Arquivo para mayo 11th, 2017

Curso de iniciación á simulación enerxética con Open Studio

Posted by / 11th mayo 2017 / Categories: Formación, Uncategorised / 0 Comments

A simulación enerxética trata de construír un edificio “virtual” sobre o que se calculan as diferentes opcións enerxéticas (envolvente / sistemas/…) de forma interrelacionada co fin de alcanzar determinados valores obxectivo (os da regulamentación ou outros) ou de optimizar mediante a confección de diferentes escenarios aqueles que proporcionen un maior beneficio enerxético ao edificio. Trátase pois dunha potente ferramenta de análise e de proxecto enfocada desde o punto de vista do deseño para a eficiencia enerxética. Continuar lendo →

Curso de Fotografía na Arquitectura

Posted by / 11th mayo 2017 / Categories: Formación, Uncategorised / 0 Comments

A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos organiza o vindeiro sábado 20 de maio un curso de Fotografía na Arquitectura, cuna duración de 8 horas.

Neste curso, impartido polo fotógrafo Héctor Santos Díez, revisaranse os recursos técnicos e prácticos habituáis nun traballo de fotografía de arquitectura.

Continuar lendo →

IV Congreso Pioneros de la arquitectura moderna española

Posted by / 11th mayo 2017 / Categories: Sin categoría, Uncategorised / 0 Comments

La Fundación Alejandro de la Sota, en colaboración con el Ministerio de Fomento, organiza del IV Congreso Pioneros de la arqutiectura moderna española: la arquitectura como obra integral, que se celebrará los días 19 y 20 de mayo en el Aulario de las Arquerías de los Nuevos Ministerios de Madrid. Más información en el siguiente ENLACE.

Cambio de data da Xunta Xeral ordinaria para o 29 de maio

Posted by / 11th mayo 2017 / Categories: Axenda, Circulares, coag, Noticias, Sin categoría, Xuntas / 0 Comments

Infórmase que, tal e como se anuncia na circular 13/2017 a Xunta Xeral ordinaria terá lugar o luns 29 de maio nas oficinas da Sede colexial en Santiago de Compostela, ás 16,00 horas en primera convocatoria e ás 16,30 en segunda. Tamén se dá conta da proposta de resolución en relación ao recurso presentado contra o acordo adoptado pola Xunta Xeral ordinaria de 21 de decembro de 2016 de aprobación definitiva da “Guía de tramitación de traballos profesionais”. Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter