Arquivo para diciembre, 2017

Información pública do Plan básico autonómico. Documentación.

Posted by / 22 diciembre 2017 / Categories: Alegacións, Lexislación, Normativa / 0 Comments

No DOG de 22 de decembro, aparece o Anuncio, de 14 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo que se somete a información pública o Plan básico autonómico. Atópase dispoñible a documentación completa. Continuar lendo →

Cotas colexiais 2018. Apertura do prazo de configuración

Posted by / 22 diciembre 2017 / Categories: Axenda, coag, Noticias, Xuntas / 0 Comments

Conforme ao indicado na circular 27/2017, infórmase da aprobación das cotas colexiais para o exercicio 2018, e da apertura do prazo de configuración das mesmas.

Para mais información, consultar o seguinte ENLACE. Continuar lendo →

Ourense. Olladas na rúa 38

Posted by / 27 diciembre 2017 / Categories: Delegación Ourense / 0 Comments

LA CATEDRAL

VIERNES 29,  18,00 h. ACCESO POR PUERTA SUR. PLAZA DEL TRIGO.

Ciudadano:  José Leonardo Lemos Montanet.

Arquitecto: Manuel Seoane Feijóo.

Cuenta la leyenda que, en el Siglo VI, el monarca suevo Carriarico teniendo a su hijo enfermo de lepra, ruega ayuda a San Martín de Tours que lo cura de su enfermedad. En agradecimiento, se convierte al cristianismo y manda levantar un templo en su honor, donde hoy se encuentra la catedral de San Martín de Orense.

Con el obispo de la diócesis ourensana, J. Leonardo Lemos, y el arquitecto de la catedral, Manuel Seoane, podremos sentir la arquitectura.

 

 

Atención colexial durante o Nadal: recomendación de contacto a través da plataforma de consultas

Posted by / 20 diciembre 2017 / Categories: coag, Noticias / 0 Comments

Infórmase que, durante as festas de Nadal, debido á redución de efectivos por mor do desfrute das súas vacacións polo persoal, a capacidade de atención telefónica e presencial do Colexio verase reducida, polo que se recomenda realizar calquera consulta ou solicitude a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial. Continuar lendo →

Felicitación Nadal

Posted by / 22 diciembre 2017 / Categories: coag / 0 Comments

Suxestións á Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia

Posted by / 20 diciembre 2017 / Categories: COAGactua, Suxestións / 0 Comments

Presentadas no portal de transparencia da Xunta de Galicia as suxestións do Colexio ao “Anteproxecto de Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia”.

Suxestións do COAG.

Impugnación da licitación polo Concello de Vigo sobre o estadio municipal de Balaídos

Posted by / 18 diciembre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

 O COAG interpón recurso especial en materia de contratación en impugnación da licitación do concello de Vigo para a contratación do servizo de redacción do proxecto das obras das novas gradas de gol e marcador, dun aparcamento soterrado e dun proxecto conxunto do estadio municipal de Balaídos.

Enlace ao texto do recurso.

Impugnación da licitación pola Consellería de Infraestruturas e vivenda sobre a reforma da estación de autobuses de Pontevedra

Posted by / 14 diciembre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da licitación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para a contratación do servizo consistente na servizo para a redacción do proxecto básico e de execución de reforma da actual estación de autobuses de Pontevedra.

Enlace ao texto do recurso.

Impugnación da licitación polo Concello de Lugo sobre a humanización da rúa Quiroga Ballesteros

Posted by / 12 diciembre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O COAG presentou recurso de reposición en impugnación do Concurso de Ideas convocado polo concello de Lugo para a adxudicación do contrato de servizos para a redacción do proxecto de peonalización e humanización da rúa Quiroga Ballesteros e execución de cuberta.

Enlace ao texto do recurso.

Impugnación da licitación polo Concello de Sanxenxo da modificación puntual do PXOM

Posted by / 12 diciembre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da licitación do Concello de Sanxenxo para a contratación do servizo de redacción da modificación puntual número 8 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sanxenxo.

Enlace ao texto do recurso.

Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram