Día Mundial da Arquitectura 2019

0
Posted by / 2 octubre 2019 / Categories: Axenda, Campañas COAG, Noticias, Publicada en Portada / 0 Comments

Un ano máis, o primeiro luns de Outubro celebraremos o Día Mundial da Arquitectura. Este ano, a Unión Internacional de Arquitectos (UIA) e o Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE) poñen o foco sobre o desafío decisivo que representa a vivenda… para todas e todos.

As arquitectas e arquitectos en toda España, traballamos colectivamente promovendo numerosas iniciativas en todos os Colexios de Arquitectos e desde o CSCAE, e, sobre todo, no noso día a día, comprometidos co benestar do conxunto da cidadanía.

E particularmente desde o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia este ano queremos dar un paso adiante. E queremos facelo buscando a implicación das institucións locais, as máis achegadas á cidadanía, para que xuntos velemos e traballemos por garantir ese acceso a unha vivenda digna para todas as persoas.

Manifesto con motivo do Día Mundial da Arquitectura

«Arquitectura… vivenda para todos»

Este ano, no Día Mundial da Arquitectura, o luns 7 de outubro, a Unión Internacional de Arquitectos (UIA) e o  Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) poñen o foco sobre o desafío decisivo que representa a vivenda… para todos.

En todo o planeta, máis de mil millóns de persoas viven de xeito precario e sen servizos urbanos e millóns de homes e mulleres, refuxiados e desprazados por conflitos e catástrofes, carecen dun teito de maneira permanente.

En España, a progresiva concentración en torno ás grandes cidades e a falla dun parque residencial asequible están encarecendo o prezo da vivenda. Esto dificulta que xóvenes e familias poidan acceder a unha vivenda que resposte ás súas necesidades de forma digna e axeitada, mentres que o mundo rural, tan presente en Galicia, sofre o fenómeno da despoboación. Os cambios acelerados que vivimos, a urxencia de afrontar a emerxencia climática, reducindo o consumo enerxético dos fogares e a necesidade de adecualos ós modos de vida e traballo actuais e ós requirimentos dunha poboación cada vez máis envellecida amosan un parque de vivendas que require unha transformación xeneralizada e urxente.

Os arquitectos diriximos os nosos esforzos a contribuir na resposta colectiva que esixen estes retos.

Fronte ó prezo inasequible da vivenda, aportamos solucións arquitectónicas eficientes, novedosas e transversais e estratexias urbanas e territoriais que reequilibren a oferta e a demanda a medio e longo prazo.

Contra a despoboación, proporcionamos planeamento urbano e estratéxico de diferentes escalas e accións de consolidación e renovación urbana en cada concello. E impulsamos e contribuímos á renovación e adecuación do parque de vivendas edificado para garantir a súa calidade e para que atenda a unhas necesidades habitacionais actuais e futuras moi diferentes das que existían cando se construíu.

Por todo isto, os arquitectos en toda España, traballamos colectivamente promovendo numerosas iniciativas en todos os Colexios de Arquitectos e desde o CSCAE, e, sobre todo, no noso día a día, comprometidos co benestar do conxunto da cidadanía.

E particularmente desde o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia este ano queremos dar un paso adiante. E queremos facelo da man das institucións locais, as máis achegadas á cidadanía, para que xuntos velemos e traballemos por garantir ese acceso a unha vivenda digna para todas as persoas.

Porque no  propio desenvolvemento da nosa profesión, son moitas as veces nas que somos  testigo de cómo moitas familias viven en situacións infrahumanas. Vivendas sen auga quente nas que residen persoas maiores e con baixos recursos, outras que carecen de sistema de calefacción ou aillamento mínimo  e onde residen familias con varios menores ó cargo, centos de casuísticas que nos alarman, preocupan e comprometen. Son vivendas que carecen das condicións mínimas de habitabilidade, de seguridade e incluso de estabilidade. Infravivendas que no noso territorio, son miles.

Por iso o COAG no seu compromiso coa sociedade, cree preciso impulsar a posta en marcha dunha canle de comunicación directa entre o noso colectivo e os concellos, para poder alertar daquelas situacións de infravivenda e de condicións infrahumanas que poidamos detectar. Unha información que entendemos permitirá un mellor seguimento destas situacións por parte dos servizos sociais dos concellos e unha mellor planificación tamén das políticas de vivenda, priorizando as axudas da administración que para tal fin se poidan artellar e garantir así unha vida digna para as familias e persoas máis vulnerables dos seus municipios.

Damos ese paso a diante, porque estamos convencidas e convencidos de que traballar para que calquera persoa desfrute do acceso a unha vivenda digna e axeitada, integrada nun entorno construído e medioambiental de calidade, da sentido ó noso traballo e  a nosa profesión.

Construamos unha canle coa sociedade.

Construamos dignidade e dereitos.

Construamos vivendas para todos.

Indícanse de seguido os actos previstos para este evento:

Delegación de A Coruña

DELEGACIÓN DE A CORUÑA:

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia inaugurará a exposición de debuxos “Mirar!!!” do arquitecto Pablo Tomé, con motivo do Día Mundial da Arquitectura. O acto celebrarase o xoves, 10 de outubro, ás 20:00 horas, na sala de exposicións da delegación coruñesa (rúa Federico Tapia 64, baixo). Contará coa presenza de Pablo Tomé e as intervención dos arquitectos José Antonio Franco Taboada e Antonia Pérez Naya. A mostra estará aberta ao público ata o 21 de novembro.

A mostra está composta por 24 debuxos, en tamaño DIN A3, realizados neste último ano, a lapis, carboncillo, rotulador e acuarela sobre papel. Segundo Pablo Tomé, que foi profesor de debuxo da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), a exposición é unha chamada de atención cara a paisaxe diaria, que conforma “unha analoxía cos carretes de fotos da era analóxica coa que crecemos e nos formamos”. Ademais, o arquitecto sinala que a exposición é para “pararse e despois ver mentres debuxamos”.

Delegación de Lugo

DELEGACIÓN DE LUGO

TEMA.- Propostas do plan LIFE Lugo + Biodinámico e outras iniciativas históricas de vivenda social

Para conmemorar o Día Mundial da Arquitectura, a Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos, en colaboración co Concello de Lugo, recolle as propostas que desde o Concello se fan dentro do plan LIFE Lugo + Biodinámico, ademais de enlazar estas ideas con algún outro bo exemplo que hai na cidade doutras iniciativas históricas de vivenda social. Representantes da delegación sinalan que a revisión destas propostas, realizadas no século pasado, supoñen un axeitado punto de partida para coñecer as novas propostas habitacionais formuladas para o futuro máis inmediato da cidade de Lugo. Polo significado na consolidación da cidade de Lugo escolléronse as seguintes iniciativas:

  • Conjunto Montirón Hermanos Pedrosa e Francisco Norte (1948). O grupo de vivendas máis emblemático da zona, o chamado “Hermanos Pedrosa-Francisco Norte”, foi construído na posguerra pola Organización Sindical para a “xente necesitada”. Na actualidade, e segundo o vixente PXOM, constitúe un elemento catalogado de protección ambiental.
  • Polígono Sagrado Corazón (1969). O polígono edificouse na segunda metade do século XX, acolléndose aos beneficios de vivendas de renda limitada e promocionadas pola extinta Caja de Galicia. Ademais das construcións destinadas exclusivamente a usos dotacionais (colexio, igrexa…), os edificios agrúpanse en cinco tipos diferenciados de bloques de vivendas. A tipoloxía é aberta. Foi declarada Área de Rehabilitación Integral (ARI) en xullo de 2007.
  • Barrio Multiecolóxico da cidade de Lugo. Aínda coa data sen confirmar, celebrarase unha presentación na delegación colexial (rúa Puro Cora Xornalistas, 1) do novo barrio Multiecolóxico, un dos eixos do LIFE Lugo + Biodinámico, situado na zona da Garaballa, a cargo do seu equipo redactor.
Delegación de Ourense

DELEGACIÓN DE OURENSE:

Con motivo do Día Mundial da Arquitectura que terá lugar o luns 7 de outubro, a Delegación de Ourense celebrará unha Mesa Redonda no Liceo de Ourense ás 19,00 horas, sobre «A Estación Intermodal: Futuro de Ourense».

Trataremos de debater sobre esta importante infraestrutura coa fin da acadar a mellor arquitectura posible para os cidadáns.

Ponentes: Rafael Castro Armesto, Xosé Carlos Fernández Díaz, Alberto de Paula Prieto.

 

Delegación de Pontevedra

DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA:

O víndeiro luns 7 de outubro ás 17:00h no entorno das vivendas sociais de San Antoniño (rúa Altamira), obra dos arquitectos José

Antonio Corrales e Joaquín Basilio Bas, procederemos á lectura dun manifesto en defensa do dereito ó acceso a unha vivenda para todas as persoas. Escrito que enviaremos a todos os concellos que forman parte da nosa Delegación para que xuntos conquiramos frear a proliferación de infravivendas no noso territorio así como detectar condicións de inhabitabilidade que fagan preciso a actuación dos servizos sociais e a posta a disposición de axudas para a mellora das vivendas.

Así mesmo e co fin de reflexionar sobre o modo no que as arquitectas e arquitectos contribuimos, desde o deseño, o uso dos materiais e a evolución tipolóxica a crear vivendas máis eficientes e sostibles, desenvolveremos tres conferencias durante o mes de outubro que contará coa presencia dos seguintes estudios de carácter nacional e internacional:

Mércores 9 de outubro – 19:30 h:

Conferencia do arquitecto portugués José Guedes Cruz, coa presentación entre outros do singular proxecto de Complexo Social de vivendas para maiores en Alcabideche. No Salón de Actos do VI Edificio do Museo de Pontevedra.

 

Mércores 23 de outubro – 20:00 h: 

Conferencia do estudio madrileño Canals Moneo arquitectos, coa presentación de varios proxectos de VPO como o de Augas Vivas en Guadalajara, o proxecto de ideas como equipo seleccionado para o Urban Living en Berlín, e os proxectos en execución en Madrid para a EMV. No salón de Actos do VI Edificio do Museo de Pontevedra.

Mércores 30 de outubro – 20:00 h:

Conferencia da arquitecta Blanca Lleó Fernández, coa presentación de edificios emblemáticos do skyline madrileño como o edificio Celosía e Mirador, realizados en colaboración co estudio holandés MVRDV así como dun edificio de vivendas de aluguer para xóvenes en Barcelona, entre outras obras. No salón de Actos do VI Edificio do Museo de Pontevedra.

 

 

NOTA: Para poder acceder ás conferencias con praza reservada é preciso enviar un mail a

xd.pontevedra@coag.es

Delegación de Santiago

DELEGACIÓN DE SANTIAGO:

Xoves 17 de outubro, 19:00 h. MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS: Mesa redonda «Vivenda para todos»

Con motivo da efeméride, a Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de organizará o xoves, 17 de outubro, unha mesa redonda titulada “Vivenda para todos”.

A mesa estará moderada polo profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela, D. Antón Losada, o debate contará coas intervencións da arquitecta de EMUVISA e exconcelleira do Concello de Ourense, Dona Áurea Soto; o exconcelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais de Santiago, D. Jorge Duarte, que tamén foi hai uns anos decano do Colexio de Arquitectos de Galicia; D. Javier Garrido, presidente da Asociación de Promotores Inmobiliarios de la Provincia de Pontevedra (APROIN); e o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), D. Heriberto García Porto.

Delegación de Ferrol

DELEGACIÓN DE FERROL:

A Delegación de Ferrol do Colexio de Arquitectos de Galicia organizará no Día Mundial da Arquitectura diversas actividades:

  • Xoves 10 de outubro – 19:30 h. na sede da delegación (avenida de Esteiro, 129, baixo)
  • Proxección de dous documetais e debate posterior sobre os diferentes modos de habitar.Co fin de reflexionar sobre os distintos modos de habitar que existen e ás solucións que a arquitectura pode facilitar, coa colaboración de Radio Televisión Española (RTVE) e a Fundación Arquia, proxectaranse os seguintes documentais:
    • Maneras de vivirA través de este capítulo de Escala Humana de RTVE, e gracias a súa colaboración, coñeceremos diferentes xeitos de entender a vida cotiá e a vida social e como axuda a arquitectura a manter o equilibrio entre a liberdade individual e o interese común, todo ello a través da vida no Walden 7, un edificio mutante que é froito das preocupacións utópicas dos anos 70, a entrevista coa arquitecta Anna Puigjaner, que nos contará como a arquitectura pode facilitar formas de vivir alternativas.  Coñeceremos casas cooperativas, construídas colectivamente, e despois de visitar unha mini casa de poucos metros cadrados, descubriremos que o tamaño non importa atopar unha casa para nós.

      Microtopia. Otras formas de habitar

      A Fundación Arquia, poñe a nosa disposición este documental do cineasta sueco Jesper Wachtsmeicher, onde se analiza a tendencia á miniaturización e á eficiencia doméstica a través de entrevistas con diferentes autores de todo o mundo que afrontan este reto con enfoques moi diferentes. Praias, illas artificiais, desertos, torres de vixilancia, covas, monumentos ou incluso o espazo virtual de Internet conforman un panorama de asentamentos e experiencias radicais, aventuras que se cuestionan sobre formas alternativas de reorganizar e ocupar o noso entorno ou establecer un alcance para a reflexión, en palabras dos seus protagonistas, «a idea de que é unha casa ou o que debería ser”

  • Venres 11 de outubro – De 10:00 a 13:30 h. no Colexio Valle Inclán de Ferrol (Estrada de Xoane 170 – 172).
  • Taller creativo cos alumnos de 3º a 6º de primaria do Colexio Valle Inclán de Ferrol

    A xornada desenvolverase en dous grupos (Grupo 1 de 10 a 11:30 horas; Grupo 2 de 12 a 13:30 horas). En primeiro lugar celebrarase unha charla dirixida aos alumnos, titulada “Vivenda. Vivir e habitar”, para a continuación comezar co taller no que, utilizando como material base o barro branco, cada alumno modelará o seu propio deseño de vivenda. Para finalizar o obradoiro e como conclusión final, configurarase un barrio con todas as maquetas, que servirá para reflexionar sobre o espazo urbano.


Día Mundial de la Arquitectura 2019

Un año más, el primer lunes de Octubre celebraremos el Día Mundial de la Arquitectura. Este año, la Unión Internacional de Arquitectos ( UIA) y el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España ( CSCAE) ponen el foco sobre el desafío decisivo que representa la vivienda… para todas y todos.

Las arquitectas y arquitectos en toda España, trabajamos colectivamente promoviendo numerosas iniciativas en todos los Colegios de Arquitectos y desde el CSCAE, y, sobre todo, en nuestro día a día, comprometidos con el bienestar del conjunto de la ciudadanía.

Y particularmente desde el Colexo Oficial de Arquitectos de Galicia este año queremos dar un paso adelante. Y queremos hacerlo buscando la implicación de las instituciones locales, las más cercanas a la ciudadanía, para que juntos velemos y trabajemos por garantizar ese acceso a una vivienda digna para todas las personas.

Manifiesto con motivo del Día Mundial de la Arquitectura

Arquitectura… vivienda para todos

Este año, en el Día Mundial de la Arquitectura, el lunes 7 de octubre, la Unión Internacional de Arquitectos (UIA) y el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE) ponen el foco sobre el desafío decisivo que representa la vivienda… para todos.

En todo el planeta, más de mil millones de personas viven de manera precaria y sin servicios urbanos y millones de hombres y mujeres, refugiados y desplazados por conflictos y catástrofes, carecen de un techo de manera permanente.

En España, la progresiva concentración en torno a las grandes ciudades y la falta de un parque residencial asequible están encareciendo el precio de la vivienda. Esto dificulta que jóvenes y familias puedan acceder a una vivienda que responda a sus necesidades de forma digna e idónea, mientras que el mundo rural, tan presente en Galicia, sufre el fenómeno de la despoblación. Los cambios acelerados que vivimos, la urgencia de afrontar la emergencia climática, reduciendo el consumo energético de los hogares y la necesidad de adecuarlos a los modos de vida y trabajo actuales y a los requerimientos de una población cada vez más envejecida muestran un parque de viviendas que requiere una transformación generalizada y urgente.

Los arquitectos dirigimos nuestros esfuerzos a contribuir en la respuesta colectiva que exigen estos retos.

Frente al precio inasequible de la vivienda, aportamos soluciones arquitectónicas eficientes, novedosas y transversales y estrategias urbanas y territoriales que reequilibren la oferta y la demanda a medio y largo plazo.

Contra la despoblación, proporcionamos planeamiento urbano y estratégico de diferentes escalas y acciones de consolidación y renovación urbana en cada ayuntamiento. E impulsamos y contribuimos a la renovación y adecuación del parque de viviendas edificado para garantizar su calidad y para que atienda a unas necesidades habitacionales actuales y futuras muy diferentes de las que existían cuando se construyó.

Por todo esto, los arquitectos en toda España, trabajamos colectivamente promoviendo numerosas iniciativas en todos los Colegios de Arquitectos y desde el CSCAE, y, sobre todo, en nuestro día a día, comprometidos con el bienestar del conjunto de la ciudadanía.

Y particularmente desde el Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia este año queremos dar un paso adelante. Y queremos hacerlo de la mano de las instituciones locales, las más cercanas a la ciudadanía, para que juntos velemos y trabajemos por garantizar ese acceso a una vivienda digna para todas las personas.

Porque en el propio desarrollo de nuestra profesión, son muchas las veces en las que somos testigos de cómo muchas familias viven en situaciones infrahumanas. Viviendas sin agua caliente en las que residen personas mayores y con bajos recursos, otras que carecen de sistema de calefacción o aislamiento mínimo y donde residen familias con varios menores a cargo, cientos de casuísticas que nos alarman, preocupan y comprometen. Son viviendas que carecen de las condiciones mínimas de habitabilidad, de seguridad e incluso de estabilidad. Infraviviendas que en nuestro territorio, son miles.

Por eso el COAG en su compromiso con la sociedad, cree preciso impulsar la puesta en marcha de un canal de comunicación directa entre nuestro colectivo y los ayuntamientos, para poder alertar de aquellas situaciones de infravivienda y de condiciones infrahumanas que podamos detectar. Una información que entendemos permitirá un mejor seguimiento de estas situaciones por parte de los servicios sociales de los ayuntamientos y una mejor planificación también de las políticas de vivienda, priorizando las ayudas de la administración que para tal fin se puedan articular y garantizar así una vida digna para las familias y personas más vulnerables de sus municipios.

Damos ese paso adelante, porque estamos convencidas y convencidos de que trabajar para que cualquier persona disfrute del acceso a una vivienda digna e idónea, integrada en un entorno construido y medioambiental de calidad, da sentido a nuestro trabajo y a nuestra profesión.

Construyamos un canal con la sociedad.

Construyamos dignidad y derechos.

Construyamos viviendas para todos.

Se indican a continuación los actos previstos para este evento:

Delegación de A Coruña

DELEGACIÓN DE A CORUÑA

La Delegación de A Coruña del Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia inaugurará la exposición de dibujos “Mirar!!!” del arquitecto Pablo Tomé, con motivo del Día Mundial de la Arquitectura. El acto se celebrará el jueves, 10 de octubre, a las 20:00 horas, en la sala de exposiciones de la delegación coruñesa (calle Federico Tapia 64, baixo). Contará con la presencia de Pablo Tomé y la intervencion de los arquitectos José Antonio Franco Taboada y Antonia Pérez Naya. La muestra estará abierta al público hasta el 21 de noviembre.

La muestra está compuesta por 24 dibujos, en tamaño DIN A3, realizados en este último año, a lápiz, carboncillo, rotulador y acuarela sobre papel. Según Pablo Tomé, que fue profesor de dibujo de la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña (ETSAC), la exposición es una llamada de atención hacia el paisaje diario, que conforma “ua analogía con los carretes de fotos de la era analógica con la que crecimos y nos formamos”. Ademáis, el arquitecto señala que la exposición es para “pararse y después ver mientras dibujamos”.

Delegación de Lugo

DELEGACIÓN DE LUGO

TEMA.- Propuestas del plan LIFE Lugo + Biodinámico y otras iniciativas históricas de vivienda social

Para conmemorar el Día Mundial de la Arquitectura, la Delegación de Lugo del Colexio de Arquitectos, en colaboración con el Ayuntamiento de Lugo, recoge las propuestas que desde el Ayuntamiento se hacen dentro del plan LIFE Lugo + Biodinámico, además de enlazar estas ideas con algún otro buen ejemplo que hay en la ciudad de otras iniciativas históricas de vivienda social. Representantes de la delegación señalan que la revisión de estas propuestas, realizadas en el siglo pasado, suponen un acertado punto de partida para conocer las nuevas propuestas habitacionales formuladas para el futuro más inmediato de la ciudad de Lugo. Por el significado en la consolidación de la ciudad de Lugo se escogieron las siguientes iniciativas:

  • Conjunto Montirón Hermanos Pedrosa y Francisco Norte (1948). El grupo de viviendas más emblemático de la zona, el llamado “Hermanos Pedrosa-Francisco Norte”, fue construído en la posguerra por la Organización Sindical para la “gente necesitada”. En la actualidad, y según el vigente PXOM, constituye un elemento catalogado de protección ambiental.
  • Polígono Sagrado Corazón (1969). El polígono se edificó en la segunda mitad del siglo XX, acogiéndose a los beneficios de viviendas de renta limitada y promocionadas por la extinta Caja de Galicia. Además de las construciones destinadas exclusivamente a usos dotacionales (colegio, iglesia…), los edificios se agrupan en cinco tipos diferenciados de bloques de viviendas. La tipología es abierta. Fué declarada Área de Rehabilitación Integral (ARI) en julio de 2007.
  • Barrio Multiecológico de la ciudad de Lugo. Aún con la fecha sin confirmar, se celebrará una presentación en la delegación colegial (rúa Puro Cora Xornalistas, 1) del nuevo barrio Multiecológico, uno de los ejes del LIFE Lugo + Biodinámico, situado en la zona de la Garaballa, a cargo de su equipo redactor.
Delegación de Ourense

DELEGACIÓN DE OURENSE:

Con motivo del Día Mundial de la Arquitectura que tendrá lugar el lunes 7 de octubre, la Delegación de Ourense celebrará una Mesa Redonda en el Liceo de Ourense a las 19,00 horas, sobre «La Estación Intermodal: Futuro de Ourense».

Trataremos de debatir sobre esta importante infraestructura con el fin da alcanzar la mejor arquitectura posible para los ciudadanos.

Ponentes: Rafael Castro Armesto, Xosé Carlos Fernández Díaz, Alberto de Paula Prieto.

Delegación de Pontevedra

DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA:

El próximo lunes 7 de octubre a las 17:00 h en el entorno de las viviendas sociales de San Antoniño (calle Altamira), obra de los arquitectos José Antonio Corrales y Joaquín Basilio Bas, procederemos a la lectura de un manifiesto en defensa del derecho al acceso a una vivienda para todas las personas. Escrito que enviaremos a todos los ayuntamientos que forman parte de nuestra Delegación para que juntos consigamos frenar la proliferación de infraviviendas en nuestro territorio así como detectar condiciones de inhabitabilidade que hagan preciso la actuación de los servicios sociales y la puesta la disposición de ayudas para la mejora de las viviendas.

 

Asimismo y con el fin de reflexionar sobre el modo en el que las arquitectas y arquitectos contribuimos, desde el diseño, el uso de los materiales y la evolución tipológica a crear viviendas más eficientes y sostenibles, desarrollaremos tres conferencias durante el mes de octubre que contarán con la presencia de los siguientes estudios de carácter nacional e internacional:

 

Miércoles 9 de octubre – 19:30 h:

 

Conferencia del arquitecto portugués José Guedes Cruz, con la presentación entre otros del singular proyecto de Complejo Social de viviendas para mayores en Alcabideche. En el Salón de Actos del VI Edificio del Museo de Pontevedra.

 

Miércoles 23 de octubre – 20:00 h:

 

Conferencia del estudio madrileño Canals Moneo arquitectos, con la presentación de varios proyectos de  VPO como el de Aguas Vivas en Guadalajara, el proyecto de ideas como equipo seleccionado para el Urban Living en Berlín, y los proyectos en ejecución en Madrid para la EMV. En el salón de Actos del VI Edificio del Museo de Pontevedra.

 

Miércoles 30 de octubre – 20:00 h:

 

Conferencia de la arquitecta Blanca  Lleó Fernández, con la presentación de edificios emblemáticos del skyline madrileño como el edificio Celosía y Mirador, realizados en colaboración con el estudio holandés MVRDV así como de un edificio de viviendas de alquiler para xóvenes en Barcelona, entre otras obras. En el salón de Actos del VI Edificio del Museo de Pontevedra.

 

NOTA: Para poder acceder a las conferencias con plaza reservada es preciso enviar un mail  a xd.pontevedra@coag.es
Delegación de Santiago

Jueves 17 de octubre, 19:00 h. MUSEO DE LAS PEREGRINACIONES: Mesa redonda «Vivienda para todos»

Con motivo de la efeméride, la Delegación de Santiago del Colegio de Arquitectos organizará el jueves, 17 de octubre, una mesa redonda titulada “Vivienda para todos”.

La mesa estará moderada por el profesor de Ciencias Políticas de la Universidad de Santiago de Compostela, D. Antón Losada, el debate contará con las intervenciones de la arquitecta de EMUVISA y exconcelleira del Ayuntamiento de Ourense, Dña. Áurea Soto; el exconcelleiro de Espacios Ciudadanos, Derecho a la Vivienda, Movilidad y Relaciones Vecinales de Santiago, D. Jorge Duarte, que también fue hace unos años decano del Colegio de Arquitectos de Galicia; D. Javier Garrido, presidente de la Asociación de Promotores Inmobiliarios de la Provincia de Pontevedra ( APROIN); y el director general del Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), D. Heriberto García Porto.

Delegación de Ferrol

DELEGACIÓN DE FERROL:

La Delegación de Ferrol del Colexio de Arquitectos de Galicia organizará en el Día Mundial de la Arquitectura diversas actividades:

  • Jueves 10 de octubre – 19:30 h. en la sede de la delegación (avenida de Esteiro, 129, bajo)

Proxección de dous documetais e posterior debate sobre as diferentes formas de vivir.

Proyección de dos documentales y posterior discusión sobre las diferentes formas de vida.

Para reflexionar sobre las diferentes formas de vida que existen y las soluciones que la arquitectura puede proporcionar, con la colaboración de Radio Televisión Española (RTVE) y la Fundación Arquia, se proyectarán los siguientes documentales:

Maneras de vivir

A través de este capítulo de la Escala Humana de RTVE, y gracias a su colaboración, aprenderemos sobre diferentes formas de entender la vida cotidiana y la vida social y cómo la arquitectura ayuda a mantener el equilibrio entre la libertad individual y el interés común, a través de la vida en el Walden 7, un edificio mutante que es el resultado de las preocupaciones utópicas de la década de 1970, la entrevista a la arquitecta Anna Puigjaner, quien nos dirá cómo la arquitectura puede facilitar formas alternativas de vida. Conoceremos casas cooperativas, construidas colectivamente, y después de visitar una mini casa de unos pocos metros cuadrados, descubriremos que el tamaño no importa si encontramos una casa para nosotros.

Microtopia  Otras formas de habitar

 La Fundación Arquia, pone a nuestra disposición este documental del cineasta sueco Jesper Wachtsmeicher, que analiza la tendencia a la miniaturización y la eficiencia doméstica a través de entrevistas con diferentes autores de todo el mundo que enfrentan este desafío con enfoques muy diferentes. Playas, islas artificiales, desiertos, torres de vigilancia, cuevas, monumentos o incluso el espacio virtual de Internet conforman un panorama de asentamientos y experiencias radicales, aventuras que cuestionan formas alternativas de reorganizar y ocupar nuestro entorno o establecer un alcance para  reflexión, en palabras de sus protagonistas, «la idea de que es una casa o lo que debería ser»

  • Viernes 11 de octubre – De 10:00 a 13:30 h. Colegio Valle Inclán de Ferrol (Estrada de Xoane 170 – 172).

Taller creativo con los alumnos de 3º a 6º de primaria del Colegio Valle Inclán de Ferrol

La jornada se desarrollará en dos grupos (Grupo 1 de 10 a 11:30 horas; Grupo 2 de 12 a 13:30 horas). En primer lugar se celebrará una charla dirigida a los alumnos, titulada “Vivienda. Vivir y habitar”, para a continuación comenzar con el taller en el que, utilizando como material base el barro blanco, cada alumno modelará su propio diseño de vivienda. Para finalizar el taller y como conclusión final, se configurará un barrio con todas las maquetas, que servirá para reflexionar sobre el espacio urbano.

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información sobre protección de datos

​Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidad: Controlar spam, gestión de comentarios.Legitimación: Consentimiento del interesado/a. Destinatarios: Se comunicarán los datos a los destinatarios legalmente previstos y a encargados del tratamento del COAG. Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar o suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en

http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=1&lang=es

Nuestra política de privacidad está disponible en: http://portal.coag.es/aviso-legal

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram