Arquivo para octubre, 2017

Recurso da licitación da redacción PXOM do Concello de Cambre

Posted by / 31 octubre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O COAG presentou Recurso especial en materia de contratación en impugnación da licitación convocada polo concello de Cambre para a redacción do PXOM de Cambre.

RECURSO_LICITACION_PXOM_CAMBRE.pdf

O concello de Vilamartín de Valdeorras estima o recurso de reposición presentado polo COAG en impugnación da licitación para adxudicar o contrato de servizos de redacción do Plan Parcial da área de actuación SU-01 do PXOM

Posted by / 30 octubre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

Comunicación de acordo de estimación do recurso do COAG contra a licitación da redacción do Plan Parcial para o Desenvolvemento da Área de Actuación SU-01 do PXOM de Vilamartín de Valdeorras.

Enlace ao documento.

Mesturas III. Encontros Internacionais de Arquitectura Galicia_Portugal

Posted by / 31 octubre 2017 / Categories: Delegación Ourense, Delegación Pontevedra, Delegación Vigo, Noticias / 0 Comments

As Delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense, xunto coa Ordem dos Arquitectos, organizan estos Encontros, que se celebrarán o 9 de novembro en Pontevedra, o 16 de novembro en Ourense e o 23 de novembro en Vigo. Continuar lendo →

Normativa e acordos de interese publicados no D.O. de Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP´S provinciais no mes de outubro de 2017

Posted by / 31 octubre 2017 / Categories: Normativa / 0 Comments

Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese do mes de outubro de 2017. Continuar lendo →

Planeamento urbanístico outubro 2017

Posted by / 31 octubre 2017 / Categories: Urbanismo / 0 Comments

Planeamento urbanístico publicado no mes de outubro de 2017 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. Continuar lendo →

Vilanova de Arousa. Proceso de selección dun posto de traballo de arquitecto como funcionario interino

Posted by / 30 octubre 2017 / Categories: Emprego / 0 Comments

No BOP-Pontevedra de 30 de outubro, publícase o anuncio e as bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, por funcionario/a interino/a, dun posto de traballo de arquitecto/a pertencente ao cadro de persoal do concello de Vilanova de Arousa. Continuar lendo →

Listas de interinidades e substitucións para impartir debuxo técnico. Corrección de erros

Posted by / 30 octubre 2017 / Categories: Emprego, Uncategorised / 0 Comments

No DOG do 27 de outubro, publícase a Resolución do 23 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de artes plásticas e deseño, especialidades de Debuxo Técnico (595008) e de Deseño de Produto (595511). Continuar lendo →

Recurso Resolución Concurso de Ideas para a elaboración do proxecto da “Nova Casa Consistorial” no Concello de Silleda

Posted by / 27 octubre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O COAG presentou Recurso de reposición en impugnación da resolución publicada o 27 de setembro de 2017 de la Mesa de Contratación do Concello de Silleda baixo o título “Acta da mesa de contratación no concurso de ideas para a elaboración do proxecto de “Nova Casa Consistorial” na actual “Casa da Cultura” e do procedemento que se está a tramitar.

RECURSO_CONCURSO_CASA_CONSISTORIAL_SILLEDA.pdf

Oferta de emprego

Posted by / 27 octubre 2017 / Categories: coag, Emprego / Tags: / 0 Comments

“ALIA TASACIONES, S.A selecciona arquitecto para realizar tasacións na provincia de Pontevedra. Continuar lendo →

Ourense. Olladas na rúa 36

Posted by / 25 octubre 2017 / Categories: Delegación Ourense / 0 Comments

 

Museo municipal. Rúa Lepanto 8.

VENRES 27,  19,00 h.

Cidadá:  Isabell Seidel.

Arquitecta: Mónica López Alvarez.

Ó contenedor e ó contido.

Da man da nosa compañeira Mónica Álvarez e da pintora Isabell Seidel ollaremos o edificio do Museo Municipal de Ourense, creado no ano 1987 na antiga casa renacentista dos Méndez Montoto. Teremos a oportunidade de facer un percorrido pola obra pictórica que na actualidade ten exposta neste espazo a nosa amiga Isabell.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter