Novas de

Universidade de Vigo. Licitación proxecto de rehabilitación do edificio Faraday (ETEA)

Posted by / 5 julio 2017 / Categories: Concursos, Uncategorised / 5 Comments

No Diario Oficial de Galicia do 5 de xullo (número 127) inclúese anuncio da Universidade de Vigo, en relación a contratación do proxecto de dirección de obra da rehabilitación do edificio Faraday na ETEA en Vigo (expediente 317/17)

O prazo de presentación remata o 14 de agosto de 2017

 Mais información

Continuar lendo →

Oferta de Emprego. CONSORCIO DA ZONA FRANCA DE VIGO

Posted by / 3 julio 2017 / Categories: Emprego / 0 Comments

Licitación do servizo de asesoramento e coordinación en materia de seguridade e saúde nos proxectos e obras promovidos e/ou financiados polo Consorcio da Zona Franca de Vigo. Expediente: SER/17/0105. BOE 03/07/2017

Boletín Estatístico Vivenda e Solo. Cuarto Trimestre 2016

Posted by / 5 mayo 2017 / Categories: Publicacións / 0 Comments

A “Dirección General de Arquitectura, Vivenda y Suelo” do Ministerio de Fomento comunícanos que está dispoñible a través do portal web do Ministerio de Fomento o Boletín estatístico do Observatorio de Vivenda e Solo correspondente ao cuarto trimestre de 2016, ao que se pode acceder en formato PDF a través da seguinte ligazón: http://www.fomento.gob.es/MFOM.CP.Web/handlers/pdfhandler.ashx?idpub=BAW044.

Así mesmo, se se desexa realizar observacións e suxestións ao mesmo e valorar o seu contido, pódese facelo a través da seguinte ligazón: https://goo.gl/forms/yoJfRCD5RfMuDZug2

NOC actualizada

Posted by / 4 mayo 2017 / Categories: Normativa / 0 Comments

Publicada na web colexial a listaxe da Normativa de Obrigado Cumprimento para Edificación actualizada a 17.04.2017.

Dito listaxe, estará disponible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, no seu lado esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial

Esta nova listaxe substitúe ao anterior de xuño de 2016, e contén unha importante actualización das referencias UNE vixentes incluídas no CTE proporcionada por AENOR, así como a substitución daquelas referencias legais modificadas ou derrogadas neste tempo.
Ademais inclúese un novo apartado final relativo a disposicións da lexislación galega aplicables en materia de ordenación do territorio e de servidumes urbanísticas, así como en materia técnica, os relativos á lexislación en materia de vivenda, así como a outros usos diferentes a leste.

CONCURSO PLAZA DE ARMAS. FERROL. COMUNICADO DO CONCELLO DE FERROL

Posted by / 15 febrero 2017 / Categories: Concursos, Delegación Ferrol / 0 Comments

“Nestes momentos e para darlle maior seguridade xurídica ao concurso, modificáronse as bases en relación coa composición do Xurado. De modo que non sexa necesario a asistencia de todos os seus compoñentes para poder fallar o concurso. Proximamente serán aprobadas polo Concello de Ferrol en Xunta de Goberno Local.

Por outra banda e para reforzar os condicionantes urbanísticos sobre a Praza xa recollidos no prego que rexe o concurso, procedeuse a emitir un informe técnico por parte do equipo redactor do PXOM de Ferrol e do PEPR da Magdalena en relación coa non obrigación de expor un aparcadoiro subterráneo na Praza de Armas. Todo iso para poder dar maior seguridade xurídica ao proxecto que resulte gañador no fallo que terá lugar en próximas datas.

Actualmente estase á espera da publicación no BOP dos membros definitivos do Xurado. Unha vez publicada esta modificación convocaremos ao xurado para a resolución do concurso, o cal se informará oportunamente”

Continuar lendo →

Boletín Estatístico Vivenda e Solo. Tercer Trimestre 2016 e Boletín especial de Rehabilitacion

Posted by / 19 enero 2017 / Categories: Asesoramento, Edificación / 0 Comments

A Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo del Ministerio de Fomento trasládanos o Boletín estatístico do Observatorio de Vivenda e Solo correspondente ao terceiro trimestre de 2016, ao que se pode acceder en formato PDF a través da seguinte ligazón e boletín especial de rehabilitación, neste outro ligazón.

Continuar lendo →

Novo Código Deontolóxico dos arquitectos

Posted by / 23 noviembre 2016 / Categories: Deontologia / 0 Comments

O pasado 20 de novembro do 2015, aprobouse na Asemblea do CSCAE o novo Código deontolóxico dos Arquitectos, que vén a substituír ás vixentes normas deontolóxicas que, con lixeiras modificacións, databan de 1971. A súa entrada en vigor foi o pasado luns 21 de novembro (disposición Final).

O Consello Superior dos Colexios de Arquitectos prepara unha serie de contidos semanais que servirán aos arquitectos para familiarizarse con todas as novidades que inclúe o novo manual de conduta.

Podes seguir online toda a campaña de difusión en redes sociais baixo o hashtag #CódigoArquitectos

Pódese consultar o texto íntegro do novo Código no seguinte ENLACE

Tamén podedes consultar un Manual de uso abreviado do mesmo no seguinte ENLACE

Por outra parte, lémbrase que o Servizo de Deontoloxía colexial ten habilitado un espacio na web para información a colexiados e particulares no seguinte ENLACE

Continuar lendo →

Regulamentos de Planeamento, Disciplina e Xestión da Lei 2/2016 do Solo de Galicia

Posted by / 9 noviembre 2016 / Categories: Normativa, Urbanismo / 0 Comments

DECRETO 143/2016 da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. DOG 09/11/2016
Descarga en galego
Descarga en castellano
Descarga en portugués

Revista Anexo nº 20 do CSCAE

Posted by / 18 enero 2016 / Categories: Asesoramento / Tags: / 0 Comments

18/01/2015. Polo seu interese refírese a última revista ANEXO do CSCAE, na cal se inclúen as seguintes cuestións:

1) Xustificación en proxectos da reacción ao lume de elementos construtivos, decorativos e de mobiliario do FIDAS. 2) Texto Refundido Lei do Solo e Rehabilitación Urbana. 3) Actualización DA DB-SUA/2. Accesibilidade en edificios existentes. 4) Nova Ferramenta Unificada LIDER-CALENER (HULC). 5) Novas Ferramentas de Certificación Enerxética. 6) CTE: Actualización DB. Declaracións ambientais.

Continuar lendo →

Anteproxecto Lei do solo de Galicia

Posted by / 9 octubre 2015 / Categories: Normativa, Urbanismo / 0 Comments

09/10/2015

No Consello da Xunta de Galicia do 08/10/2015 aprobouse o anteproxecto da nova Lei do solo de Galicia, para instar a súa tramitación e debate no Parlamento de Galicia, así como a súa posterior aprobación.

Referencia á rolda de prensa do Presidente da Xunta, e ao contido do texto normativo proposto.

Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram