Arquivo para agosto 9th, 2017

Apertura período de consultas sobre o “Plan Básico Autonómico” da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: creación de grupo de traballo colexial e achega de suxestións

Posted by / 9th agosto 2017 / Categories: Sin categoría, Uncategorised / 0 Comments

Infórmase da publicación na web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no apartado de Plans con período de consulta aberto, o documento inicial estratéxico e o borrador do “Plan básico autonómico”, con carácter previo á elaboración do documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, promovido pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, que está dispoñible no seguinte ENLACE Así mesmo, nese apartado se indica que se poderán presentar suxestións ao mesmo ata o 18/09/2017.

Con este motivo, o COAG constituirá un Grupo de Traballo para elaborar un documento de suxestións, abrindo a posibilidade aos colexiados e participar nese Grupo ou remitirlle as súas observacións sobre o documento referido.

Continuar lendo →

Concello de Ortigueira: bases reguladoras da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto en chamamento interino e creación de bolsa de emprego

Posted by / 9th agosto 2017 / Categories: Emprego, Uncategorised / 0 Comments

O BOP da provincia de A Coruña de data 8 de agosto de 2017, publica o acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Ortigueira, na súa sesión do día 26 de abril de 2017, aprobaronse as bases reguladoras da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto en chamamento interino e creación de bolsa de emprego.

Publicado no DOG do 4 de setembro. Comezo do cómputo de prazo.

Continuar lendo →

Concello de Oia: licitación de servicio de redacción da adaptación do borrador do PXOM de Oia á nova Lei 2/2016

Posted by / 9th agosto 2017 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

O BOP de A Coruña de 7 de agosto, inclúe o anuncio do acordo do Concello de Oia de 22 de xuño de 2017 de convocatoria do procedemento licitatorio para o servizo de redacción da adaptación do borrador de plan xeral de ordenación municipal de Oia á lei 2/2016, por procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, e tramitación ordinaria.

Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter