Novas de Alegacións

Solicitude de modificación remitida polo COAG a Nauta Sanxenxo

Posted by / 14 febrero 2019 / Categories: Alegacións, COAGactua / 0 Comments

COAG remite escrito a Nauta Sanxenxo solicitando a modificación da interpretación que viña ofrecendo -a través das respostas ás consultas feitas polos interesados en participar-  da cláusula 11.1 do prego de bases en relación á acreditación da solvencia económica e financeira ao obxecto de admitir, clarificar e difundir, para xeneral coñecemento dos potenciais licitadores, que as sociedades profesionais poden acreditar a súa solvencia económica e financeira mediante a existencia dun seguro de responsabilidade civil por riscos profesionais.

O día 19 de febreiro Nauta Sanxenxo comunicou ao COAG que, acollendo a nosa petición, procederon a publicar as aclaracións correspondentes no perfil do contratante no documento baixo o título “PREGUNTAS 7”.

Escrito COAG

Observacións do COAG ao anteproxecto de modificación do Decreto 143/2016

Posted by / 21 enero 2019 / Categories: Alegacións, COAGactua / 0 Comments

Texto das Observacións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ao anteproxecto de modificación do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Observacions COAG.

 

O COAG presenta unhas alegaciones á licitación da dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde da obra de construción do Auditorio e Escola de Música de O Grove.

Posted by / 10 diciembre 2018 / Categories: Alegacións, COAGactua / 0 Comments

Acceso ás alegacións.

Alegacións do COAG ao Anteproxecto de Lei de Ordenación do Territorio de Galicia

Posted by / 3 diciembre 2018 / Categories: Alegacións, COAGactua / 0 Comments

En relación ao trámite aberto para o envío de suxestións ao anteproxecto da Lei de Ordenación do territorio, o Colexio de Arquitectos remitíu o seguinte documento cara a unha reflexión sobre a proposta do anteproxecto da Lei de Ordenación do Territorio de Galicia.

Alegacións do COAG.

O COAG presentou, no Ministerio de Fomento, alegacións ao estudo informativo do proxecto de nova estación intermodal de Ourense, aprobado provisoriamente, no trámite de exposición pública do mesmo anunciado polo Ministerio no BOE de 29 de setembro

Posted by / 9 noviembre 2018 / Categories: Alegacións, COAGactua / 0 Comments

Alegacións

O Concello de Monterroso desestima as alegacións presentadas polo COAG na exposición pública da modificación da Relación de Postos de Traballo en relación ao posto denominado “Técnico de Urbanismo”

Posted by / 2 octubre 2018 / Categories: Alegacións, COAGactua / 0 Comments

Con data 6 de xullo de 2018, o Colexio presentou reclamación contra a RPT, no referido ao posto de Tecnico/a de Urbanismo, ao considerar que os arquitectos son os únicos técnicos competentes para o exercicio sen limitacións do conxunto das funcións técnicas do citado posto de traballo.

Resolucion do Concello de Monterroso.

Informe.

 

Reclamación fronte á aprobación da Relación de Postos de Traballo no concello de Ourense

Posted by / 3 abril 2018 / Categories: Alegacións, COAGactua / 0 Comments

O COAG presentou reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do concello de Ourense (BOP nº 50 de 2 de marzo 2018) en defensa dos intereses xenerais da profesión ao entender, entre outras cuestións, que a configuración dalgúns postos de traballo pode conculcar o ámbito competencial propio da profesión de Arquitecto.

Reclamacion_RPT_Ourense

Manifesto sobre o proxecto de terminal de autobuses na estación intermodal de Ourense

Posted by / 6 marzo 2018 / Categories: Alegacións, Campañas COAG, coag, COAGactua, Concursos / 0 Comments

A Xunta de Goberno do COAG, á vista do anuncio de licitación da obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense, acordou manifestar a súa posición contraria á proposta. Continuar lendo →

Consideracións e alegacións ao documento de aprobación inicial do Plan Básico Autonómico de Galicia.

Posted by / 22 febrero 2018 / Categories: Alegacións, coag, COAGactua / 0 Comments

Está dispoñible o documento remitido á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio o texto refundido que recolle as consideracións e alegacións realizadas polos colexiados que quixeron participar das diferentes delegacións do COAGa, coordinadas pola representante na Xunta de Goberno colexial da Comisión de Planeamento e Medio Ambiente, as cales estimamos poden ser do seu interese.

ALEGACIÓNS.

Desestimación da solicitude de designar representante do Colexio no Concurso de Ideas da praza Bugallal do Concello de Ponteareas

Posted by / 13 febrero 2018 / Categories: Alegacións, COAGactua / 0 Comments

O Colexio adoptou o acordo de desestimar a solicitude do alcalde de Ponteareas de designar un representante do COAG como membro do xurado no Concurso de ideas, con intervención de xurado, para a selección dunha proposta urbanística sobre a praza de Bugallal, por discrepar coa modalidade de concurso restrinxido elixida, e animando a realizar unha convocatoria de concurso aberto.

CONSULTAR DOCUMENTO.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram