O COAG acordou presentar recurso contencioso administrativo contra a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, Dna. María Francisca Gómez Santos, por delegación da Conselleira (p.d. Orde do 03/03/2016), notificada o día 28 de agosto de 2023, pola que se desestima o Recurso de reposición interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en impugnación da licitación de dita Consellería para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e Servizo de dirección de obras para as obras de Remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na Residencia de Maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONEU” polo procedemento aberto simplificado. (referencia de expediente cps-2023-0007; expediente 10/2023).

En marzo de 2023 o COAG impugnou os pregos, mediante recurso de reposición, no entendemento de que os criterios de adxudicación criterios de adxudicación e a súa valoración infrinxen artigo 145.4 LCSP o no cumprían co mínimo legal de que nos contratos de servicios de...