Novas de

Actualización dos modelos de utilidades COAG

Posted by / 22 mayo 2019 / Categories: Asesoramento, Guía de Redacción / 0 Comments
Tras a importante revisión realizada, aqueles colexiados con alta no servizo de utilidades técnicas (S.3.1), teñen acceso desde hoxe no apartado de MODELOS da área técnica da web colexial, á actualización dos modelos de utilidades para o apoio á redacción de proxecto.

Aberta a matrícula no curso de Servidumes e Limitacións sectoriais COAG-EGAP

Posted by / 9 mayo 2019 / Categories: Cursos, Formación, Uncategorised, Urbanismo / 2 Comments

Este curso sobre Servidumes e Limitacións sectoriais, de 40 horas presenciais, desenvólvese no marco do convenio subscrito coa EGAP, e ten unha puntuación oficial de un punto. Dada a data de publicación no Diario Oficial, e que este curso comeza a vindeira semán, o prazo de matrícula queda limitado a hoxe xoves día 9 e mañá venres 10.

[+ máis información e matrícula]

Continuar lendo →

Apertura da matrícula no curso de Servidumes e Limitacións sectoriais COAG-EGAP

Posted by / 8 mayo 2019 / Categories: Cursos, Formación, Uncategorised, Urbanismo / 0 Comments

Hoxe mércores 8 de maio vense de publicar no DOGA a convocatoria oficial do curso Servidumes e Limitacións sectoriais que se desenvolve no marco do convenio subscrito coa EGAP. Dada esta data de publicación no Diario Oficial, e que o curso comeza a vindeira semán, o prazo de matrícula queda limitado aos días 9 e 10 de maio. Este curso, de 40 horas presenciais, ten unha puntuación oficial de un punto. Mañá xoves día 9 abrirase a matrícula e anunciarase na web do COAG. [+ máis información e programa]

Continuar lendo →

Enquisa sobre tramitación Municipal e Patrimonio

Na súa sesión 3/2019, do 6 de marzo, a Xunta de Goberno aprobou o establecemento dunha enquisa para o seguimento dos expedientes colexiais nos procesos de autorización Municipal e tramitacións en Patrimonio.

O obxectivo desta enquisa é dispoñer de información cuantitativa sobre estes procesos de autorización que permitan ao Colexio levar a cabo accións de mellora perante as diferentes Administracións Públicas. Continuar lendo →

Aberta a matrícula nos cursos «Instalación e mantemento de xardíns e zonas axardinadas para arquitectos» e «Cubertas axardinadas e xardinería vertical para arquitectos»

Posted by / 10 abril 2019 / Categories: Cursos, Formación, Uncategorised, Urbanismo / 0 Comments

Estes dous cursos, de 8 horas de duración cada un, terán lugar en maio na Delegación de Lugo.

Continuar lendo →

Seminario Internacional UNISCAPE EN‐ROUTE

Posted by / 22 marzo 2019 / Categories: Axenda, Cultura, Urbanismo / 1 Comment

Este Seminario, que está coorganizado por UNISCAPE, a Universidade da Coruña e o COAG,  propón unha aproximación multidisciplinar, transversal e converxente que supere as pugnas polo protagonismo institucional e as apropiacións espurias do termo, para axudar a conformar esa necesaria “converxencia de miradas” sobre a paisaxe. Contemplando, ademais dos aspectos territoriais, as dimensións emocionais, afectivas, cognitivas, éticas e estéticas.

Continuar lendo →

Acceso libre para colexiados á plataforma «BIMMate»

Os colexiados/as do COAG xa poden acceder libremente ao contido e aplicacións da plataforma BIMMate. Para darse de alta, deben solicitalo enviando un correo electrónico a info@BIMMate.com, achegando un certificado de colexiación. Continuar lendo →

Aberta matrícula da 3ª edición do curso «Introducción á Metodoloxía BIM para arquitectos»

Posted by / 19 febrero 2019 / Categories: Formación, Uncategorised / 0 Comments

> 45 horas, modalidade semipresencial: 33 horas online + 8 horas presenciais.

> Inicio este vernes 22 de febreiro.

> 40€ subscritos a formación | 50€ non subscritos.

> Aforo limitado.

A través de este curso, o arquitecto podera coñecer as ferramentas dixitais para a elaboración do proxecto arquitectónico nun entorno BIM desde a xeración do anteproxecto, proxecto básico e ata a elaboración do proxecto de execución. Continuar lendo →

Presentación da plataforma «BIMMate»

En virtude do convenio de colaboración que o COAG subscribirá en breve co Colexio Oficial de Arquitectos de Murcia,  BIMMATE, TECNOLOXÍA BIM PARA A ARQUITECTURA E A ENXEÑERÍA SL, facilitarase a todos os colexiados do COAG o acceso gratuíto á plataforma informática BIMMate, a cal ofrece aos profesionais contidos avanzados para o traballo coa tecnoloxía BIM adaptados á normativa española, un blog con técnicas avanzadas para o modelado virtual de edificios, un foro profesional para compartir coñecemento, unha canle de noticias e aplicacións informáticas para a tecnoloxía BIM, como BIMMyP, un xerador de Medicións e Orzamento automático para o modelo BIM dun proxecto, etc.

Neste sentido, celebranse as catro xornadas presenciais no COAG que se indican a continuación, nas que os responsables de BIMmate explicarán o funcionamento, características e recursos dispoñibles nesta plataforma. Aforo limitado, requírese inscrición previa.

Continuar lendo →

Taller para a formación en edificación sustentable. A Coruña. Últimos días de matrícula.

Posted by / 9 noviembre 2018 / Categories: Cursos, Formación / 0 Comments

Últimos días de matrícula.

A Coruña, 22 e 23 de novembro de 2018. Duración total 16h. 

Este taller plantexase co obxectivo de abrir expectativas reais de traballo no campo da edificación sustentable. O curso-taller enfocará ademáis os trámites administrativos e técnicos desenvolvidos en anteriores edicións do PAREER e analizará a maiores a nova convocatoria PAREER II que comezou o día 3 de febreiro. Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram