Curso de verán “Paisaxes en produción”

Posted by / 30 mayo 2018 / Categories: Axenda, Formación / 0 Comments

Entre o 11 e o 14 de xullo, dentro do programa “Universidade de verán” da Universidade de Santiago, celebrarase en Allariz este curso con profesores recoñecidos como María Goula, Ricard Pié, Albert Cuchí e David Chipperfield.

OBXECTIVOS XERAIS

O curso plantexa imaxinar estratexias de activación da economía local centradas na xestión dos recursos ambientais, a administración da dispoñibilidade das terras, a dinamización do patrimonio arqueolóxico, a reflexión sobre novas morfoloxías e a organización dos fluxos de auga e enerxía no medio. As diferentes temáticas quedan relacionadas na percepción da Paisaxe que xeneran e que as acolle, capaz de articular e por en valor os bens ecolóxicos, productivos e culturais do lugar.

 Deseñar unha estratexia de activación da economía local centrada na posta en produción do territorio, con especial atención á súa percepción como paisaxe.

  • Presentar o novo grao de paisaxe (USC, UDC) que comezará no curso 2018-19
  • Establecer un diálogo entre profesores e productores locais (leite, horta, cervexa, …) para analizar entre todos demandas, necesidades e retos na economía rural.
  • Establecer pautas de xestión municipal dos seus recursos ambientais, con especial atención á erradicación dos incendios forestais.
  • Crear un modelo de banco de terras municipais que poda ser xestionado dende a administración local.
  • Redactar normas de aplicación para regular a construción de volumes asociados á manufacturación e elaboración dos recursos agro-gandeiros e silvícolas.
  • Deseñar os principios que poden rexer un plan director que achegue o patrimonio arqueolóxico á poboación local e rexional.
  • Idear formas de xestión das augas de rego, descubrir os fluxos de enerxía no territorio e avanzar no seu uso sustentable.

Información

Datas de celebración: 11, 12, 13 e 14 de xullo (de mércores a sábado)
Dirección: Rubén Camilo Lois González (Catedrático de Análise Xeográfica Rexional, USC)
Secretaría: Marta Somoza Medina (Doutora Arquitecta, Oficina Técnica Municipal Concello de Allariz)
Lugar de celebración: Fogar do Maiores – Concello de Allariz
Nº de horas lectivas: 31
Límite de alumnos: sen límite
Máis información: www.allariz.gal/paisaxes

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram