Novas de

Curso «O INFORME DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS e o novo marco regulador na Lei 1/2019»

Posted by / 27 noviembre 2019 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Edición sur: Pontevedra, 29 e 30 de novembro

A entrada en vigor da Lei 1/2019 de Rehabilitación e de Rexeneración e Renovación urbana de Galicia prové de novo un marco legal para os informes de avaliación de edificios nesta Comunidade Autónoma, despois de que a Sentenza 143/2017, de 14 de decembro de 2017, do Tribunal Constitucional deixaba sen efecto a regulación deste documento por carecer de referencia legal Autonómica.
Este curso abordará, nunha primeira parte, os aspectos xerais do informe (marco legal, contido, obrigacións), e profundarase a continuación, desde un enfoque práctico, sobre cada unha das tres materias que son obxecto de avaliación: o estado de conservación, a accesibilidade e a eficiencia enerxética. Continuar lendo →

Visita á obra da estación VIALIA de THOM MAYNE_VIGO

A Delegación de Vigo do COAG organiza unha visita guiada ás obras do edificio da estación VIALIA de THOM MAYNE, que terá lugar o próximo martes día 5 de novembro, ás 10:00 da mañá.
Continuar lendo →

Curso Superior de Técnico de Urbanismo COAG | EGAP 2019-2020. Publicación de contidos, ponentes e desenvolvemento do curso

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza novamente este ano, en colaboración coa EGAP, a edición 2019-2020 do Curso Superior de Técnico de Urbanismo. Este curso ten como obxectivo que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do solo. Para ese efecto se parte da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible no ámbito da ordenación do territorio e do urbanismo.

Nos seguintes enlaces está dispoñible a programación do curso, contidos detallados, horarios e relatores, que podería ser obxecto de pequenos axustes e cuxa versión definitiva se publicará coa apertura da matrícula.

Programa curso superior técnico urbanismo 2019-2020_GALEGO

Continuar lendo →

Aberta preinscrición para organizar unha segunda visita ao edificio institucional da Universidade de Vigo no Berbés

A Universidade de Vigo está a construir no Casco Vello unha Sede Institucional e de I+D que ten por obxectivo achegar a Universidade á cidade e contribuir á súa rexeneración. O edificio, deseñado por abalo alonso arquitectos, está construido cunha estrutura de madeira contralaminada que ademáis é o acabado do edificio.

A Delegación de Vigo do COAG organiza, xunto coa Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia, unha visita guiada ao edificio, que terá lugar o próximo venres día 19 de xullo, ás 12:30 da mañá, e na que xa non hai prazas dispoñibles. Á vista da excepcional acollida desta convocatoria, estamos a valorar a posibilidade de organizar unha segunda visita en datas próximas para os colexiados que non dispuxeron de praza na primeira. Continuar lendo →

Xornada técnica de difusión: Visita ao edificio institucional da Universidade de Vigo no Berbés

A Universidade de Vigo está a construir no Casco Vello unha Sede Institucional e de I+D que ten por obxectivo achegar a Universidade á cidade e contribuir á súa rexeneración. O edificio, deseñado por abalo alonso arquitectos, está construido cunha estrutura de madeira contralaminada que ademáis é o acabado do edificio.

A Delegación de Vigo do COAG organiza, xunto coa Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia, unha visita guiada ao edificio, que terá lugar o próximo venres día 19 de xullo, ás 12:30 da mañá.
Continuar lendo →

Aberta matrícula no curso Metodoloxía BIM para arquitectos | Implantación 1: Análise da situación do estudo

Este curso forma parte do itinerario formativo «Metodoloxía BIM para arquitectos. Xestión da implantación nun pequeno estudo de arquitectura», que se propón como unha axuda ao arquitecto na necesaria transición desde un entorno CAD a un entorno de traballo baseado en procesos BIM.

Este primeiro curso ten como finalidade que os alumnos avalíen de forma obxectiva os recursos tanto técnicos como humanos da súa plataforma profesional para poder establecer as súas necesidades particulares.
Valorarase neste apartado a análise de requirimentos internos tanto de hardware, aprendendo a valorar a oferta técnica existente no mercado, como as alternativas de software dispoñibles en función dos parámetros propios de cada alumno. Continuar lendo →

Ampliada a preinscrición no curso de Servidumes e Limitacións sectoriais COAG-EGAP

Durante o próximo mes de maio terá lugar o curso sobre Servidumes e Limitacións sectoriais que se desenvolve no marco do convenio subscrito coa EGAP. Con fin de axustar e adecuar, na maior medida posible, a programación definitiva do curso á demanda e preferencias dos alumnos, vimos de habilitar a preinscrición no curso, que estará dispoñible ata as 23:55 do martes día 16 de abril. Unha vez pechado o prazo para realizar esta preinscrición, e en función da demanda preferente, comunicarémosvos a programación definitiva e publicarase a convocatoria oficial do curso, coa que quedará aberto o prazo de matrícula. Continuar lendo →

Aberta a matrícula do primeiro novo curso do itinerario formativo «Metodoloxía BIM para arquitectos» 2019 e aberta a preinscrición nos seguintes

Este itinerario formativo, que incorpora tres novos cursos, plantéxase como unha axuda ao arquitecto na necesaria transición desde un entorno CAD a un entorno de traballo baseado en procesos BIM, especialmente para pequenos estudos.

Continuar lendo →

Curso | taller de elaboración de proxectos

Continuando coa liña formativa de apoio ao desenvolvemento básico da profesión, este curso plantéxase como unha ferramenta de axuda no proceso de elaboración da documentación que integra o proxecto arquitectónico, baseándose nas metodoloxías actuais e desde un enfoque práctico, e identificando e incidindo nos aspectos máis problemáticos e nos erros que máis habitualmente cometemos.
Continuar lendo →

Curso «Accesibilidade na edificación e no espazo público»

Ferrol, viernes 22 de marzo

O obxectivo de este curso é ofrecer aos alumnos, a través dun enfoque práctico, unha visión global da filosofía e das esixencias en materia de accesibilidade nos diferentes ámbitos: desde a escala urbana e as intervencións no espazo público hasta a escala da edificación, tanto en obra nova como na súa aplicación ás intervencións en edificacións existentes. Para iso, analizarase  o marco legal, a súa compatibilidade coa protección do patrimonio e limitacións técnicas, a esixibilidade das condicións básicas e os axustes razoables de espazos e edificacións no marco do RDL 1/2013 sobre os dereitos de persoas con discapacidade e a súa inclusión social e a nova regulación dos informes de avaliación de edificios (e das condicións de accesibilidade) no marco da próxima Lei de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación urbana de Galicia.  Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram