Arquivo para junio 15th, 2017

Normativa de Interese publicada no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP´s provinciais, primeira quincena de xuño de 2017

Posted by / 15th junio 2017 / Categories: coag, Lexislación / 0 Comments

Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese da primeira quincena de xuño de 2017.

Dito listaxe, estará disponible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, no seu lado esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial

Planeamento Urbanístico primeira quincena xuño 2017

Posted by / 15th junio 2017 / Categories: coag, Normativa, Urbanismo / 0 Comments

Planeamento urbanístico publicado na primeira quincena de xuño de 2017 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. Continuar lendo →

O COAG comparece e constitúese en parte no Procedemento Ordinario 4271/2017, tramitado pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia en defensa das competencias profesionais

Posted by / 15th junio 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O procedemento xudicial ten sido iniciado por recurso contencioso-administrativo presentado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña fronte a resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) por considerar que o enxeñeiro técnico industrial non é técnico competente para emitir o Informe de Evaluación do Edificio e redactar e redactar o proxecto de ascensor que afectaba á estructura dun edifico de vivendas.

O día 2 de xuño recíbese comunicación do IGVS, mediante a que se notificaba ao COAG, en condición de interesado, a interposición do recurso contencioso-administrativo polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña conferindo o prazo legal para comparecer e constituirse en parte nos autos.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia procedeu a constituirse en parte en dito procedemento xudicial para actuar en defensa dos intereses xenerais da profesión e do seu ámbito competencial.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter