Arquivo para Agosto, 2017

Declaración do COAG polos atentados en Catalunya

Posted by / 18th Agosto 2017 / Categories: coag, Declaracións, Publicada en Portada / 0 Comments

Dende o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en nome dos arquitectos galegos e tras coñecer os terribles sucesos que se produciron nas últimas horas en diversos lugares de Catalunya, con tan lamentable perda de vidas humanas, queremos manifestar a nosa máis enérxica repulsa a estes ataques, expresando o noso profundo pesar e absoluta solidariedade co Col·legi d’Arquitectes, os seus arquitectos, e a todo o pobo de Catalunya, nestes momentos de dor. Continuar lendo →

Oferta de emprego

Posted by / 16th Agosto 2017 / Categories: coag, Emprego, Publicada en Portada, Uncategorised / Tags: , / 0 Comments

(data de publicación: 16 de agosto de 2017)

EUROVALORACIONES S.A., sociedad de tasación, selecciona  arquitecto/a para a provincia de A Coruña. Continuar lendo →

Semana Grande 2017 na Delegación de Pontevedra (14 ao 18 de agosto)

Posted by / 14th Agosto 2017 / Categories: Delegación Pontevedra / 0 Comments

Infórmase que, con motivo da semana grande das festas en Pontevedra, o horario de atención na delegación colexial en Pontevedra do 14 ao 18 de agosto (ambos inclusive), tanto presencial como telefonicamente, será de 10:00 a 13:00 horas. Continuar lendo →

Festivo local en Vigo e Santiago de Compostela o mércores 16 de agosto

Posted by / 13th Agosto 2017 / Categories: Delegación Santiago, Delegación Vigo / 0 Comments

O mércores 16 de agosto, con motivo da festividade de San Roque, festivo local en Vigo e Santiago, permanecerán pechadas a Sede colexial así como as delegación de Vigo e Santiago.

Suxestións remitidas á Universidade de Vigo en relación coa licitación para a contratación da redacción de proxecto e dirección da obra de rehabilitación do edificio Faraday da ETEA

Posted by / 10th Agosto 2017 / Categories: COAGactua, Publicada en Portada / 0 Comments

O Colexio remitiu ao Sr. Reitor da Universidade de Vigo un escrito trasladando as súas suxestións en relación coa licitación para a contratación da redacción de proxecto e dirección da obra de rehabilitación do edificio Faraday da ETEA.

Pódese consultar o texto íntegro no seguinte ENLACE

Apertura período de consultas sobre o “Plan Básico Autonómico” da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: creación de grupo de traballo colexial e achega de suxestións

Posted by / 9th Agosto 2017 / Categories: Publicada en Portada / 0 Comments

Infórmase da publicación na web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no apartado de Plans con período de consulta aberto, o documento inicial estratéxico e o borrador do “Plan básico autonómico”, con carácter previo á elaboración do documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, promovido pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, que está dispoñible no seguinte ENLACE Así mesmo, nese apartado se indica que se poderán presentar suxestións ao mesmo ata o 18/09/2017.

Con este motivo, o COAG constituirá un Grupo de Traballo para elaborar un documento de suxestións, abrindo a posibilidade aos colexiados e participar nese Grupo ou remitirlle as súas observacións sobre o documento referido.

Continuar lendo →

Concello de Ortigueira: bases reguladoras da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto en chamamento interino e creación de bolsa de emprego

Posted by / 9th Agosto 2017 / Categories: Emprego, Publicada en Portada, Uncategorised / 0 Comments

O BOP da provincia de A Coruña de data 8 de agosto de 2017, publica o acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Ortigueira, na súa sesión do día 26 de abril de 2017, aprobaronse as bases reguladoras da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto en chamamento interino e creación de bolsa de emprego.

Continuar lendo →

Concello de Oia: licitación de servicio de redacción da adaptación do borrador do PXOM de Oia á nova Lei 2/2016

Posted by / 9th Agosto 2017 / Categories: Publicada en Portada, Uncategorised / 0 Comments

O BOP de A Coruña de 7 de agosto, inclúe o anuncio do acordo do Concello de Oia de 22 de xuño de 2017 de convocatoria do procedemento licitatorio para o servizo de redacción da adaptación do borrador de plan xeral de ordenación municipal de Oia á lei 2/2016, por procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, e tramitación ordinaria.

Continuar lendo →

Escrito remitido ao Concello de Silleda en relación co anuncio da convocatoria do concurso para o deseño do novo consistorio

Posted by / 8th Agosto 2017 / Categories: COAGactua, Publicada en Portada / 0 Comments

O COAG presentou un escrito no Concello de Silleda en relación coas manifestacións en prensa do Sr. Alcalde relativas ao acordo de convocar un concurso de ideas restrinxido para o deseño do novo edificio da casa consistorial.

Continuar lendo →

Recurso de reposición contra a convocatoria polo Concello de Mugardos das “bases para a elaboración dunha lista para a posible contratación laboral temporal, mediante oposión libre dun Arquitecto/a

Posted by / 8th Agosto 2017 / Categories: COAGactua, Publicada en Portada / 0 Comments

O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación da Resolución da Alcaldía, pola que se aproba a convocatoria e “bases para a elaboración dunha lista para a posible contratación laboral temporal, mediante oposión libre dun Arquitecto/a”

Continuar lendo →

12

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter