Novas de

C.A.E. – estudo sobre a profesión de arquitecto

Posted by / 21 junio 2016 / Categories: coag, CSCAE / Tags: , , / 1 Comment

O Consello de Arquitectos de Europa (CAE), está a levar a cabo o seu quinto estudo sobre a profesión de arquitecto. Estes estudos realízanse cada dous anos e permiten facer un seguimento da transformación que sofre a profesión á luz das cambiantes circunstancias económicas. Para a realización do mesmo, é necesario solicitar información da profesión de arquitecto en todos os países europeos e en todas as actividades. Por iso, o CAE solicita información sobre o estudo de arquitectura e o xefe do estudo, ademais de coñecer as opinións deste último. A información tratarase de maneira confidencial e só utilizarase para fins estadísticos.

Continuar lendo →

PREMIOS «GRANDEAREA» 2016

As Delegacións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de Ourense, Pontevedra e Vigo convocan os Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS, PROMOTORES, CONSTRUTORES E APARELLADORES pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.

Poden optar aos Premios todos os arquitectos colexiados, con proxectos redactados ou obras finalizadas, nas Provincias de Ourense e Pontevedra, ata o día último de presentación válida desta edición, e que non foran presentadas en edicións anteriores deste mesmo Premio.

Continuar lendo →

CONFERENCIA DE FERNANDO AGRASAR SOBRE BRASILIA

Posted by / 17 junio 2016 / Categories: coag / Tags: , / 0 Comments

Data: martes día 21 de xuño ás 20:00 horas

Lugar: Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes, Praza Pintor Álvarez Sotomayor, 1-A Coruña

Conferencia: “Brasilia: o soño moderno”

Impartida por:  D. Fernando Agrasar Quiroga, Dr. arquitecto Profesor Titular do Departamento de Composición Arquitectónica e Director da E.T.S.A da UDC.

Continuar lendo →

Cursos de Marketing – AulaDOMUS

Posted by / 13 junio 2016 / Categories: coag, Cursos / Tags: , / 0 Comments

Duración: 12 horas

3 sesións de 4 horas .

O rexistro pode ser feito en conxunto ou individualmente .

Datas e lugares de celebración :

  • Pontevedra, 13, 20 e 27 de xuño de 2016 .
    Luns 16 h: 00 a 20h : 00
    Lugar : Sede AFUNDACIÓN. Augusto González Besada No. 2.
    Acceso a matrícula dos 3 cursos

Continuar lendo →

Oferta de Emprego en Ourense

Posted by / 6 junio 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Estudo de Arquitectura en Ourense solicita:

Arquitect@ recentemente titulad@ para contratación mediante BECA FEUGA

Continuar lendo →

Oferta de emprego

Posted by / 6 junio 2016 / Categories: coag, Emprego / Tags: , / 0 Comments

Urbansimulations contrata arquitectos para visualización 3D.

Buscamos dous perfís:

Arquitectos con coñecementos basicos de 3dsmax e queiran mellorar a súa formación;

Arquitectos con coñecementos moi avanzados de 3dsmax, vray e after effects para desenvolvemento máis directo dos proxectos.

En ambos os casos deben ser arquitectos ou estudantes de arquitectura de segundo ciclo, menores de 30 anos.

Continuar lendo →

III CONGRESO DE EDIFICIOS DE ENERXÍA CASE NULA

Posted by / 2 junio 2016 / Categories: coag, CSCAE / Tags: / 0 Comments

Os próximos días 21 e 22 de xuño, celebrarase o III CONGRESO DE EDIFICIOS DE ENERXÍA CASE NULA, Foro de encontro profesional que abordará o estado actual dos Edificios de Alta Eficiencia e as implicacións que representan para o sector da edificación, a construción, a arquitectura e os servizos relacionados coa adopción total das Directivas europeas relativas á Eficiencia Enerxética dos Edificios.

Continuar lendo →

CURSO INTENSIVO DE DESEÑO ARQUITECTONICO BIM CON REVIT

Posted by / 31 mayo 2016 / Categories: coag, Concursos / Tags: / 0 Comments

Curso orientado a estudantes e profesionais do sector da construción, arquitectura, enxeñaría e deseño de interiores, interesados en coñecer o proceso de elaboración dun proxecto de execución de espazos arquitectónicos co software Revit Architecture de AUTODESK.

Continuar lendo →

Congreso sobre o presente e futuro do urbanismo español.

Posted by / 26 mayo 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística informa sobre a realización do Congreso Presente e Futuro do Urbanismo español que se celebrará na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela os videiros días 6 e 7 de xuño de 2016, no que intervirán relatores de recoñecido prestixio no ámbito do urbanismo.

Continuar lendo →

Apertura do trámite de presentación de propostas de candidaturas aos Premios de arquitectura e rehabilitación 2016.

Posted by / 16 mayo 2016 / Categories: coag, Cultura, Premios / Tags: , , / 0 Comments

Como se indicaba na circular 15/2016, a Xunta de Goberno na súa sesión 05/2016 de 3 de maio acordou abrir un procedemento previo para que os colexiados que estean interesados en participar poidan presentar as súas obras a ditos premios, para que posteriormente, a Xunta de Goberno colexial poda facer a revisión e selección previa por cada categoría, e poda elevalas como propostas do COAG ás deliberacións do xurado do concurso para optar sos diferentes premios.

Como se indicou na devandita circular, a forma de presentación da documentación das propostas, quedou pendente da concreción coa Xunta de Galicia dos aspectos técnicos que implica este trámite. Resolta esta cuestión, na circular nº 16/2016 se refiren as indicacións relativas á forma de presentación das propostas e demais cuestións de interese sobre este asunto.

Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram