Novas de

Horario especial na delegación de Santiago e na Sede colexial na semana do 23 ao 27 de xullo

Posted by / 23 julio 2018 / Categories: coag / 0 Comments

Infórmase que a semana do 23 ao 27 de xullo, con motivo da semana grande na cidade de Santiago de Compostela, o horario de atención na Delegación  e na Sede colexial será de 10 a 13 horas. Rogamos desculpen as molestias.

Inauguración da exposición “Alejandro de la Sota 1913-1996” en A Coruña

Posted by / 23 julio 2018 / Categories: coag, Cultura / 0 Comments

O luns día 23 de xullo ás 13:30, tivo lugar a inauguración no Cantón Grande da cidade de A Coruña, da exposición “Alejandro de la Sota 1913-1996” que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Continuar lendo →

Oferta de emprego: estudio de arquitectura en Culleredo [OFERTA PECHADA]

Posted by / 20 julio 2018 / Categories: Emprego / 0 Comments

Estudo de arquitectura de Culleredo seleccionado arquitecto con coñecementos de Archicad para o desenvolvemento de proxecto básico e de execución de edificación. Continuar lendo →

Procedemento a aplicar pola Secretaría colexial cando se teña coñecemento da existencia de sociedades profesionais de arquitectura sen inscribir no Rexistro de Sociedades Profesionais do COAG.

Posted by / 17 julio 2018 / Categories: Publicada en Portada / 0 Comments

Infórmase de que a Xunta de Goberno, na súa sesión 8/2018 de 5 de xullo, adoptou o acordo de aprobar o procedemento interno proposto pola Secretaría colexial, a aplicar cando se teña coñecemento da existencia de sociedades profesionais que teñan como obxecto social, ou entre os seus obxectos sociais, o exercicio da profesión de arquitectura, que non figuren inscritas no Rexistro de Sociedades Profesionais do COAG. Para mais información, circular 15/2018 

Concello de Moaña: contratación do servizo de redacción do Plan de Mobilidade Urbano sustentable (PMUS)

Posted by / 17 julio 2018 / Categories: Concursos, Urbanismo / 0 Comments

Infórmase da publicación o pasado 6 de xullo na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, da convocatoria polo Concello de Moaña da contratación do servizo de redacción do Plan de Mobilidade Urbano sustentable (PMUS)

Continuar lendo →

Atención presencial na delegación de Ourense do 16 de xullo ao 3 de agosto

Posted by / 11 julio 2018 / Categories: coag / 0 Comments

Infórmase que, por mor das vacacións do persoal, do 16 de xullo ao 3 de agosto, non haberá atención por arquitecto de visado de modo presencial na delegación. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.

Recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de redacción de proxecto básico e de execución, dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da reurbanización da Rúa Clara Campoamor.

Posted by / 11 julio 2018 / Categories: COAGactua / 0 Comments

O pasado 9 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse un recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de redacción de proxecto básico e de execución, dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da reurbanización da Rúa Clara Campoamor.

O Colexio entende que a non división en lotes do obxecto do contrato non está debidamente xustificada polo concello, entendendo, polo tanto, que se infrinxe o art. 99 da Lei 9/2017 e consecuentemente os artigos reguladores da solvencia (art. 87.1 a) así como o prinpio de liberdade de acceso ás licitacións públicas (art. 1 Lei 9/2017).

ENLACE AO TEXTO DO RECURSO

Reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado «técnico de urbanismo».

Posted by / 11 julio 2018 / Categories: COAGactua / 0 Comments

O pasado 6 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse unha reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado «técnico de urbanismo», en exercicio da súa función de defensa dos intereses xenerais da profesión

O Colexio estima que os Arquitectos son os técnicos que poden realizar a totalidade das funcións asignadas ao posto sen limitación. Desde este punto de vista, tratándose dunha praza cualificada como de Administración Especial Subescala Técnica, a configuración do posto, no relativo ás funcións asignadas en relación coas titulacións que a RPT contempla como de acceso ao posto, vulnera os artigos 170.1 e 171 Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril (Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local), infrinxe a normativa reguladoras das competencias profesionais, así como os principios de mérito e capacidade do artigo 103.3 da Constitución Española no acceso á función pública, e artigos 55.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e os 24.1 e 49 b) da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia.

ENLACE AO TEXTO DA RECLAMACIÓN

Sinatura dun convenio para a prevención do acoso sexual nos lugares de traballo

Posted by / 9 julio 2018 / Categories: COAGactua, Noticias / 0 Comments

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral de Igualdade), en colaboración coa Union Profesional de Galicia (da que forma parte o COAG) e Agaxen (Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral de xénero e da prevención do acoso e da violencia de xénero nas organizacións) asinou un convenio de colaboración asinado para a prevención do acoso sexual no entorno laboral.

Continuar lendo →

Concello de Tui: proceso selectivo para a formación de lista de reserva para a praza de arquitecto [OFERTA PECHADA]

Posted by / 6 julio 2018 / Categories: Emprego, Noticias / 0 Comments

No BOP de Pontevedra de 6 de xullo, aparece o anuncio de procesos de selección para a formación de listaxes de reserva para a provisión interina en varias prazas para o Concello de Tui, entre as que se inclúe unha para a provisión interina da praza de arquitecto da escala de administración especial, encadrada no grupo A-1

Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram