Arquivo para marzo 8th, 2017

#HaiMulleres #HaiArquitectas

Posted by / 8 marzo 2017 / Categories: Axenda / 0 Comments

Queremos agradecer vosa participación a todos os que colaborades nos nosos perfís de HaiMulleres, coa vosa axuda todos os días son 8 de marzo.
Porque segue sendo necesario visibilizar onde chegamos e todo o que falta, recoñecer o esforzo das pioneiras, das que están a liderar institucións ou na cabeza das reivindicacións, sinalar onde non hai mulleres aínda que debería, sorprendernos de que continúe o trato diferencial e contalo… Seguimos, que aínda queda moito por facer.
Hoxe día 8 de marzo de 2017, animámosvos a utilizar os “hastags” #HaiMulleres #HaiArquitectas nos vosos perfís de Facebook , Twitter ou Instagram.
Por suposto continuamos despois do 8 de marzo, e esperamos que con moitas achegas de TODOS.
Enviade vosas propostas a haimulleres@coag.es, compartirémolas na web do COAG http://portal.coag.es/ e nos perfís de Facebook, Instagram e Twitter de HaiMulleres, co ánimo de visualizar, xerar reflexión e provocar o debate.
Non somos máis nin menos, non somos mellores, nin estamos máis capacitadas, iso demostrarao o noso traballo, pero estamos aquí para quedarnos.
MulleresCOAG

O concello Baiona estima parcialmente o recurso de reposición interposto polo COAG en ipugnación la licitación do contrato de servizos de redacción dos dos plans especiais de protección de Morade HT (O) e Medialdea (UT (O).

Posted by / 8 marzo 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

Comunicación da resolución da Alcaldía polo cal se resolve o recurso de resposición interposto polo COAG contra a  convocatoria realizada polo Concello de Baiona, por Resolución de data 9 de xaneiro de 2017, do prego de cláusulas administrativas da contratación mediante procedemento aberto con varios criterios de adxudicación e tramitación ordinaria contratación, mediante lotes, dos servizos de redacción dos plans especiais de protección de Morade HT (O) e Medialdea (UT (O) previsto no Plan Xeral de Ordenación Municipal, pola cal se estima parcialmente o referido recurso.

Enlace ao documento.

Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram