Arquivo para julio 11th, 2018

Certificación enerxética. Novas aplicacións recoñecidas.

Posted by / 11 julio 2018 / Categories: Normativa, Publicada en Portada / -

Xullo 2018: xa están dispoñibles na web do Ministerio as novas aplicacións recoñecidas para certificación enerxética. Dúas son xerais, equivalestes á HULC, e outra é un complemento do CE3X para certos edificios novos. O cadro de aplicacións dispoñibles queda como segue:

Continuar lendo →

Atención presencial na delegación de Ourense do 16 de xullo ao 3 de agosto

Posted by / 11 julio 2018 / Categories: coag / 0 Comments

Infórmase que, por mor das vacacións do persoal, do 16 de xullo ao 3 de agosto, non haberá atención por arquitecto de visado de modo presencial na delegación. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.

Recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de redacción de proxecto básico e de execución, dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da reurbanización da Rúa Clara Campoamor.

Posted by / 11 julio 2018 / Categories: COAGactua / 0 Comments

O pasado 9 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse un recurso de reposición fronte á licitación do Concello de Santiago para a adxudicación, polo procedemento aberto simplificado, do contrato de servizos de redacción de proxecto básico e de execución, dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da reurbanización da Rúa Clara Campoamor.

O Colexio entende que a non división en lotes do obxecto do contrato non está debidamente xustificada polo concello, entendendo, polo tanto, que se infrinxe o art. 99 da Lei 9/2017 e consecuentemente os artigos reguladores da solvencia (art. 87.1 a) así como o prinpio de liberdade de acceso ás licitacións públicas (art. 1 Lei 9/2017).

ENLACE AO TEXTO DO RECURSO

Reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado “técnico de urbanismo”.

Posted by / 11 julio 2018 / Categories: COAGactua / 0 Comments

O pasado 6 de xullo, previo acordo da Xunta de Goberno adoptado na sesión 8/2018, de 5 de xullo, presentouse unha reclamación fronte á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monterroso no que respecta ao posto denominado “técnico de urbanismo”, en exercicio da súa función de defensa dos intereses xenerais da profesión

O Colexio estima que os Arquitectos son os técnicos que poden realizar a totalidade das funcións asignadas ao posto sen limitación. Desde este punto de vista, tratándose dunha praza cualificada como de Administración Especial Subescala Técnica, a configuración do posto, no relativo ás funcións asignadas en relación coas titulacións que a RPT contempla como de acceso ao posto, vulnera os artigos 170.1 e 171 Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril (Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local), infrinxe a normativa reguladoras das competencias profesionais, así como os principios de mérito e capacidade do artigo 103.3 da Constitución Española no acceso á función pública, e artigos 55.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e os 24.1 e 49 b) da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia.

ENLACE AO TEXTO DA RECLAMACIÓN

Oferta de emprego

Posted by / 11 julio 2018 / Categories: coag, Emprego, Publicada en Portada / Tags: / 0 Comments

Estudo de arquitectura en A Coruña, selecciona arquitecto recentemente licenciado ou estudante de último curso ou PFC para traballar como arquitecto en formación.  Continuar lendo →

Oferta de emprego

Posted by / 11 julio 2018 / Categories: coag, Emprego, Publicada en Portada / Tags: / 0 Comments
Estudo de arquitectura en Pontevedra selecciona arquitecto sen experiencia

Continuar lendo →

Oferta de emprego

Posted by / 11 julio 2018 / Categories: coag, Emprego, Publicada en Portada, Uncategorised / Tags: / 0 Comments

Entidade Nacional de Acreditación – ENAC – selecciona técnico experto en control urbanístico de actividades. Accesibilidad. Como colaborador externo.  Continuar lendo →

Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram