Novas de

Normativa e acordos de interese publicados no D.O. de Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP´S provinciais na primeira quincena do mes de outubro de 2017

Posted by / 16 octubre 2017 / Categories: Normativa / 0 Comments

Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese da primeira quincena do mes de outubro de 2017.

Continuar lendo →

Horario da Delegación de Lugo con motivo da semana grande

Posted by / 29 septiembre 2017 / Categories: coag, Delegación Lugo / 0 Comments

Infórmase que, con motivo da semana grande de Lugo, do 2 ao 6 de outubro o horario de atención presencial da Delegación será de 10,00 a 13,00 horas.
Así mesmo, infórmase de que o xoves 5 de outubro é festivo local.

Recurso contra a licitación da redacción do Plan Parcial para o Desenvolvemento da Área de Actuación SU-01 do PXOM de Vilamartín de Valdeorras

Posted by / 29 septiembre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da «licitación para a adxudicación do contrato do servizo de redacción do Plan Parcial para o desenvolvemento da Área de Actuación SU-01 do PXOM de Vilamartín de Valdeorras».

 

Recurso PXOM Vilamartin Valdeorras.

Publicacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Posted by / 11 octubre 2017 / Categories: Publicacións / 0 Comments

O IGVS ven de editar dúas publicacións dirixidas á rehabilitación e á eficiencia enerxética das vivendas, que están dispoñibles para a súa consulta e descarga na web. Continuar lendo →

Consulta a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia

Posted by / 28 septiembre 2017 / Categories: COAGactua, Normativa / 1 Comment

Contestación da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia en relación á consulta do COAG coa interpretación da Disposición Transitoria terceira, parágrafo segundo, da vixente Lei do Solo de Galicia.

CONTESTACIÓN

Licitación e contratación do servizo de asistencia técnico urbanística do Concello de Boqueixón

Posted by / 10 octubre 2017 / Categories: Concursos / 0 Comments

No BOP-A Coruña de 5 de outubro, aparece publicada a Contratación do servizo de asistencia técnico urbanística do Concello de Boqueixón. O prazo de presentación de propostas é de 15 días naturais desde o seguinte a esta publicación. Continuar lendo →

O COAG comparece e constitúese en parte no Procedemento Especial para a Garantía de Unidade de Mercado GUM 16/2017, tramitado pola Sección 6ª da Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Nacional

Posted by / 12 septiembre 2017 / Categories: COAGactua, Personamientos / 0 Comments
O citado procedemento xudicial tramítase como consecuencia da interposición pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia dun recurso contencioso-administrativo especial contra cinco resolucións ditadas polo IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) polas que se desestimaban as solicitudes subvención formuladas por comunidades de propietarios de edificios situados na provincia da Coruña entendendo que existía falta de capacitación técnica do profesional para emitir informe de avaliación de edificio e proxecto de instalación de ascensor que afectaba á estrutura do edificio.

 

O COAG xa é parte tamén en dous procedementos contencioso administrativos ordinarios interpostos polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña contra sendas resolucións do IGVS que rexeitaba as correspondentes subvencións debido a que o informe de avaliación de edificio e proxecto de instalación de ascensor foran elaborados por profesional enxeñeiro técnico industrial (publicado en COAG ACTÚA o 14/06 e o 15/06 de 2017).

El COAG comparece y se constituye en parte en el Procedimiento Especial para la Garantía de Unidad de Mercado GUM 16/2017 tramitado por la Sección 6ª de la Sala de lo Contencioso Administrativo de la Audiencia Nacional

 

El citado procedimiento judicial se tramita como consecuencia de la interposición por la Comisión Nacional de los Mercados y de la Competencia de un recurso contencioso-administrativo especial contra cinco resoluciones dictadas por el IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) por las que se desestimaban las solicitudes de subvención formuladas por comunidades de propietarios de edificios situados en la provincia de A Coruña entendiendo que existía falta de capacitación técnica del profesional para emitir informe de evaluación de edificio y proyecto de instalación de ascensor que afectaba a la estructura del edificio.

 

El COAG ya es parte también en dos procedimientos contencioso administrativos ordinarios interpuestos por el Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña contra sendas resoluciones del IGVS que rechazaba las correspondientes subvenciones debido a que el informe de evaluación de edificio y proxecto de instalación de ascensor fueran elaborados por profesional ingeniero técnico industrial (publicado en COAG ACTÚA el 14/06 y el 15/06 de 2017).

Concello de Oia: licitación de servicio de redacción da adaptación do borrador do PXOM de Oia á nova Lei 2/2016

Posted by / 1 septiembre 2017 / Categories: Emprego, Uncategorised / 0 Comments

O BOP de A Coruña de 7 de agosto, inclúe o anuncio do acordo do Concello de Oia de 22 de xuño de 2017 de convocatoria do procedemento licitatorio para o servizo de redacción da adaptación do borrador de plan xeral de ordenación municipal de Oia á lei 2/2016, por procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, e tramitación ordinaria.

Publicada no DOG de 31 de agosto de 2017. Comezo de cómputo de prazo (30 días naturais). Continuar lendo →

Semana Grande 2017 na Delegación de Pontevedra (14 ao 18 de agosto)

Posted by / 14 agosto 2017 / Categories: Delegación Pontevedra / 0 Comments

Infórmase que, con motivo da semana grande das festas en Pontevedra, o horario de atención na delegación colexial en Pontevedra do 14 ao 18 de agosto (ambos inclusive), tanto presencial como telefonicamente, será de 10:00 a 13:00 horas. Continuar lendo →

Planeamento Urbanístico mes de xullo de 2017

Posted by / 31 julio 2017 / Categories: Normativa, Urbanismo / 0 Comments

Planeamento urbanístico publicado no mes de xullo de 2017 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram