023, polo que se aproban as bases específicas para dito proceso selectivo (BOP Lugo Nº 45, de 24 de febreiro de 2023)