17 | julio | 2018 | COAG

Arquivo para julio 17th, 2018

Procedemento a aplicar pola Secretaría colexial cando se teña coñecemento da existencia de sociedades profesionais de arquitectura sen inscribir no Rexistro de Sociedades Profesionais do COAG.

Posted by / 17 julio 2018 / Categories: Publicada en Portada / 0 Comments

Infórmase de que a Xunta de Goberno, na súa sesión 8/2018 de 5 de xullo, adoptou o acordo de aprobar o procedemento interno proposto pola Secretaría colexial, a aplicar cando se teña coñecemento da existencia de sociedades profesionais que teñan como obxecto social, ou entre os seus obxectos sociais, o exercicio da profesión de arquitectura, que non figuren inscritas no Rexistro de Sociedades Profesionais do COAG. Para mais información, circular 15/2018 

Concello de Moaña: contratación do servizo de redacción do Plan de Mobilidade Urbano sustentable (PMUS)

Posted by / 17 julio 2018 / Categories: Concursos, Urbanismo / 0 Comments

Infórmase da publicación o pasado 6 de xullo na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, da convocatoria polo Concello de Moaña da contratación do servizo de redacción do Plan de Mobilidade Urbano sustentable (PMUS)

Continuar lendo →

Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram