Todas as entradas de

TERRITORIOS INDIVIDUAIS. LUGARES COMÚNS.

Posted by / 6th Abril 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Cartel reducido_menorA Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia acolle un ciclo de visións críticas desde disciplinas expresivas transversais ás xentes, os espazos e os lugares. Realizarase un percorrido en torno á individualidade, á savia común que nos reúne,  e ao xeito de abordar o sentido do espazo público desde profesións transversais a lugares e individuos. Desde unha mensaxe crítica, pero extensible a un ámeto extra-arquitectónico onde os convidados aportarán exemplos ou textos da súa propia resposta espacial ou temporal, sensible a ese aspecto.

 

INAUGURACIÓN: martes 12 de Abril ás 20.00 hs.
Álvaro Domingues (xeógrafo, Oporto).
 
19 de Abril: Paisaje Transversal.
(urbanismo colaborativo, Madrid).
 
26 de Abril: Pepe Galán
(escultor, A Coruña)
 
3 de maio: Miguelanxo Prado
(ilustrador/debuxante, A Coruña)
 
10 de maio: Elizabeth Ábalo/Gonzalo Alonso
(arquitectos, Santiago de Compostela)
 
24 de maio: Xornada de clausura cunha mesa redonda.
 
Os martes de Abril e Maio, 20.00 h. na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Sala de Cultura. Rúa Federico Tapia 62, A Coruña.
 
Entrada de balde.

 

Palestra de Josep María Montaner sobre vivenda social en Barcelona

Posted by / 3rd Noviembre 2015 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

montaner_11

O vindeiro venres a ETSAC acollerá unha palestra de Josep Maria Montaner, profesor da ETSAB e actual concelleiro de vivenda da capital catalana, que falará sobre “Política e arquitectura da vivenda social en Barcelona”.

O profesor Montaner ven de publicar unha nova obra baixo o título “A arquitectura da vivenda colectiva. Políticas e proxectos na cidade contemporánea”.

Data: venres 06 de novembro, ás 13:00h

Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC

EXPOSICIÓN “FRANK LLOYD WRIGHT: DISEÑOS DECORATIVOS PARA LA ILUMINACIÓN”

Posted by / 24th Septiembre 2015 / Categories: Cultura, Delegación A Coruña / 0 Comments

O arquitecto Antonio Barro Lago ven de reproducir a escala 1:1 catorce modelos de lámparas deseñadas por Frank Lloyd Wright, integradas nos espazos arquitectónicos da sua obra.

A inauguración da exposición terá lugar o vindeiro venres 25 de setembro ás 20.00 h. na Sala de Exposicións da Delegación do COAG da Coruña (Federico Tapia, 64), onde permanecerá ata o 30 de outubro.

Frank Lloyd Wright, Taliesin Floor Lamp (1952)

Frank Lloyd Wright, Taliesin Floor Lamp (1952)

Xornada de debate na ETSAC: A nova xestión da cidade

Posted by / 22nd Septiembre 2015 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

A ETSAC vai acoller a xornada A NOVA XESTIÓN DA CIDADE o vindeiro martes 29 de setembro, ás 11:00h.

Preténdese debater sobre a xestión da cidade no novo contexto político actual, para o que contamos coa participación dos responsables de urbanismo de Madrid, Santiago de Compostela, Oviedo, Ferrol e A Coruña: José Manuel Calvo, Jorge Duarte, Nacho Fernández del Páramo, María Fernández Lemos e Xiao Varela, respectivamente.

Os convidados comparten varias circunstancias, son todos arquitectos, novos arquitectos, estréanse nas tarefas de xestión en gobernos municipais liderados polas novas plataformas cidadás e, en todos os casos menos un, son egresados da ETSAC.

O director da Escola, Fernando Agrasar, moderará o debate.a-nova-xestion_1

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter