No ano pasado rematou a primeira parte dos traballos de elaboración da Guía de cor e materiais nas doce grandes áreas paisaxísticas do Catálogo das Paisaxes de Galicia, desenvolvidos no marco do convenio asinado co Instituto de Estudos do Territorio para a realización dos mesmos mediante a organización dun concurso. Levouse a cabo un amplísimo traballo de documentación, análise e formulación de conclusións de grande valor, que tomará forma finalmente no deseño, produción, formulación, maquetación e edición dunha Guía de aplicación que faga manexables os resultados deste estudo. Continuar lendo →
Novas de
O día 2 de marzo, o presidente da Delegación do Colexio en Pontevedra presentou ante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estas suxestións.
A Delegación de Santiago de Compostela do COAG, coa colaboración da Fundación Eugenio Granell, organiza as xornadas PÁXINA PAR, nas que un grupo de dez arquitectos contrastará a súa concepción da cidade e do espazo urbán coa dos autores doutras tantas obras literarias, compartindo ao mesmo tempo cos asistentes a diversidade dos seus intereses no momento da lectura.
O COAG convoca unha bolsa de traballo para seleccionar por sorteo a 1 colexiado/a que se encargará de realizar o Certificado de Eficiencia Enerxética (CEE) do edificio da delegación en Vigo do COAG.
Conforme ao procedemento colexial establecido para estes casos, o colexiado/a será designado por sorteo entre os que dentro do prazo establecido manifesten expresamente o seu interese en concurrir a esta convocatoria. Como consecuencia do sorteo establecerase unha orde de prelación para a xestión do encargo.
O prazo límite de inscrición remata ás 23:59 horas do vindeiro luns 6 de marzo.
Data de inicio:21/07/2016
Data de finalización:29/08/2016
O pasado 21 de xullo o COAG interpuxo un recurso de reposición impugnando a licitación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para a contratación do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación integral do edificio administrativo na rúa Benito Corbal de Pontevedra.
Arquivos:
- Recurso COAG (21/07/2016)
- Desestimación Consellería de Infraestruturas e Vivenda (29/08/2016)
Considerando as achegas formuladas dende os grupos de traballo das Delegacións do COAG e dos arquitectos traballadores do COAG, advertindo a diversidade de matices e posicións sobre o mesmo e considerando os reducidos prazos para o estudo dun documento tan complexo e á vez tan importante, compre formular, dende o COAG as suxerencias á redacción do REGULAMENTO DA LEI 2/2016, DO 10 DE FEBREIRO, DO SOLO DE GALICIA que figuran no seguinte documento:
http://www.coag.es/documentos/privado/institucion/actuaciones/rs-se16000079.pdf
Comentarios recientes