Arquivo para enero 8th, 2018

O Concello de Oia estima parcialmente o recurso de reposición presentado polo COAG en impugnación da licitación para contratar a adaptación do PXOM á nova Lei

Posted by / 8th enero 2018 / Categories: Campañas COAG, COAGactua / 0 Comments

Como consecuencia da estimación parcial do recurso do COAG, derivará a anulación da licitación convocada, agora suspendida, e o inicio dun novo expediente, coa reformulación do prego de claúsulas administrativas particulares.

Máis información:

A resolución do recurso acolle e estima as seguintes alegación que fixo o COAG no recurso presentado:

  • O COAG entendía que os requisitos que se esixían ao DIRECTOR do equipo redactor eran excesivos e desproporcionados e así se acepta na resolución.
  • O COAG entendía que tendo sido consignado no prego a posibilidade de acreditar a solvencia económica mediante seguro, DEBÍA ADMITIRSE TAMÉN como documentación acreditativa O COMPROMISO VINCULANTE DE SUBSCRIBIR SEGURO NO CASO DE RESULTAR ADXUDICATARIO e non só a existencia de seguro no momento da licitación. Na resolución estímase que debeu incorporarse no prego que a existencia de seguro podía acreditarse xa por ter unha póliza en vigor ou ben presentando un compromiso vinculante de subscribir seguro en caso de resultar adxudicatario.
  • O COAG entendía que a cláusula 24.3 resultaba abusiva pois supoñía unha inxerencia do concello na xestión e organización interna do eventual adxudicatario. A resolución estima esta alegación e entende que a redacción de dita cláusula do prego debe ser modificada.

Resolución.

Atención presencial na delegación de Ourense a semana do 8 ao 12 de xaneiro

Posted by / 8th enero 2018 / Categories: coag, Delegación Ourense / 0 Comments

Infórmase que, debido ás vacacións do persoal, as oficinas da Delegación en Ourense na semana do 8 ao 12 de xaneiro, só abriran o martes 9 de xaneiro e o mércores 10 de xaneiro.

Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda causar.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter